• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Infraestrutura Verde e Xestión da Biodiversidade en Contornas Urbanas

Vostede está aquí

Curso Infraestrutura Verde e Xestión da Biodiversidade en Contornas Urbanas
Prazas esgotadas!
Data
luns, 12 Marzo, 2018 a venres, 16 Marzo, 2018
Lugar e datas
  • Edición Sur (Pontevedra)
    • 12-14 marzo 2018.
    • Salón de Actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra).
  • Edición Norte (Oleiros, A Coruña)
    • 14-16 marzo 2018.
    • Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz.
Organiza

CEIDA

Co apoio de

         
* Accións gratuítas cofinanciadas polo FSE. Conseguir formación e un emprego de calidade

OBXECTIVOS
  • Analizar e comprender a cidade e as contornas urbanas desde unha visión socio-eco-sistémica.
  • Promover o coñecemento e difundir o uso de ferramentas e experiencias de transformación socioecolóxica e de xestión da biodiversidade nas contornas urbanas.
  • Fomentar a capacidade creativa e a reflexión conxunta sobre un novo modelo de sostibilidade urbana.
Dirixido a
  • Técnicos e persoal de servizos municipais.
  • Traballadores/as de consultorías e empresas de servizos ambientais, urbanísticos, etc.
  • Traballadores/as en activo en xeral.
  • Outros públicos interesados, en función da dispoñibilidade de prazas.
Imparte

David Alba e Marta Suárez, de Ecología y Educación para una Ciudad Sostenible-TRANSITANDO*.

  • David Alba é Ambientólogo (UAM); posgraduado en Investigación, Gestión y Desarrollo Local (UCM) e Doutor en Educación Ambiental (UAM). A súa experiencia profesional abarca tanto a xestión ambiental, como a educación e investigación en ecoloxía urbana, avaliación da sostibilidade, tanto no ámbito local como universitario.
  • Marta Suárez é Licenciada en Ciencias Ambientales (UAM), Ecóloga (Máster en Ecología, UAM-UCM) e Doutoranda en Biodiversidad, Gestión y Conservación de Ecosistemas (EHU/UPV). Na súa experiencia profesional foi compaxinando o seu traballo como educadora e formadora en sostibilidade coa investigación sobre temas urbanos.
     

TRANSITANDO  é unha asociación cuxo obxectivo é facer cidades máis sostibles e resilientes a través da investigación aplicada, a educación, a formación e a participación. Entende a cidade como un socio-ecosistema e aborda a intervención nos entornos urbanos desde a ecoloxía, a educación e as ciencias sociais. O equipo de  Transitando  ten acreditada experiencia na formación especializada en ecoloxía urbana para responsables políticos e técnicos municipais. Desde 2008 a 2014 participou no deseño e implementación do Plan de Formación da Estrategia Española de Sostenibilidad Urbana y Local, xunto ao Ministerio de Medio Ambiente e a Agencia de Ecología Urbana de Barcelona, no que desenvolveron un amplo programa formativo. Na actualidade, desenvolve actividades formativas sobre a transición socioecolóxica dos entornos urbanos, ben directamente, ben en colaboración coa Agencia de Ecología Urbana de Barcelona ou o Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM).

Programa
  • XORNADA 1 

9.00 - 9.30 h.. Presentación.

9.30 -14.00 h. Das contornas urbanas aos socio-ecosistemas urbanos.

Na transición hacia a sustentabilidade prestouse máis atención aos impactos no medio natural que ás causas procedentes do medio urbano. Así, é necesario repensar as contornas urbanas dentro dun contexto global e a súa contribución á sustentabilidade. O estudo das cidades como socio-ecosistemas, nos que hai unha relación ineludible entre a sociedade e a contorna (xa sexa urbanizado, xa sexa natural), ayudaranos a entender o seu funcionamento e metabolismo, e xerar propostas acordes cos problemas ambientais e sociais que afectan aos entornos urbanos. Nesta sesión traballaranse conceptos como os servizos dos ecosistemas ou a resiliencia socio-ecolóxica.

16.00 - 19.00 h. A transformación da contorna.

As cidades poden ser entendidas como sistemas que exercen fortes presións sobre os seus propios ambientes e habitantes, pero tamén sobre o ambiente natural. Aterramos desde os modelos conceptuais e teóricos do modelo de cidade desexable a ferramentas prácticas e reais de transformación do medio urbano. Concretamente falarase das infraestruturas verdes, as responsables de albergar a biodiversidade, que supoñen a parte máis natural da cidade. As contornas urbanas teñen que xerar os seus propios mecanismos de adaptación, independentemente doutros ecosistemas. Da xestión das súas infraestruturas verdes dependerá, por tanto, a provisión propia dos servizos ecosistémicos necesarios para o benestar humano, buscando maximizar a eficiencia no consumo de recursos e a autosuficiencia e, en consecuencia, a resiliencia do sistema. 

 

  • XORNADA 2

9.00 -14.00 h. Educación e participación para a transformación urbana.

Na transformación das contornas urbanas a propia cidadanía ten un papel clave e central, sendo incluso a promotora de moitas transformacións urbanas. Nesta terceira sesión, falarase do valor social e educativo da biodiversidade urbana e de como deseñar e poñer en marcha procesos participativos para a transformación das contornas urbanas.

16.00 -19.00 h. Seguemento e avaliación das infraestruturas verdes.

En calquera transformación da contorna urbana necesitamos señais, guías, datos, sobre que necesitamos, e como debemos levar a cabo esas transformacións. Así mesmo, deben permitir vislumbrar como esas transformacións repercutiron no espazo urbano e na comunidade que o habita e o emprega no seu día a día. En definitiva, mecanismos de avaliación e seguemento continuos das transformacións socio-ecolóxicas. Esta cuarta sesión tratará, por tanto, dos sistemas de avaliación e seguemiento das infraestruturas verdes, como indicadores de avaliación dos servizos ecosistémicos ou mecanismos de avaliación participativa. 

 

  • XORNADA 3. Presentación de experiencias e exemplos de éxito 
  • ​Edición Pontevedra:

9.00 - 9.30 h. Presentación dos proxectos EmpleaVerde da Deputación de Pontevedra.

9.30 - 10.15 h. Estratexia de Infraestrutura Verde en Galicia. Instituto de Estudos do Territorio, Xunta de Galicia.

10.15 - 11.00 h. Plan del Verde y la Biodiversidad de Barcelona. Ayuntamiento de Barcelona.

11.00 - 11.45 h. Actuacións en materia de biodiversidade do Concello de Pontevedra.

11.45 - 12.15 h. Descanso

12.15 - 13.00 h. Mesa redonda

  • Edición Oleiros (A Coruña):

9.00 - 9.45 h. Estratexia de Infraestrutura Verde en Galicia. Instituto de Estudos do Territorio, Xunta de Galicia.

9.45 - 10.30 h. Traballando pola Biodiversidade Urbana en Cantabria. SEO/Birdlife

10.30 - 11.15 h. Actuacións en materia de biodiversidade do Concello da Coruña.

11.15 - 11.45 h. Descanso

11.45 - 13.00 h. Mesa redonda

Requisitos

AS PRAZAS PARA AS DÚAS EDICIÓNS ESTÁN ESGOTADAS

Actividade gratuíta para traballadores/as en activo.

Para inscribirse, deberá presentarse a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación.
  • Copia do DNI ou tarxeta de residencia.
  • Documento acreditativo da condición de traballador/a en activo (cabeceira dunha das tres últimas nóminas ou certificado de empresa selado para traballadores/as por conta allea; ou xustificante do pago da cuota de autónomos dun dos últimos tres meses previos, para traballadores/as por conta propia).
  • Acreditación da pertenza a colectivos prioritarios, se procede: persoas con discapacidade, persoas residentes en áreas protexidas ou concellos rurais.

 

*En caso de quedar prazas vacantes, aceptaranse aquelas solicitudes dos interesados/as que non reúnan os requisitos desta convocatoria (non traballadores en activo).

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas