I Congreso RE-ACCIÓN, Ciencia, investigación e divulgación sobre residuos

O día do Congreso


O 22 de abril conmemórase o Día Internacional da Terra, por este motivo escolléronse estas datas, 22 e 23 de abril, para celebrar o 1º Congreso dos Centros Educativos RE-ACCIÓN, ciencia, investigación e divulgación sobre residuos, onde se pretende a concienciación dos escolares en torno a problemática dos residuos , así como o achegamento dos mais xoves á metodoloxía científica e fomentar as vocacións científicas neste campo.

A Fundación Española para a Ciencia e a tecnoloxía (FECYT) e o CEIDA brindaron a 9 centros de ensino de toda Galicia o escenario perfecto para que os protagonistas indiscutibles do Congreso, os rapaces e rapazas, intercambiaron e contrastaron as experiencias adquiridas durante o desenvolvemento dos proxectos.

O congreso arrancou o día 22 de abril cun acto inaugural que contou coa presenza de Ramón Núñez Centella, Director Xeral do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT/FECYT), Enrique Luis de Salvador Sánchez, Delegado de Medio Ambiente e Sanidade do Concello da Coruña, Rodrigo López Piquín, Concelleiro Delegado de Obras Públicas do Concello de Oleiros, Antonio Cortés, grupo empresarial Gadisa, e Carlos Vales Vázquez, director do CEIDA.

A continuación, e durante toda a xornada matinal se expuxeron os traballos na seguinte orde:" Valorización e xestión dos residuos do CEFEA de Guísamo" do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo); "Os Residuos na Costa da Morte, os que producimos e os que recibimos" do IES Pedra da Aguia (Camariñas); "A vermicompostaxe" do CIFP A Granxa (Ponteareas); e para rematar a 1º xornada "Re-ciclando aptitudes" do IES Maximino Romero de Lema (Baio – Zas)

Os participantes contaron con diferentes espazos para a socialización dos seus proxectos de investigación: as presentacións orais realizáronse  no salón  de actos  do Castelo de  Santa  Cruz  e habilitá-

ronse as salas de exposición para presentar a feira de experiencias, onde cada un dos centros dispuxeron dun espazo para expoñer os materiais realizados con motivo do desenvolvemento do seu proxecto: maquetas, carteis, fotos, trípticos, ... Este foi un lugar moi concorrido xa que acolleu a zona da comida nos momentos de descanso.

O 23 de abril, a benvida aos participantes correu da man de Carlos Vales, director do CEIDA, e de Verónica Campos e Rebeca Vázquez, técnicas ambientais do CEIDA e persoas de contacto cos centros de ensino.

Durante esta xornada se expuxeron os seguintes proxectos: "A xestión dos residuos orgánicos en Rois" do CPI Os Dices (Rois); "Nos reaccionamos. E ti?" do CPI Cernadas de Castro (Lousame); "A xestión dos residuos sólidos urbanos: dende o centro escolar ao Concello" do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia); "Compostando e na horta sementando" do Colexio Miraflores (Pereiro de Aguiar); e xa por último "Coida o que tes" do IES Carlos Casares (Viana do Bolo).

En ambas xornadas contouse coa presenza dun dos investigadores sobre residuos de maior relevancia internacional en Galicia, Carlos Pérez Losada, do Departamento de Enxeñería de Proceso da empresa Ros Roca Indox Cryo Energy S.L., que presentou unha conferencia sobre innovación e residuos.

Os centros educativos participantes atoparon neste congreso un espazo de intercambio científico, permitindo a participación e o debate aos mais xoves e potenciando o papel dos centros educativos como difusores da cultura científica e da realidade ambiental galega.