Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente
2016-2017
As especies exóticas invasoras están consideradas na actualidade a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel mundial, tras a perda e fragmentación dos hábitat. Froito do actual e crecente proceso de globalización, o elevado tráfico (naval e terrestre, fundamentalmente) entre distintos países e continentes ten contribuído a aumentar de maneira significativa o fluxo de flora e fauna ao longo do planeta.
No ámbito das Reservas da Biosfera galegas tamén está presente esta problemática, ameazando en ocasións a conservación da biodiversidade existente nestas áreas e con especial importancia nos espazos naturais protexidos que configuran a súas zonas núcleo. Adquire especial relevancia a flora exótica invasora vinculada a ambientes costeiros, xeralmente de elevada fraxilidade e cuxas especiais características ambientais facilitan a presenza de hábitats e especies de elevado interese que se poden ver afectados pola propagación de flora especialista.
A Campaña de Prevención e Control das Especies Exóticas Invasoras nas Reservas da Biosfera de Galicia contempla a realización dun Seminario formativo sobre exemplos en prevención e erradicación de especies invasoras, un programa de voluntariado para a erradicación destas especies e un Programa de participación dos centros educativos do territorio das Reservas de Biosfera de Galicia.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org