• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Iniciación á Fotografía da Natureza

Vostede está aquí

Curso Iniciacion Fotografia Natureza CEIDA
Data
venres, 2 Maio, 2014 a sábado, 3 Maio, 2014
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA
 

Obxectivos

O obxectivo deste curso é familiarizar aos participantes coas principais técnicas de fotografía de natureza e paisaxes. O curso proporciona unha base fotográfica sólida para aproveitar as posibilidades do equipo dixital traballando en manual, afinando a exposición e mellorando as composicións, ensaiando o aprendido nas clases teóricas a pé de terreo.

Dirixido a
  • Persoas con interese en sacarlle un maior partido á súa cámara fotográfica, reflex ou compacta, interesados en iniciarse na fotografía dixital e, de maneira particular, na fotografía de territorios e paisaxes.
  • Profesionais como empresarios turísticos, informadores, guías, monitores de natureza, axentes de desenvolvemento local, dinamizadores sociais, promotores de actividades culturais... e estudantes de ciencias da terra como xeografía, ciencias ambientais, bioloxía, xeoloxía, forestais ou outras disciplinas vinculadas ao territorio.
Imparte
Requisitos

Dispoñer de equipo fotográfico dixital, cámara reflex ou compacta, con controles manuais.

Inscrición

Matrícula

  • 75 € (cuota xeral)
  • 65 € (socios de ONG conservacionista como SEO, WWF, ADEGA…).

PRAZAS LIMITADAS

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio