• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Un mar de vida para a cidadanía: Traballando pola pesca responsable no Golfo Ártabro

Vostede está aquí

Un mar de vida para a cidadanía: Traballando pola pesca responsable no Golfo Ártabro
Dispoñibles ponencias PDF
Data
martes, 11 Decembro, 2018
Horario

De 15.45 a 20 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA
  • Coa colaboración do GALP Golfo Ártabro Norte e GALP Golfo Ártabro Sur.
Co apoio de

        

* Acción gratuita cofinanciada polo FEMP

Obxectivos
  • Dar a coñecer o valor da biodiversidade do Golfo Ártabro e os servizos que ofrece á sociedade.
  • Presentar experiencias e exemplos de boas prácticas de pesca ambientalmente responsable.
  • Sensibilizar ao sector pesqueiro e marisqueiro na compatibilización das súas actividades co patrimonio natural do territorio.
  • Identificar oportunidades para o desenvolvemento dunha pesca e acuicultura sustentable no litoral do Golfo Ártabro.
Dirixido a

Profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro do Golfo Ártabro: pescadores/as e mariscadores/as; persoal das confrarías; representantes, socios/as e persoal técnico dos Grupos Locais de Acción Pesqueira; técnicos e representantes das
Administracións públicas con competencias no medio litoral; público xeral interesado.

Programa

15.45 h. Recepción de participantes e entrega de material.
16.00 h. Inauguración.
16.15 h.  A biodiversidade e servizos dos ecosistemas no Golfo Ártabro. O proxecto “Un mar de vida para a cidadanía”.  Sergio París, CEIDA.
17.00 h. Exemplos de boas prácticas:

  • MARVIVA.  D. Xavier Delgado Clos, Departamento de Fomento da Valorización, Axencia de Residuos de Cataluña.
  • Reservas mariñas de interese pesqueiro: conxugando conservación e explotación. D. Antonio García Allut, Director da Fundación Lonxanet para a pesca sostible.
  • Proxecto ESPANTAVES: Redución das taxas de captura incidental de aves mariñas.  D. Diego Rial Conde, Técnico da Área Tecnoloxía dos Produtos Pesqueiros, Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR.

18.00 h. Pausa Café.
18.30 h. Obradoiro: Oportunidades para o desenvolvemento dunha pesca sostible no Golfo Ártabro.
20 h. Clausura do seminario. 

Inscrición
  • Acción gratuita cofinanciada pola FEMP.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio