• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Asesoramento en materia de xestión da biodiversidade no ámbito local

Vostede está aquí

Asesoramento en materia de xestión da biodiversidade no ámbito local

Asesoramento en materia de xestión da biodiversidade no ámbito local

Co apoio de

Fundación Biodiversidad

Descrición

Accións gratuítas cofinanciadas polo FSE. Conseguir formación e un emprego de calidade.

        
 

O CEIDA, a través do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, pon a disposición dos traballadores/as en activo de concellos e empresas de servizos, un servizo de asesoramento en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade en áreas urbanas ou espazos naturais protexidos dende a óptica local.

Este servizo de asesoramento forma parte do proxecto  “Concellos verdes. Programa de formación de técnicos e persoal de servizos municipais en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade”,  financiado co apoio da Fundación Biodiversidad, dentro do programa  ‘EmpleaVerde’,  e estará dispoñible ata o 14 de novembro de 2018.

Os traballadores/as interesados/as poderán contactar co CEIDA por correo electrónico, teléfono ou presencialmente na súa sede, para a solicitude de asesoramento ou documentación sobre temáticas ou casos concretos relacionados coa xestión da biodivesidade desde a perspectiva municipal. O asesoramento baséase nos seguintes servizos:

  • Acceso aos fondos documentais e bibliográficos do Centro de Documentación, especializado en medio ambiente, que ofrece servizos de consulta en sala, préstamo de documentos (recollida no centro ou envío gratuito a domicilio), e búsquedas especializadas e personalizadas de información. O centro forma parte da rede estatal  RECIDA, Red de Centros de Información y Documentación Ambiental,  con acceso a un amplo catálogo documental como base para asesoramentos persoais e específicos.
  • Análise detallado de casos e problemáticas concretas e proposta de solucións por parte do persoal técnico do CEIDA, no referente á xestión de elementos concretos de biodiversidade, deseño de infraestruturas verdes, etc., como asesoramento en materia lexislativa, limitacións, ou posibilidades de financiamento.
     

   

Dirixido a
  • Técnicos e persoal de servizos municipais.
  • Traballadores/as de consultorías e empresas de servizos ambientais, urbanísticos, etc.
  • Traballadores/as en activo en xeral.
Requisitos

Servizo gratuíto para traballadores/as en activo.

Para solicitar o asesoramento deberá presentarse a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación.
  • Copia do DNI ou tarxeta de residencia.
  • Documento acreditativo da condición de traballador/a en activo (cabecera dunha das tres últimas nóminas ou certificado de empresa selado para traballadores/as por conta allea; ou xustificante do pago da cuota de autónomos dun dos últimos tres meses previos, para traballadores/as por conta propia).
  • Acreditación da pertenza a colectivos prioritarios, se procede: persoas con discapacidade, persoas residentes en áreas protexidas ou concellos rurais.
Horario de consultas

Luns a venres laborables, de 9:00 h a 14:00 h.

Duración

Este servizo de asesoramento en materia de xestión da biodiversidade no ámbito local estará a disposición de todos os interesados/as do o 15 de febreiro ao 14 de novembro de 2018.

Máis información

Se está interesado/a en realizar algunha consulta ou solicitar documentación, pode contactar co Equipo de Documentación do CEIDA en:

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas