Exposición, introdución
panel 1

 

“Áreas Mariñas Protexidas” é unha exposición elaborada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia” (CEIDA) coa finalidade de achegar este concepto ao público e á sociedade.

Coa realización desta exposición plantéxanse varios obxectivos:

- Sensibilizar á poboación en xeral (ao público visitante) arredor da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso espiritual, cultural e económico.
- Dar a coñecer a figura das Áreas Mariñas Protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e o litoral.
- Sinalar o papel que cada un de nós, cidadáns de todas as idades, pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación, ou non, do mar.

Na exposición poderás atopar información sobre a situación actual das Áreas Mariñas Protexidas e outros temas arredor delas. Esta información estrutúrase en catro bloques:

- Recursos do mar
- Problemáticas de conservación
- A pesca en Galicia
- As Áreas Mariñas Protexidas

Podes atopar máis información no apartado contidos desta web. Para consultar as características técnicas, accede a características.

A exposición ten carácter itinerante e percorre Galicia. No apartado itinerario podes consultar os lugares e datas. Para aquelas entidades interesadas, poden contactar no apartado Como solicitala.

Esta exposición forma parte do Programa Amares para promover a explotación sostible dos recursos mariños, por acordo subscrito entre as Consellerías de Pesca e Asuntos Marítimos, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvmento Sostible e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

logos

© CEIDA Todos os dereitos reservados.
Diseño web TERRANOVA. Validar xhtml 1.0 Transitional.