CEIDA
As pradarías mariñas son dos ecosistemas mariños máis ricos do planeta e teñen unhas funcións e servizos ambientais imprescindíbeis para moitas formas de vida mariña, amais dunha extraordinaria relevancia económica e social. Porén, son ecosistemas pouco divulgados e coñecidos nos que cómpre avanzar no seu coñecemento e tendencias de evolución, tanto a nivel global como a súa realidade nas rías galegas. Por ese motivo, neste seminario atópanse diversos proxectos que dende diferentes ópticas traballan para a conservación destes ecosistemas, amplamente distribuídos na beiramar galega e fundamentais na loita contra o cambio climático.
AS PRAZAS ESTÁN ESGOTADAS
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org