• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso online Administración Local, Infraestruturas Verdes en Contornas urbanas e Áreas Protexidas

Vostede está aquí

Administración Local, Infraestruturas Verdes en Contornas urbanas e Áreas Protexidas
Edición Galicia (esgotadas)
Data
luns, 10 Setembro, 2018 a martes, 6 Novembro, 2018
Lugar

Curso online

Organiza

CEIDA

Co apoio de

        
* Accións gratuítas cofinanciadas polo FSE. Conseguir formación e un emprego de calidade

Obxectivos

O curso pretende capacitar aos traballadores/as en activo da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade en áreas urbanas, espazos naturais protexidos e xestión da Rede Natura 2000, todo dende a óptica local.

Dirixido a
  • Técnicos e persoal de servizos municipais.
  • Traballadores/as de consultorías e empresas de servizos ambientais, urbanísticos, etc.
  • Traballadores/as en activo en xeral.
  • Outros públicos interesados, en función da dispoñibilidade de prazas.
Imparte
  • David Alba. Ecología y Educación para una Ciudad Sostenible-TRANSITANDO. Ambientólogo (UAM); posgraduado en Investigación, Gestión y Desarrollo Local (UCM) e Doutor en Educación Ambiental (UAM). A súa experiencia profesional abarca tanto a xestión ambiental, como a educación e investigación en ecoloxía urbana, avaliación da sostibilidade, tanto no ámbito local como universitario.
  • Marta Suárez. Ecología y Educación para una Ciudad Sostenible-TRANSITANDO. Licenciada en Ciencias Ambientales (UAM), Ecóloga (Máster en Ecología, UAM-UCM) e Doutoranda en Biodiversidad, Gestión y Conservación de Ecosistemas (EHU/UPV). Na súa experiencia profesional foi compaxinando o seu traballo como educadora e formadora en sostibilidade coa investigación sobre temas urbanos.
  • Sergio París. Enxeñeiro Técnico Forestal (Univesidade de Santiago de Compostela) e Máster en Espacios Naturales Protegidos (Universidad Autónoma de Madrid). A súa traxectoria abarca campos como a planificación de espazos naturais protexidos, a educación ambiental, xestión do uso público e interpretación do patrimonio en espazos naturais protexidos; a consultoría ambiental en materia de biodiversidade e apoio á xestión municipal en materia ambiental; o seguimento e monitoreo en espazos naturais protexidos; a avaliación de impacto ambiental de proxectos; e a participación pública.
Características
  • 7 módulos formativos.
  • 80 horas.
  • Contidos teóricos e exercicios prácticos.
  • Idioma: español
  • Seguemento personalizado por parte dos/as titores/as.
  • Diploma acreditativo.
Contidos
  • Módulo 1: Introdución.

Neste módulo introduciranse os conceptos básicos e xerais relacionados cos contidos dos dous grandes bloques temáticos do curso: biodiversidade e infraestrutura verde en contornas urbanas; e áreas protexidas desde a óptica local.

  • Módulo 2: A transformación socio-ecolóxica das contornas urbanas.

O estudo das contornas urbanas como socio-ecosistemas, nos que hai unha relación ineludible entre a sociedade e a contorna (xa sexa urbanizada, xa sexa natural), axudanos a entender o seu funcionamento e metabolismo. Neste módulo traballaranse conceptos como os servizos dos ecosistemas ou a resiliencia socio-ecolóxica, así como o de infraestrutura verde, a responsable de albergar a biodiversidade. Da súa xestión dependerá a provisión propia dos servizos ecosistémicos necesarios para o benestar humano, buscando maximizar a eficiencia no consumo de recursos e a autosuficiencia e, en consecuencia, a resiliencia do sistema.

  • Módulo 3: Educación e participación para a transformación urbana.

Na transformación das contornas urbanas a propia cidadanía ten un papel clave e central, sendo incluso a promotora de moitas transformacións urbanas. Neste módulo, falaremos do valor social e educativo da biodiversidade urbana e de como deseñar e poñer en marcha procesos participativos para a transformación das contornas urbanas.

  • Módulo 4: Seguemento e avaliación da infraestrutura verde urbana.

En calquera transformación da contorna urbana necesitamos señais, guías, datos, sobre que necesitamos, e como debemos levar a cabo esas transformacións. Asimismo, deben permitir vislumbrar como esas transformacións repercuten no espazo urbano e na comunidade que o habita e o utiliza no seu día a día. Neste módulo trataranse os sistemas de avaliación e seguemento da infraestrutura verde, como indicadores de avaliación dos servizos ecosistémicos ou mecanismos de avaliación participativa.

  • Módulo 5: Os espazos naturais protexidos no mundo, en España e en Galicia.

O ser humano leva milenios preservando áreas naturais, xa fose por motivos espirituais ou para manter en bo estado os servizos dos que provían ás distintas sociedades, entre outras motivacións. Non obstante, é a finais do s. XIX cando toma forma a concepción actual de Espazo Natural Protexido, ampliamente empregada ao longo do s. XX e ata a actualidade. Neste módulo falaremos da orixe, evolución e historia dos Espazos Naturais Protexidos a nivel global, desde a súa concepción orixinal ata as súas funcións, retos e obxectivos no contexto actual.

  • Módulo 6: A Rede Natura 2000: concepto, obxectivos, estado actual e implicacións para a xestión local.

A Rede Natura, nacida da Directiva Hábitats en 1994, constitúe na actualidade a principal rede de espazos naturais protexidos do planeta, con máis de 27.000 espazos e un millón de km2 que constitúen o 18% da superficie da UE. Neste módulo coñeceremos esta importante figura de planificación territorial: a súa concepción legal e administrativa, os seus obxectivos de conservación, o seu estado actual en España e Galicia e as súas implicacións na xestión territorial e administrativa dos concellos.

  • Módulo 7: Xestión dos espazos naturais protexidos dende o ámbito local.

Unha vez coñecidos os conceptos de Espazo Natural Protexido e Rede Natura 2000, os seus obxectivos, estado e retos actuais, este módulo aportará as claves para a súa integración na xestión ambiental e territorial a escala local. Se ben a xestión destos espazos excede ás competencias municipais, estas administracións sí teñen un peso importante en moi diversos ámbitos directamente relacionados con eles, e que poden ser aproveitados para a búsqueda de sinerxias e oportunidades no camiño hacia a sostibilidade global e local. Planificación territorial, uso público e interpretación do patrimonio, seguridade, custodia do territorio, actuacións en Rede Natura e fontes de financiación serán algunhas das cuestións tratadas no módulo.

Requisitos

AS PRAZAS PARA ESTE CURSO ESTÁN ESGOTADAS!

Actividade gratuíta para traballadores/as en activo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para inscribirse, deberá presentarse a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación.
  • Copia do DNI ou tarxeta de residencia.
  • Documento acreditativo da condición de traballador/a en activo (cabeceira dunha das tres últimas nóminas ou certificado de empresa selado para traballadores/as por conta allea; ou xustificante do pago da cuota de autónomos dun dos últimos tres meses previos, para traballadores/as por conta propia).
  • Acreditación da pertenza a colectivos prioritarios, se procede: persoas con discapacidade, persoas residentes en áreas protexidas ou concellos rurais.

*En caso de quedar prazas vacantes, aceptaranse aquelas solicitudes dos interesados/as que non reúnan os requisitos desta convocatoria (non traballadores en activo).

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas