• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Unión Internacional para a Conservación da Natureza

Vostede está aquí

Desde o ano 2007 o CEIDA é membro da  Unión Internacional para a Conservación da Natureza  (UICN), unha organización internacional composta por Estados soberanos, axencias gobernamentais e organizacións da sociedade civil. Creada en 1948, a UICN é a rede ambiental máis grande e diversa do mundo. Conta coa experiencia, recursos e o alcance de máis de 1300 organizacións membro e os aportes de máis de 16.000 expertos. A UICN pon a disposición das entidades públicas, privadas e non gobernamentais, os coñecementos e as ferramentas que posibilitan, de maneira integral, o progreso humano, o desenvolvemento económico e a conservación da natureza. 

A UICN é a autoridade mundial en canto ao estado da natureza e os recursos naturais, así como as medidas para protexelos. Os seus expertos están organizados en seis comisións adicadas á supervivencia de especies, ao dereito ambiental, as áreas protexidas, as políticas ambientais, sociais e económicas, á xestión dos ecosistemas, á educación e á comunicación.

Actualmente, o director do CEIDA, Carlos Vales, ocupa a vicepresidencia do  Comité Español da UICN.  Constituido como entidade non lucrativa en 1988, o Comité Español da UICN é un dos Comités Nacionais oficialmente recoñecidos por esta entidade, encargado de influir, difundir e desenvolver en España os programas, actividades e iniciativas da UICN, en colaboración directa co conxunto de membros. 

A labor da UICN, canalizada a través da súa Oficina Técnica, se contreta nos seguintes seis compromisos:

  • Compartir o coñecemento xerado por UICN e o acceso ás súas redes.
  • Respaldar os proxectos dos membros, en términos de boas prácticas e iniciativas piloto.
  • Alcanzar posicións comúns entre os membros españois e outros membros de UICN e Comités Nacionais, de cara a influir no programa da Unión; a través, entre outras vías, de Foros Rexionais e os Congresos Mundiais de Conservación.
  • Influir nas Políticas Nacionais de Conservación.
  • Comunicar os desafíos ambientais que a sociedade debe afrontar a día de hoxe.
  • Incrementar a influencia e membresía da Unión en España.

 

Membros da UICN no XII Foro Internacional de Conservación celebrado en Sevilla no 2016

A día de hoxe, a membresía do Comité Españols da UICN está composta por 34 organizacións: 25 ONGs, 2 entes dependentes do Goberno de España, 3 gobernos autonómicos e 4 administracións locais. Pode consultar o listado completo de membros en:  http://www.uicn.es/miembros-ceuicn/ 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio