• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

E ti, que fas polo mundo?: Programa de Educación Ambiental sobre Residuos no Consorcio das Mariñas

Vostede está aquí

E ti que fas polo mundo: programa de educacion ambiental sobre residuos
Organiza

CEIDA

Colabora

Consorcio das Mariñas

Dirixido a

Alumnos e alumnas de 5º de educación primaria dos centros educativos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

Descrición

Os residuos domésticos son un dos principais problemas ambientais aos que diariamente teñen que enfrontarse os concellos. O gran volume de lixo que se acumula nas rúas diariamente supón un reto para as administracións locais á hora da súa recollida, transporte, separación e posterior eliminación, sendo responsabilidade de toda a cidadanía colaborar con esta tarefa facilitando esta labor coa correcta separación en orixe. Ante a necesidade de que a poboación local sexa coñecedora desta realidade, púxose en marcha esta campaña de educación sobre residuos domésticos no ámbito territorial do Consorcio das Mariñas.

Co desenvolvemento das actividades perséguese un cambio de actitudes e de responsabilidade na separación dos residuos domésticos e, sobre todo, de compromiso persoal ante a redución dos mesmos. É dicir, preténdese conseguir cambios concretos e perdurables no tempo nos fogares dos nenos e nenas de 10 anos, achegando os conceptos de consumo responsable orientados a profundizar na redución dos residuos.

Actividades

O programa propón unha serie de actividades encamiñadas a facer unha campaña con ampla repercusión social, alén do traballo cos centros educativos, e orientada a conseguir cambios concretos e perdurables no tempo na separación e redución dos residuos nos fogares dos nenos e nenas desta idade.

Conta con dúas sesións por aula:

  • PRIMEIRA SESIÓN

A primeira sesión estará orientada a traballar co alumnado dende un cambio de paradigma co concepto dos residuos. Para lograr actitudes diferentes relacionadas coa responsabilidade na separación dos residuos, e sobre todo de compromiso persoal ante a redución na xeración dos mesmos.  Cómpre traballar dende ópticas moi diferentes que lles permitan coñecer a dimensión da problemática pero empatizando cos intereses e capacidades da súa idade. Nela interesa romper cos prexuízos ante esta problemática, e sobre todo trátase de descubrir cos rapaces vías de relación da problemática dos residuos coa súa vida diaria.

Moi importante tamén nesta primeira sesión, será abrir o traballo en aula cos nenos e nenas, a un traballo de investigación e relación coas familias para lograr que os obradoiros transcendan ás contornas familiares no Consorcio das Mariñas e poder tamén acadar condutas máis responsables en cidadáns que teñen maior capacidade de acción empregando os participantes como vectores de sensibilización cidadá.

  • SEGUNDA SESIÓN

Despois de ter traballado a dimensión ecolóxica, económica e social da problemática dos residuos na primeira sesión, e que os rapaces teñan investigado e analizado coa súa familia o seu modelo de consumo e polo tanto de produción de residuos, nesta segunda sesión preténdese fixar o cambio de actitudes e a creación de habilidades nos nenos e nenas para lograr un aumento da separación dos residuos nos seus fogares e unha diminución dos mesmos orientado sobre todo ao fomento da produción de compostaxe e a eliminación de determinadas sobreembalaxes.

A sesión, ao igual que a primeira, intentará ser moi dinámica para que esta temática, habitualmente engorrosa para os pequenos, resulte atractiva e motivadora. É importante o empoderamento das actitudes de responsabilide e “ecolóxicas” dos rapaces e rapazas fronte aos residuos, xa que ás veces na dinámica social resulta difícil optar por modelos de baixo consumo e produción de residuos.

Para finalizar a sesión, os nenos e nenas redactan nunha pizarra unha frase ou lema que represente o compromiso de adquirir novos hábitos ou costumes para buscar pequenas solucións a un problema ambiental como son os residuos domésticos, realizándose fotografías nun photocall co lema “E ti, que fas polo mundo?”. Con estas fotografías fanse públicos os seus compromisos e trasladan mensaxes de boas prácticas na xestión de residuos ao resto da sociedade, actuando como cidadáns responsables na mellora dos seus servizos públicos e da conservación ambiental.

As fotografías realizadas están dispoñibles en Facebook, co obxectivo de actuar como plataforma para a difusión da actividade e das mensaxes realizadas polo alumnado:  http:/www.facebook.com/etiquefaspolomundo

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio