I Congreso RE-ACCIÓN, Ciencia, investigación e divulgación sobre residuos

Proxectos





Valorización e xestión dos residuos do CFEA de Guísamo

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo. Bergondo

Alumnado participante

Aldao Miramontes, Wenceslao; Bellas Fojo, Lucía; Bernedo Sabell, Héctor; Busto Dopazo, Juan Carlos ; Carro Tolmie, Luis; Conejo Doce, Manuel; De Juan Da Luz, Enrique; De Juan Da Luz, Javier; Domínguez Porteiro, Xastia; Esmorís Rodriguez, Héctor; González Fajardo, Esau; González Río, Mateo; Naya Vilares, Diego; Ogando Estraviz, Roi; Otero Sanesteban, Óscar; Pazos Santalla, Alejando.

Profesorado coordinador

Castro García, Mª Pilar; Rodríguez Vila, Sandra.

Xustificación

O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo creouse en 1964, tratando de dar resposta ás necesidades formativas da poboación relacionada coas actividades agrogandeiras. As súas ensinanzas axústanse ás características da zona de influenza do centro e baséanse nos principios de solidariedade, respecto e sostibilidade humana e ambiental.

Actualmente impártense no CFEA de Guísamo dous ciclos de formación profesional, o Ciclo Formativo de Grao Medio de Xardinería e Floraría e o Ciclo Formativo de Grao Superior de Paisaxismo e Medio Rural, sendo o primeiro centro en Galicia que oferta estas ensinanzas, nas que se encontran matriculados actualmente un total de 85 alumnos.

O CFEA de Guísamo abrangue unha superficie de 23 ha nas que se atopan tódalas instalacións distribuídas en diferentes seccións:

      • Edificio principal, no que se imparten clases teórico-prácticas e se leva a cabo a actividade administrativa.
      • Zonas axardinadas e fincas de prácticas
      • Invernadoiros de produción de horta e planta ornamental.
      • Zona de produción frutícola e adega experimental.
      • Talleres de prácticas (maquinaria e carpintería)
      • Silos de compostaxe e almacenamento de refugallos.

Produto do normal desenvolvemento da actividade diaria xéranse residuos de moi diferente orixe. Unha parte importante dos mesmos resultan facilmente valorizables e reutilizables na propia actividade de conservación e mantemento dos xardíns e das fincas de prácticas, aplicando técnicas de compostaxe ou mulching, así como nas prácticas de composicións florais e con plantas. Outra parte dos refugallos deben ser derivados a empresas especializadas para a súa xestión externa; tal é o caso dos envases de produtos fitosanitarios ou dos aceites usados da maquinaria agrícola.

Dentro dos módulos de "Fundamentos agronómicos", "Instalacións Agrarias" e "Conservación de xardíns e céspedes deportivos", preténdese desenvolver un proxecto consistente na elaboración dun vídeo e dunha documentación complementaria relativa aos protocolos de xestión e valorización dos residuos xerados na actividade diaria desenvolvida nas instalacións do CFEA de Guísamo. A difusión desta información a través da páxina web e da aula virtual do centro, permitirá comprender o funcionamento do sistema de xestión practicado, e á súa vez establecerá as directrices a seguir para o seu correcto funcionamento por parte do novo alumnado e demais integrantes da comunidade educativa.


Obxectivos

Na planificación e organización dos traballos de xardinaría e paisaxismo, tal e como se recolle no Decreto 166/2012, do 12 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Paisaxismo e Medio Rural, así coma no Decreto 101/2011, do 5 de maio, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Xardinaría e Floraría, contémplanse unhas liñas de actuación para cumprimentar os obxectivos dos módulos antes citados, entre as cales destacan:

      1º) O análise dos riscos ambientais asociados á actividade progesional e o estudo das súas causas, coa finalidade de fundamentar as medidas preventivas que se vaian a adoptar, así coma o establecemento dos protocolos correspondentes co obxecto de evitar danos sobre as persoas e no medio.
      2º) O análise dos riscos ambientais asociados á actividade profesional e o estudo das súas causas, coa finalidade de fundamentar as medidas preventivas que se vaian a adoptar, así coma o establecemento dos protocolos correspondentes co obxecto de evitar danos sobre as persoas e no medio.
      3º) A correcta dotación das diferente instalacións para o seu correcto funcionamento, garantindo o cumprimento das normas de seguridade e prevención de riscos laborais, así como cantas outras sexan de aplicación, respectándose en todo caso os espazos de seguridade que esixan as máquinas en funcionamento. No tocante á protección ambiental, contemplarase a recollida, selección, almacenamento e retirada dos diferentes tipos de refugallos xerados.

Por todo o anterior, os obxectivos principais do presente proxecto serán :

      1º) A elaboración dun vídeo sobre o sistema de xestión e valorización dos residuos practicado no CFEA de Guísamo, que estará a disposición da comunidade educativa do centro a través da súa páxina web
      2º) A elaboración de planos de situación das diferentes áreas de xestión e valorización dosresiduos, así como dos protocolos a seguir para cada tipo
      3º) A correcta sinalización de cada área de xestión e valorización dos residuos, así como a identificación das instalacións principais mediante códigos QR, mediante os que se poderá ampliar información sobre cada un dos protocolos definidos

Así pois, o profesorado responsable dos módulos implicados plantéxase o cumprimento destes obxectivos implicando ao alumnado matriculado no presente curso 2012-13. Deste xeito, á vez que dan cumprimento aos requisitos formativos esixidos na súa titulación, contribuirán ao establecemento e difusión dunha serie de prácticas respectuosas na xestión e valorización dos residuos xerados durante as clases prácticas que desenvolven. A divulgación dos materiais elaborados no marco deste proxecto, non só redundará no beneficio do alumnado que traballará directamente na súa elaboración, senón tamén nas futuras promocións e no conxunto de toda a comunidade educativa do centro (profesorado, colaboradores e visitantes), que terá á súa disposición as pautas a seguir no tratamento dos diferentes tipos de residuos.

Metodoloxía

Comezarase por unha identificación e cuantificación dos residuos xerados en fichas que responderán a un mesmo formato, no cal se incluirán:

      • Tipo de refugallo (orgánicos, inertes, graxas e aceites, pneumáticos,…)
      • Cuantificación da produción.
      • Forma de almacenamento.
      • Propostas de valorización ou eliminación.

Realizarase tamén un inventario dos medios dispoñibles e potencialmente utilizables para a valorización e xestión dos refugallos, cuantificando as posibles necesidades a cubrir.

Farase especial fincapé na valorización e reutilización dos residuos producidos dentro da actividade formativa do CFEA. Así mesmo, afondarase na xestión e eliminación de especies exóticas invasoras presentes nas áreas axardinadas do centro.

A continuación, elaboraranse os protocolos de recollida, selección, almacenamento, valorización e no seu caso, retirada ou eliminación de refugallos.

Finalmente, gravarase e editarase un vídeo demostrativo de cada protocolo, que se poderá consultar a través da páxina web do centro: www.cfeaguisamo.org. No mesmo, quedarán reflectidos a totalidade dos procesos, polo que a súa utilidade e interese didáctico será extensible a calquera usuario interesado.

Xunto co anterior, xerarase para cada un dos lugares de acopio de residuos un código QR que se situará nun lugar visible do mesmo. A aplicación desta tecnoloxía facilitará a súa identificación a través dun teléfono móbil provisto de cámara e dun sofware apropiado, ofrecendo así información sobre a función de cada elemento no proceso de xestión e valorización dos residuos.

Para todo iso, os alumnos terán á súa disposición:

      • A aula de informática, na que a través da internet poderán consultar información en diferentes portais especializados.
      • Bibliografía específica sobre a realización dos procesos de compostaxe e reutilización dos residuos, así como das instalacións precisas para os mesmos.
      • Unha máquina plastificadora para a elaboración da cartelería necesaria para a sinalización e identificación mediante códigos QR dos diferentes elementos que forman parte dos procesos definidos.

Prevese que a implementación deste proxecto poida en continuar co seu desenvolvemento en cursos posteriores.

Actividades

O proxecto desenvolveuse durante o actual curso 2012-13, e comprendeu as seguintes actividades:

      1º) Identificación de refugallos e cuantificación.
      2º) Estudo das posibilidades de valoración dos residuos identificados.
      3º) Elaboración dos protocolos de actuación para a correcta xestión e , no seu caso, valoración dos residuos.
      4º) Sinalización e incorporación de códigos QR nas diferentes instalacións para a recollida selectiva dos residuos.
      5º) Elaboración dun vídeo demostrativo das actuacións a seguir en cada zona do centro.
      6º) Incorporación do vídeo e da restante documentación elaborada á web do centro.

Conclusións

A participación neste congreso supuxo para o CFEA de Guísamo un gran éxito de concienciación entre o alumnado sobre a gran importancia da nosa participación no proceso de separación e posterior xestión dos residuos que xeramos. A intención inicial do profesorado era clarificar as condutas respecto dos residuos que se obteñen coa actividade diaria levada a cabo no centro educativo, no que ao impartírense ciclos relacionados coa xestión do medio natural (xardíns, parcelas de cultivo, etc.) se obteñen importantes volumes de materiais que debemos xestionar de forma separada. Sen embargo, as actividades paralelas que se nos ofreceron no marco da nosa participación no congreso, como foi a visita á planta de xestión integral de Nostián, contribuíron enormemente a mellorar a actitude dos nosos estudantes fronte á xestión doutro tipo de residuos que tamén deben manexar no seu eido doméstico ou profesional, amosando agora unha conduta moito máis responsable e participativa nas actividades de reciclaxe e valorización.

O profesorado coordinador cremos que os obxectivos principais referentes á elaboración do video, dos protocolos de actuación e do material de sinalización foron acadados de forma moi satisfactoria, e agardamos que o esforzo do grupo de alumnos participante neste traballo se proxecte ao resto da comunidade educativa nos vindeiros cursos, reforzando os nosos hábitos de traballo e convivencia cara un modelo máis sostible e respectuoso co medio.


Link Video Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=-s6BOVCN9nM

Recomendamos que actualice su navegador para la correcta visualización de los contenidos.
Chrome: Google Chrome - IE: Internet Explorer - Firefox: Mozilla Firefox
Se non pode visualizar algún dos contidos, instale o compoñente axeitado.
Memoria (PDF): Adobe Acrobat Reader - Vídeo (FLV): Adobe Flash Player - Presentación (PPT): Microsoft Powerpoint ViewerVolver arriba ^

Residuos na Costa da Morte, os que producimos e os que recibimos

IES Pedra da Águia. Camariñas

Alumnado participante

Baña Castro, Antía; Baña Cerdeiras, Isabel; García Domínguez, Lara; Martínez Santos, Mirian; Rey Pérez, Sara; Sánchez Campaña, Laura; Tedín Campaña, Zeltia; Campaña Lista, Anxo; Castro Alvite, Bruno ; Lado Campaña, Daniel; Lema Castiñeira, José Manuel; López Pousa , Damián; Pose Suárez, Laura; Sánchez Devesa, Miriam; Suárez Soto, Lara.

Profesorado coordinador

Ana Belén Ignacio Veiga ; Gema Elena Lois Gómez .

Xustificación

A Costa da Morte é unha comarca de nivel socioeconómico medio-baixo, con moi escaso tecido industrial e ata non hai moito, con malas comunicacións co resto da comunidade galega. A pesar de que a baixa capacidade económica supón unha menor cantidade de residuos, a separación en orixe dos mesmos é deficiente, non só nos fogares senón tamén no propio centro de ensino, que carece dun sistema de recollida do lixo xerado que a facilite.

Por outra parte, esta zona é un lugar idóneo para comprobar como o dos residuos é un problema de repercusións globais: as nosas accións no que se refire ó lixo poden afectar a outras comunidades, do mesmo xeito que nós nos vemos afectados pola achega constante e abondosa de residuos de diferentes procedencias á nosa costa.


Obxectivos

      1º) Investigar sobre diferentes modelos de recollida selectiva.
      2º) Deseñar e poñer en práctica un plan de sensibilización e información sobre a redución, reutilización e recollida selectiva de residuos no centro, dirixido a toda a comunidade educativa.
      3º) Analizar o impacto da campaña de sensibilización sobre a evolución da separación en orixe de residuos no centro.
      4º) Analizar o tipo de lixo que chega á costa e recoñecer a repercusión global da problemática dos residuos.

Metodoloxía

Traballouse co alumnado voluntario fóra das horas de clase. As fases de actuación foron:
      1º)Motivación: Comezouse por instar ao alumnado a que realizase unha pequena investigación sobre a problemática xeral dos residuos.
      2º) Diagnose: Realizouse mediante:
      3º) Enquisas ós membros da comunidade educativa sobre hábitos de consumo e separación de residuos.
      4º) Análise do tipo de residuos atopados nunha praia da zona.
      5º)Acción: Campaña de sensibilización para a redución de residuos, dotación de sistema que posibilite a recollida selectiva de residuos.
      6º)Avaliación: Análise do impacto da campaña.

Actividades

      1º) Consulta de bibliografía e webs sobre a problemática dos residuos domésticos e mariños.
      2º) Investigación sobre o sistema de xestión de residuos na comarca e análise do do propio centro.
      3º) Contacto con alumnado doutros centros educativos (Betanzos, New Jersey) para intercambio de información sobre diferentes sistemas de xestión do lixo.
      4º) Creación dun perfil de facebook onde foron recollendo as diferentes iniciativas que se levaron a cabo, o seu progreso, etc.
      5º) Ademais de novas e fotos das actividades, publicáronse enlaces de interese e información en dúas seccións: Que podes facer ti polos 3R?, con ideas doadas de levar a cabo para reducir o lixo, reutilizalo e clasificalo para a súa reciclaxe; e Sabías que...?, con curiosidades sobre os residuos, por exemplo, tempos de descomposición no mar, volume de auga que se contamina co mercurio dun termómetro, etc
      6º) Concurso de fotografía sobre bos hábitos e boas accións encamiñadas a reducir a cantidade de lixo, reutilizalo e separalo correctamente.
      7º) Deseño dunha enquisa sobre hábitos de consumo, coñecementos sobre recollida selectiva e tratamento que se dá aos residuos por parte dos diferentes membros da comunidade educativa.
      8º) Realización da enquisa, obtención de gráficas e análise de resultados.
      9º) Charla informativa a parte do alumnado sobre a correcta separación de residuos.
      10º) Repetición de enquisa a parte do alumnado para comparar resultados antes e despois da charla informativa.
      11º) Creación dunha actividade interactiva na aula virtual do centro con cuestións sobre a separación do lixo.
      12º) Saída á praia (Traba de Laxe) para mostreo do lixo arroxado polo mar e estudo da tipoloxía dos residuos atopados.
      13º) Elaboración dun vídeo divulgativo sobre as actividades realizadas.
      14º) Elaboración de materiais para o congreso: pósters, presentación, actividade interactiva.
      15º) Fabricación de contedores para todas as aulas para recollida selectiva de lixo. (En fase de realización).
      16º) Concurso de carteis e slogans que animen á redución, reutilización e separación dos residuos para a súa reciclaxe. (Comezo o 22 de maio)
      17º) Charla divulgativa sobre residuos por parte do alumnado voluntario ante o grupo de Encontro de Pais e Nais que se realiza mensualmente no centro. (Prevista para o luns 27 de maio)

Conclusións

A experiencia de participar no congreso Re-Acción resultou moi satisfactoria para nós, non só pola implicación do alumnado participante senón tamén porque se conseguiu interesar a boa parte do centro na problemática dos residuos.

Así, e en contra do previsto en vista de que a separación de residuos no instituto era parcial e moi deficiente, o interese por como realizala correctamente foi enorme. Unha vez pasada a enquisa a toda a comunidade educativa, profesorado e persoal non docente manifestaron reiteradamente a súa curiosidade por coñecer a solución a moitas das preguntas que en dita enquisa se plantexaban. Isto levounos a decidir deseñar unha actividade interactiva(usuario: reaccion; contrasinal: 2013) que colgamos na aula virtual para que calquera poida acceder a ela. Neste cuestionario hai que ir contestando preguntas relativas á separación do lixo e se a resposta é incorrecta explícase a razón de que sexa así ou facilítase información que permita chegar á solución. Ademais, cabe salientar a boa disposición que a raíz desta actividade mostrou o persoal de limpeza para reorganizar a recollida do lixo nas aulas, algo que en cursos pasados rexeitaban abordar.

Tamén nos pareceu alentador ver como evolucionaron os resultados nas enquisas: analizadas as primeiras realizadas, a algúns grupos impartíuselles unha pequena charla informando sobre como separar correctamente e incidindo naquelas cuestións nas que se detectaran máis dúbidas ou erros. Seguidamente, repetíuselles a enquisa e a melloría nas respostas foi salientable.



Fig 1. Respostas a unha pregunta da enquisa, antes e despois da charla informativa.

Aínda que debería terse seguido o procedemento con todos os grupos ou polo menos con un por nivel para extraer conclusións, os resultados animan a seguir traballando sobre o tema se ben hai que recoñecer que só demostran un cambio no coñecemento sobre a separación do lixo e non na concienciación para aplicalo á xestión diaria dos residuos producidos. Neste sentido, ademais de convocar un concurso de carteis e slogans que animen á separación, estanse dotando as aulas de contedores feitos polos rapaces para recoller papel, envases e resto e, posteriormente, preténdese facer un seguimento do uso que lles dan para valorar a necesidade de continuar informando.



Ademais da separación do lixo, a outra liña de traballo do noso proxecto centrábase nos residuos como un problema global. Por unha parte, o alumnado investigou sobre como os residuos que xeramos afectan de forma máis ou menos directa á poboación doutros puntos do planeta e, por outra, pretendíase sacar conclusións sobre como deixa pegada nas nosas costas o lixo producido noutras localizacións. Esta última parte foi practicamente imposible de levar a cabo debido á situación meteorolóxica dos últimos meses que nos fixo adiar sucesivamente as saídas de campo previstas para recollida de residuos na praia. Finalmente, só se puido realizar unha antes do congreso polo que os datos que alí presentamos nin teñen valor estatístico nin, segundo o que habitualmente atopamos como usuarios das praias desta zona, son representativos. As seguintes gráficas recollen un resumo do tipo de lixo atopado, expresado en porcentaxes do volume total recollido.

"Madeira" refírese a táboas, as pólas contabilizáronse en "Orgánico". Atopouse pouca cantidade de algas en comparación co que é habitual. A aparición destas na area depende moito do estado do mar en días previos.



Centrándonos nos plásticos (onde deberíamos ter computado porexpán e espumas), atopouse unha gran cantidade de bidóns que non recoñecíamos polo que inicialmente pensamos que poderían ser de orixe non local. Sen embargo, preguntando á xente do mar descubrimos que se trataba dunha arte ilegal de pesca do polbo.

Chamounos a atención a cantidade de chapapote recollida xa que non é habitual para nós ver tanto xunto na praia. O seu aspecto era "fresco" polo que non pensamos que poidan ser restos do Prestige senón procedentes do sentinazo (limpeza de tanques) dalgún buque.

O vindeiro curso, dispoñendo xa de máis tempo, tentaranse levar a cabo saídas de campo periódicas de xeito que a toma de datos suficientes permita un tratamento estatístico dos mesmos e a extracción de conclusións.

Quixeramos agradecer ao CEIDA o seu labor de divulgación e promoción dos bos hábitos e actitudes no referente ao tratamento que damos ó lixo, en particular a través da organización de congresos como o de Re-Acción. As actividades que o CEIDA propuxo foron valoradas moi positivamente polo alumnado, así como o propio congreso, onde os rapaces recoñeceron o interese e alto nivel dos proxectos presentados polos outros centros. Animamos ao CEIDA a manter iniciativas como esta, nas que pode contar coa nosa colaboración.


Link Video Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=T21PY2UpJXk

Recomendamos que actualice su navegador para la correcta visualización de los contenidos.
Chrome: Google Chrome - IE: Internet Explorer - Firefox: Mozilla Firefox
Se non pode visualizar algún dos contidos, instale o compoñente axeitado.
Memoria (PDF): Adobe Acrobat Reader - Vídeo (FLV): Adobe Flash Player - Presentación (PPT): Microsoft Powerpoint ViewerVolver arriba ^

A Vermicompostaxe

CIFP A Granxa. Ponteareas

Alumnado participante

Javier Carbó Costas; Ana González Troitiño; Christian Gortemullder Campo; Andrea Leitón Aldao; Elia Lugilde Folgar; Eva M. Monzón Bautista; Miguel A. Pastoriza López; Ana M. Sánchez Calzada; Adrián Silva Rey

Profesorado coordinador

Perfecto Dávila González; Milagros López Villarreal; María Jesús Pena Fariñas

Xustificación

No ámbito da agricultura, por sostibilidade se entende o emprego dos recursos dispoñibles de forma que poidan satisfacer as necesidades dunha poboación en crecemento, respectando o estado do medio ambiente e conservando os recursos naturais.

A agricultura sostible integra dous obxectivos fundamentais:

      1º) Conservación dos recursos naturais e protección do medio ambiente.
      2º)Viabilidade económica.

No ámbito da produción ecolóxica, respecto á sostibilidade, hai dous graves problemas, por un lado a eliminación dos residuos e por outro o control de pragas e enfermidades en un entorno moi urbanizado.

Para aumentar a sostibilidade pódense poñer en marcha algunhas estratexias:

      1º) Elixir especies de plantas mellor adaptadas.
      2º) Diversificar os cultivos.
      3º) Manexo axeitado do solo.
      4º) Manexo correcto da auga.
      5º) Uso eficiente de inputs (substratos, abonos, fitosanitarios, maquinaria,…).

• A perda de biodiversidade:

Por pouco que se coñeza o campo é algo evidente. Existen multitude de variedades diferentes que se cultivaron desde tempos inmemoriais, que se adaptaron localmente e que por tanto se poden ver en sistemas ecolóxicos moi distintos. A diversidade xenética en un cultivo significa una adaptación a diferentes condicións e entorno por parte da planta, sen esta diversidade as pragas e enfermidades atacarían sempre ao mesmo obxectivo.

Hoxe, sen embargo, estamos asistindo á perda de esta riqueza que constitúe a diversidade. Unha impresionante uniformidade se estende como unha cortina sobre a agricultura mundial. Isto implica, fundamentalmente, o monocultivo e a perda constante de variedades autóctonas. Actualmente, a gran maioría das paisaxes agrícolas mundiais se manteñen con solo 12 especies de cultivos de gran, 23 especies de cultivos hortícolas y 35 especies de árbores. Esta gravísima diminución da biodiversidade implica ecosistemas artificiais que requiren a constante intervención do ser humano para que funcione (pragas, perda de fertilidade, erosión, uniformidade xenética, etc.).

Para que isto non suceda debe aumentarse a biodiversidade e a reciclaxe de nutrintes: maior número de vexetais, de organismos edáficos, aumento de nutrientes dispoñibles de acordo cas necesidades do cultivo; control de pragas e enfermidades; potenciar as poboacións de inimigos naturais mediante asociación de cultivos, uso de sistemas agroforestais, implantación de sebes, etc.

• A comercialización dos produtos:

Para os pequenos agricultores galegos é, actualmente, moi difícil competir no mercado. A presión das grandes cadeas de alimentación e a competencia de outros mercados en prezos, precocidade, tecnoloxía e/o canles de comercialización é brutal.

Unha das poucas alternativas viables é a elaboración de produtos con algún selo distintivo que lle permita un aumento do valor engadido ao produto como a pertenza a unha denominación de orixe o a unha indicación xeográfica protexida ou obter un selo de produción ecolóxica ou calquera outro que permita que o consumidor distinga os nosos produtos da competencia. Nos dous primeiros casos solo o podemos conseguir si estamos nunha zona de produción determinada, en cambio nos dous últimos si se pode conseguir en calquera zona. A primeira de estas dúas opcións (a agricultura ecolóxica) está perfectamente definida e estandarizada. A segunda esixe un gran esforzo de marketing por parte do produtor para dar a coñecer os seus produtos. Isto é moi custoso e ademais non é incompatible ca agricultura ecolóxica.

En definitiva, tan solo poden competir coa calidade do produto. Isto esixe ao produtor un esforzo extra xa que deben de cumprir una serie de requisitos para ser máis apreciados por o consumidor: calidade, deseño, prezo, envasado, etiquetado, servizo, imaxe. Ol consumidor debe ser informado e coñecer as vantaxes que ten desde o punto de vista da calidade, da saúde e da protección do medio ambiente el consumo de este tipo de produtos ecolóxicos: evita os produtos tóxicos do prato, protexe a saúde dos produtores, prevén a erosión dos solos e coida a auga, axuda aos pequenos produtores, recupera o sabor e a cor dos alimentos.

Fronte a estes inconvenientes con este proxecto pretendemos dar unha solución directa ao primeiro de estes problemas:

      • Así, en aras da sostibilidade, trataremos de solucionar por un lado oproblema dos residuos agrícolas na mesma explotación e por outro o aporte de materia orgánica e de nutrientes aos cultivos, pechando así o ciclo de produción.
      • Con todo elo intentaremos que o noso alumnado da familia agraria aprenda a detectar os problemas aos que se enfrontan e a buscar solucións innovadoras aos mesmos. Ademais pretendemos ofrecerlles novas alternativas que melloren a súa inserción laboral e motiven o seu espírito emprendedor e incluso que lle posibiliten a creación da súa propia empresa.
      • Historia do proxecto
O CIFP A Granxa encóntrase nunha zona eminentemente vitícola e hortícola, ademais de estar na proximidade da zona metropolitana de Vigo e Rías Baixas. Isto levou a centrar a nosa oferta educativa en agricultura biolóxica, xardinaría , viticultura e sector forestal.
Aínda que estas circunstancias, entre outras vantaxes, mellora as posibilidades de adaptación do alumnado ao mercado laboral máis próximo, crean dous serios problemas na xestión das explotacións dos centros que imparten as ensinanzas da rama agraria e/ou agroalimentaria:
      • Desaparición do esterco como fonte de materia orgánica para o seu aporte aos solos agrícolas que provocan o seu empobrecemento e obriga á achega dos fertilizantes minerais de elevado custe.
      • A acumulación dun elevado número de residuos vexetais de complicada xestión.


Obxectivos

Os obxectivos que se formulan neste proxecto son de diferente tipoloxía:

1º)Obxectivos medioambientais:
      • Xestionar os residuos e subprodutos agrícolas.- Os residuos ou subprodutos procedentes de diferentes actividades agrícolas como son os restos de poda da xardinaría, fruticultura e/ou viticultura, outros residuos e subprodutos da actividade gandeira, os procedentes da horticultura ou, incluso os procedentes da actividade forestal, así como os procedentes das industrias agroalimentarias, entre outros, poden chegar a presentar un grave problema tanto medioambiental como loxístico e de xestión.
      • Reutilizar os residuos orgánicos na produción agrícola.- A reutilización mediante:
      • Utilización de técnicas de vermicompostaxe para a obtención de humus de miñoca.
      • Ensaios de diferentes tipos de produción de planta con humus de miñoca, tanto aromática, medicinal, culinaria, frutícola, hortícola

2º)Obxectivos ligados aos procesos de ensino-aprendizaxe
      • Desenvolver experiencias innovadoras de I+D+i. A técnica de vermicompostaxe é innovadora nun centro de formación profesional agraria. Os datos a este respecto en explotacións agrarias e empregando os seus residuos son mínimos.
      • Poder realizar a transferencia de estes coñecementos:
      • Ao resto do profesorado
      • Ao alumnado doutros centros mediante visitas didácticas ás nosas instalacións

Metodoloxía

Aplicaranse dous sistemas de produción de vermicompost aptos para a investigación: Sistema vertical e sistema de camas.

      • O sistema vertical está composto por 25 vermicontenedores produtivos e 5 de traspaso. Cada vermicontenedor ten unha capacidade de 35 litrosdispoñense en columnas de 5 unidades, aforrando espazo e producindo comodamente. Este sistema permite o control individual dos procesos e parámetros que se desenvolven no vermicompostaxe do residuo. Cada contedor contén unha densidade óptima de miñocas que permiten a bioxestión do residuo (Se considera óptimo 1800 miñocas por núcleo).



      • O sistema de camas permite producir en maior cantidade, mantendo a calidade óptima e a capacidade de investigar sen perder produtividade. Consta de módulos de 5 camas de 1 m3 de capacidade, podendo incorporar un número indefinido de módulos dependendo da cantidade de residuos a tratar.



Método
• Enchido: Os sistemas énchense có residuo a tratar.



      • Acondicionado: Dánselle as condicións óptimas de temperatura, humidade e estrutura para o desenvolvemento da miñoca.



      • Control do proceso: Mediante o control da humidade e pH do sistema.
      • Traspaso e recollida dovermicompost: Unha vez finalizado o proceso de dixestión pola miñoca realizase o traspaso de miñocas a unha nova partida de residuo, obtendo un produto libre de miñocas (90%) o cal se enviará a maduración.



      • Maduración: esta etapa permite a humificación do vermicompost, co cal se melloran as calidades físicas, químicas e biolóxicas do produto obtido. Estímase que o proceso de maduración durade 4 a 6 meses. Podendo facer probas de comparación intermedias para evaluar o tempo óptimo.



Actividades

As actividades que se levaron a cabo foron co grupo de alumnos participantes no proxecto, neste caso todos eles pertencen ao ciclo medio de produción agroecolóxica do C.I.F.P "A Granxa".
As actividades propostas son as seguintes:

      1º) Avaliación dos residuos xerados no noso Centro: poda, sega, horta, bagazo de uva, alperuxo de oliva (residuo que se xenera no ciclo medio da elaboración de aceites de oliva e viños).



      2º) Preparación de camas e vermicontenedores, empregando como base o compost obtido no propio centro (correspondente aos residuos da propia explotación) e tamén os outros residuos máis innovadores, citados anteriormente.



      3º) Obtención do humus de miñoca.
      4º) Realización de sementeiras de horta ecolóxica empregando o humus de miñocas obtido.



      5º) Realización de esgallado de plantas medicinais, culinarias e aromáticas, empregando como substrato o humus de miñoca.
      6º) Realización de power-point sobre este tema.
      7º) Realización dun cartaz sobre o tema.

Conclusións

Non resulta doado ter unha visión xeral das experiencias prácticas do vermicompost e o uso do mesmo, xa que prima o intercambio directo de experiencias e a súa difusión mediante literatura non especializada. Isto fai que os resultados correspondan a traballos sinxelos e non a ensaios científicos realizados en condicións que permitan a súa representatividade e significación.

1º)A valorización dos subprodutos orgánicos agrícolas non é soamente posible senón moi recomendable.

Nun Centro de FP agraria prodúcese unha gran cantidade de subprodutos orgánicos da propia evolución da explotación da súa superficie agrícola. Prodúcese unha cantidade suficientemente numerosa e variada como para suministar materia orgánica compostable: restos de colleita, podas e aclareos no sector hortícola e frutícola. No noso Centro, ademais, contamos con restos da industria agroalimentaria: bagazo e alperuxo.

Calquera destes subprodutos poden ser moi abundantes e, incluso o seu tratamento pode ser moi problemático. Soamente hai que recordar a toxicidade do alpechín nas almazaras, os graves problemas loxísticos que orixinan os restos de poda ás empresas de mantemento de xardinaría ou a problemática da biomasa forestal con relación aos incendios forestais. A súa xestión fóra da explotación sería moi custosa.

A valorización dentro da mesma explotación, é sen lugar a dúbidas a mellor opción para xestionar os subprodutos orgánicos que se producen na actividade diaria do Centro. Todo son vantaxes si a este feito lle engadimos que o produto obtido desta valorización é unha excelente fonte de materia orgánica e de nutrinte para o solo e os cultivos que permitirán diminuír a necesidade dos recursos externos.

2º) A vermicompostaxe como complemento ao compostaxe

Algúns autores defenden ocompostaxe directo da materia orgánica mediante as miñocas ou a adición de estas nas últimas fases do proceso. Na nosa corta experiencia con este proxecto, así como en proxectos anteriores pensamos que ese sería un método moi lento e complexo dadas as dificultades dos animais para dixerir materia de elevada granulometría.

En cambio, aínda que ten un pequeno custe adicional de implantación e alonga un pouco o prazo de obtención do produto final: facer pasar o composttamizado por un proceso adicional de vermicompostaxe ten unha serie de vantaxes:

      • Obtense un produto final de gran calidade: humus de miñoca.
      • Permite a adición ao compost doutras sustancias que ou ben melloran a calidade do produto final, ou ben son de difícil xestión na súa compostaxe directa (bagazo, alperuxo).
      • As miñocas son un dos elementos que favorecen a dispersión dos fungos formadores de micorrizas arbuscularesMA). Estas cumpren unha función clave na agricultura sostible. Estes fungos incrementan a capacidade das plantas para absorber auga e nutrientes (Jaizme, M.,2010).

3º) Os resultados anteriores poden trasladarse a unha pequena empresa do sector agrario sexa cal sexa o seu sector produtivo

Bibliografía

Jaizme, M. (2010). Conocimientos, técnicas y productos para el control de plagas y enfermedades en agricultura ecológica.


Link Video Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=0AjgfAOzXRg

Recomendamos que actualice su navegador para la correcta visualización de los contenidos.
Chrome: Google Chrome - IE: Internet Explorer - Firefox: Mozilla Firefox
Se non pode visualizar algún dos contidos, instale o compoñente axeitado.
Memoria (PDF): Adobe Acrobat Reader - Vídeo (FLV): Adobe Flash Player - Presentación (PPT): Microsoft Powerpoint ViewerVolver arriba ^

Os residuos orgánicos en Rois: Unha fonte de riqueza

CPI dos Dices. Rois

Alumnado participante

1ºESO
Bustelo Blanco, Alba; Ces Otero, Lucía; Fernández Labandeira, Paula; Fernández Ramos, Álvaro; Fernández Romero, Nerea; Gómez Sánchez, Alejandro; Gómez Vázquez, Martín Eduardo; López Batalla, Andrea; Martínez Maneiro, Eva María; Méndez Calvo, Victoria; Pérez Castaño, Jennifer; Pérez Varela, Iria; Rey Lorenzo, Paola; Rodríguez Lajos, Alejandro; Rojo Rey, Xaquín; Solis Careaga, Juan Matías; Souto del Río, Samuel; Tarrío Bustelo, José; Vázquez Lens, Andrea; Vidal Gil, Lara

2ºESO
Baleirón Tato, María José; Bello Bentrón, Julia; Blanco Batalla, Cristina; Bustelo Socastro, Miriam; Calvo Rivas, José; Castaño Rodríguez, Andrea; Cheij Ala, Salamu; Conde Crego, Natalia; Cortés Ares, María del Mar; Cortés Fabeiro, Natalia; Dios Mariño, Javier; Do Cabo Barreiro, Lidia; Gil Miguéns, Ánxela; Pérez Vilas, Antonio; Picadizo Villar, Noelia; Recarey del Río, Christian; Rodríguez Sánchez, Araceli; Sorribas Garazo, Ainhoa; Vaamonde Gómez, Andrea; Vázquez Gómez, Noelia

3º ESO
Blanco Gens, Cristina; Castro Casal, Jacobo; Conde Rodríguez, Andrea; Conde Rodríguez, Sandra; Iglesias Rodríguez, Sara; Mato González, Daniel; Vidal Viturro, Alejandro

4º ESO
Baleirón Tato, Silvia; Bouzas Rey, Martín; González Pardal, Pablo; Iglesias Rodríguez, Zeltia; Otero Miguéns, Aroa; Pazos Miguéns, Alba; Pazos Miguéns, Esteban; Rivas Vázquez, Irene; Souto Piñeiro, Antonio Julián

Profesorado coordinador

Javier Santiago Caamaño; Xurxo Pombo Rego.

Xustificación

A sociedade actual é unha sociedade baseada no consumo, o que leva consigo a xeración dunha elevada cantidade de residuos nun curto período de tempo. Mentres en épocas pasadas os bens de uso doméstico e doutra índole tiñan unha longa vida, hoxe en día xéranse unha elevada cantidade de produtos que pasan a formar parte do lixo nun período extremadamente curto de tempo. Para evitar ser "afogados" polos nosos propios desperdicios, a sociedade demandou dun xeito cada vez máis intenso o uso racional dos bens que posuímos e un tratamento dos residuos que sexa o máis respectuosos posible co noso medio ambiente. Así xurdiu a filosófica das tres RRR, cuxo obxectivo era REDUCIR o consumo, REUTILIZAR todos aqueles produtos que aínda estivesen dentro da súa vida útil e RECICLAR as materias primas para reducir a presión e a contaminación do home sobre o medio ambiente.

Neste sentido, os residuos orgánicos son unha parte importante do lixo que xeramos na nosa vida cotiá. No caso concreto de Rois onde a gandería e a agricultura son unha parte importante do seu modus vivendi, os residuos orgánicos son quizais un dos máis importantes no concello. Por este motivo pensamos que estudar a súa xeración e xestión foi fundamental para concienciar aos alumnos sobre a responsabilidade individual na xeración de residuos e o coidado do medio ambiente.


Obxectivos

Entre os obxectivos que perseguimos co presente traballo estaban:
      1º) Valorar a produción de residuos orgánicos no Concello de Rois, determinar a súa orixe e cuantificar as cantidades que se xeran nos distintos eidos de actividade: doméstico, gandeiro, agrícola e forestal, fundamentalmente.
      2º) Determinar os camiños que seguen os distintos residuos orgánicos que son xerados polas distintas actividades.
      3º) Establecer en que proporción prevalecen as distintas vías de eliminación: reutilización (como abonos, alimento para o gando, combustible natural, compostaxe, etc.), eliminación controlada (vertidos residuais) ou vertido contaminante.
      4º) Estudar o fenómeno do compostaxe como unha das posibles solucións aos residuos orgánicos.
      5º) Aprender a montar e xestionar un composteiro doméstico.
      6º) Analizar cómo os residuos orgánicos poden contribuír non só a contaminación senon tamén a problemas de maior envergadura coma o cambio climático.
      7º) Sensibilizar aos alumnos na necesidade de adoptar un comportamento responsable con respecto ao consumo, á xeración de residuos e o respecto e conservación do medio ambiente.
      8º) Concienciar ao alumnado de que a terra é tamén para as xeracións vindeiras, e que problemas como o cambio climático, a contaminación do medio ambiente e o esgotamento de recursos son un penoso legado para as xeracións vindeiras
      9º) Fomentar o traballo en equipo sen distinción de sexos, raza, idade, relixión,...
      10º) Elaborar un vídeo e unha presentación fotográfica sobre o desenvolvemento do proxecto.

Metodoloxía

A metodoloxía foi activa e participativa e incluíu os seguintes aspectos:

      • Elaboración e reparto de enquisas entre o alumnado para descubrir cal é o volume e utilización dos residuos domésticos en Rois.
      • Estudar como é a xeración de residuos orgánicos nunha explotación gandeira, e que camiño seguen os mesmos.
      • C)Estudar como é a xeración e utilización de residuos de orixe forestal
      • Estudar a utilización e xeración doutro tipo de residuos orgánicos (xardíns, serradoiros, incendios...)
       Estudar o proceso de compostaxe.
      • Analizar os vertidos
      • Realizar imaxes de vídeo e fotografías de todo o proceso.
      • Comparar con outros sistemas de tratamento de residuos (SOGAMA)
      • Realizar entrevistas a distintas persoas relacionadas co tema (concello, empresarios, etc)

Actividades

      1) Repartimos enquisas entre o alumnado para determinar a xeración de residuos no ámbito doméstico, forestal e agropecuario e o seu tratamento. Logo fixemos unhas gráficas e estudamos a través delas a xeración, xestión, concienciación, e outros aspectos sobre os residuos en Rois.
      2)Fixemos visitas a distintos domicilios de alumnos en Rois para constatar a xestión dos residuos orgánicos nas súas propias casas.
      3) Visitamos a planta de tratamento de residuos de SOGAMA.
      4º) Visitamos a experiencia de compostaxe e tratamento de augas residuais levado a cabo na UDC por Manuel Soto Castiñeira.
      5º) Visitamos a planta de tratamento de residuos de Lousame.
      6) Entrevistamos a don Xosé Manuel Penas Patiño, ex-alcalde do Concello de Rois nos anos 2003-2007 para coñecer como Rois se integrou na Mancomunidade do Barbanza no tratamento dos residuos.
      7) Organizamos unha charla no centro sobre compostaxe, e un obradoiro sobre como construír e por en marcha un composteiro, impartida por unha educadora ambiental da asociación ecoloxista ADEGA.
      8º) Entrevistamos a Marta Domínguez, Técnica de Proxectos na planta de tratamento de residuos de Lousame.

Conclusións

O traballo desenvolveuse con máis dificultade do esperado por culpa do mal tempo persistente, que non permitiu facer actividades no exterior. Isto obrigou a concentrar un alto número de actividades durante o mes de Marzo e principios de Abril.

Desenvolvemos todas as actividades previstas e algunha máis, coa salvidade de que non puidemos afondar no uso dos residuos orgánicos agroganderos e forestais por non poder facer saídas, e tamén por coincidir con moitas outras actividades que se desenvolven no centro. Aínda así o grado de satisfacción coa consecución de obxectivos foi moi elevado.


Link Video Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=LpFhZz9JOxA

Recomendamos que actualice su navegador para la correcta visualización de los contenidos.
Chrome: Google Chrome - IE: Internet Explorer - Firefox: Mozilla Firefox
Se non pode visualizar algún dos contidos, instale o compoñente axeitado.
Memoria (PDF): Adobe Acrobat Reader - Vídeo (FLV): Adobe Flash Player - Presentación (PPT): Microsoft Powerpoint ViewerVolver arriba ^

Reciclando actitudes

IES Maximino Romero de Lema. Baio-Zas

Alumnado participante

3º ESO
Eva Allo Fuentes; Andrés Bouzas Nieto; Rubén Corzón Ordoñéz; Alba Costa Santos; Lucía Espasandín Soneira ;Noelia Fernández Novo; Francisco Figueiras Velo; Brais Gracía Eiroa; Francisco Gavín Villar; Moisés Órdoñez Rodríguez; Christian Pazos Lema;Cristina Souto Amigo; Laura Sofía Gónzalez Rojo; Laura Lema Silva; Daniel Mato Cereijo; Nair Mohedano Vázquez; Pedro Pérez Rodríguez; Xeila Pose García; Blanca Rodríguez Calo;Cristina Sacedón Costa; Daniel Santos Esmorís;José Antonio Souto Senande.

Profesorado coordinador

María Eiroa Álvarez; Carlos Fdez Concheiro.

Xustificación

O lixo e a súa xestión constitúen un dous problemas ambientais mais graves a nivel global. A maioría dos residuos que producimos non teñen unha xestión axeitada, e moitos deles rematan incinerados, en vertedoiros ou, o que é peor, nos mares.

En concreto, en Galiza xeramos máis de un millón de toneladas de lixo ao ano, cunha alta porcentaxe de plásticos, dos cales só un 10% se recicla oureutiliza.

Por todo isto, decidimos facer un vídeo, "A illa de lixo" que denunciase este grave problema e intentase concienciarnos a todos e todas da urxente necesidade de mudar moitos dos nosos comportamentos cotiás. O noso vídeo está baseado no filme do director brasileiro Jorge Furtado "A ilha das flores".

Ao mesmo tempo, iniciamos un proxecto de reciclaxe de papel, botellas de plástico, latas e móbiles no noso centro. Os centros escolares consomen ao ano unha gran cantidade de papel. Polo tanto, consideramos importante concienciar a comunidade educativa sobre a redución, reutilización e reciclaxe do papel.

Cada ano para facer pasta de papel é necesario talar unha superficie equivalente a 1 millón de campos de fútbol, é dicir, 1/3 da superficie de Galiza.

Para producir unha tonelada de papel precísanse 17 árbores, ademais de auga e enerxía, mentres que para 1 tonelada de papel reciclado non fai falla cortar árbores; só auga e enerxía.

Para levar a cabo o noso proxecto, colocamos en cada aula unha caixa de cartón e pedímoslles aos nosos compañeiros que depositaran alí o papel xa utilizado. Cada semana facíamos a recollida nas diferentes aulas. Finalmente pesámolo.

O noso principal obxectivo era que o alumnado e profesorado se afixera a tirar o papel na caixa de cartón e non na papeleira.

Mais, con este pequeno esforzo por parte da comunidade educativa conseguimos reciclar en só tres meses máis de vinte quilos. Polo tanto, ata final de curso evitaremos a tala dunha árbore.

Por primeira vez no noso centro, iniciamos a separación dos envases de plástico e latas, instalando na cafetería unha caixa para a recollida dos plásticos e outra para a recollida de latas.

Cada ano prodúcense 300 millóns de toneladas de plástico no mundo, das cales só se recicla o 10%.

Cada galego consome unha media de 238 bolsas de plástico cada ano, que acaban en gran parte nos vertedoiros pero tamén nos nosos ríos e finalmente nos océanos onde tardan séculos en degradarse.


Obxectivos

      1º)Coñecer a problemática do tratamento dos residuos sólidos urbanos.
      2º)Concienciarse de que a responsabilidade da preservación do planeta non é só colectiva, senón tamén, individual.
      3º) Aprender que os nosos hábitos cotiás producen unha enorme cantidade de lixo, moi difícil de xestionar.
      4º) Coñecer o impacto que a acumulación de lixo, nomeadamente plástico, está a causar nos océanos.
      5º) Concienciar á comunidade educativa da necesidade urxente de mudar os nosos hábitos de consumo para reducir a cantidade de lixo que xeramos, incidindo na redución, reutilización e reciclaxe.
      6º) Desenvolver o pensamento crítico e autónomo.

Metodoloxía

      1º) Saídas á contorna para estudar in situ o impacto que teñen os residuos sólidos na natureza.
      2º) Recompilación de información (na internet e na prensa) sobre a problemática mundial dos residuos e a súa xestión.
      3º) Traballo co alumnado participante nun proxecto de reciclaxe de papel, latas, envases de plástico e móbeis usados no noso centro.
      4º) Elaboración dun vídeo-documental.

Actividades

A proposta do CEIDA o alumnado visitou as instalacións da Planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de Nostián e unha experiencia de compostaxe na Universidade de A Coruña.

Iniciamos un proxecto de reciclaxe de papel, botellas de plástico, latas e móbiles no noso centro. Os centros escolares consomen ao ano unha gran cantidade de papel. Descubrimos que, cada ano, para facer pasta de papel, é necesario talar unha superficie equivalente a 1 millón de campos de fútbol, é dicir, 1/3 da superficie de Galiza. Para producir unha tonelada de papel precísanse 17 árbores, ademais de auga e enerxía, mentres que para 1 tonelada de papel reciclado non fai falla cortar árbores; só auga e enerxía.

Para levar a cabo o noso proxecto, colocamos en cada aula unha caixa de cartón e pedímoslles aos nosos compañeiros que depositaran alí o papel xa utilizado. Cada semana facíamos a recollida nas diferentes aulas. Finalmente pesámolo.

O noso principal obxectivo era que o alumnado e profesorado se afixera a tirar o papel na caixa de cartón e non na papeleira.

Mais, con este pequeno esforzo por parte da comunidade educativa conseguimos reciclar en só tres meses máis de vinte quilos. Polo tanto, evitaremos a tala dunha árbore.

Por primeira vez no noso centro, iniciamos a separación dos envases de plástico e latas, instalando na cafetería unha caixa para a recollida dos plásticos e outra para a recollida de latas.

Cada ano prodúcense 300 millóns de toneladas de plástico no mundo, das cales só se recicla o 10%. Cada galego consome unha media de 238 bolsas de plástico cada ano, que acaban en gran parte nos vertedoiros pero tamén nos nosos ríos e finalmente nos océanos onde tardan séculos en degradarse.

Para a realización do noso documental o alumnado participante visionou o filme "A ilha das Flores" e realizou, en conxunto, un guión adaptado aos nosos obxectivos. Procedemos posteriormente á rodaxe da curta, a gravación da voz en off e á montaxe.

O documental foi presentado a toda a comunidade educativa do noso centro.

Como actividade final, o alumnado participou na celebración do Día Mundial dos Océanos recollendo lixo na Praia de Traba, en colaboración con ADEGA (recollemos uns 400Kg, o 90% plásticos)

Conclusións

O alumnado deuse conta, co seu traballo, de que é necesario reducir o consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar: Substituíndo as bolsas de plástico por bolsas de tea (na fabricación de 5 bolsas de plástico emítese 1Kg de CO2), evitando os plásticos de usar e tirar, os produtos envasados en plástico e a auga embotellada (na produción de 5 botellas de plástico libérase á atmosfera 3Kg de CO2) Deste xeito poderiamos reducir ata un 70% os nosos residuos de plástico.

Co noso documental pretendemos que reflexionemos sobre o grave problema ambiental ao que se enfronta a humanidade pola grande cantidade de lixo que xera esta sociedade consumista.

Esperamos que anime a cambiar algúns dos nosos hábitos cotiás, contribuíndo a reducir así a contaminación do noso planeta, especialmente a dos nosos océanos.


Link Video Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=MLUqEZHqfi4

Recomendamos que actualice su navegador para la correcta visualización de los contenidos.
Chrome: Google Chrome - IE: Internet Explorer - Firefox: Mozilla Firefox
Se non pode visualizar algún dos contidos, instale o compoñente axeitado.
Memoria (PDF): Adobe Acrobat Reader - Vídeo (FLV): Adobe Flash Player - Presentación (PPT): Microsoft Powerpoint ViewerVolver arriba ^

Nos reaccionamos, E ti?

CPI Cernadas de Castro. Lousame

Alumnado participante

1ºESO
Iván Abeijón Martínez; Iria Agrelo González; Christian Barreiro Castro; Alexandra Bermúdez Cao; Alba Blanco Roo; Silvia Burés Sóñora; Yael Carnés Castro; Sara Carou García; Alberto Correa Lorenzo; Santiago Domínguez Moledo; Martín Filgueira Santamaría; Alexandre Giance Boullón; Tamara López Gómez; Marisol Lorenzo Saavedra; Alejandro Nimo Neira; Alfonso Oliver Iglesias; Aarón Pais Vidal; Verónica Penedo Sedofeito; Clara Queiro Yáñez; Marcos Quinteiro Calvo; Tania Quiroga Bargo; Pablo Rodríguez Freire; Alexandra Salazar Torrado; Tania Tubío Lois; Zaira Barcala Maneiro; Sara Castro Lorenzo; Rita Cernadas Tubío; Ángela Ces Filgueira; Natalia Coto Tomé; Ainhoa Errotaberea García; Claudia Figueira Caamaño; Sergio Fornís Vázquez ; Ramón José Laíño Alborés; Manuela Lamas Vallejo; Roberto Lareo Rañó; Antón Lorenzo Lojo; Alejandro Martínez Rodríguez; Adrián Mayo Piñeiro; Mario Méndez Ces; Laura Muñíz Fernández; Tatiana Nieto Busto; José Ricardo Ordóñez Laíño; Andrea Celeste Ouviña da Silva; Adrián Quinteiro Calvo; Eva Rodríguez Ces; Joel Romero Ouviña; Jesús Salanova García

Profesorado coordinador

María Jesús Rodríguez Rey (Coordinadora Biblioteca Escolar, Lingua estranxeira: Francés)


Profesores participantes

Rosa María Becerra Blanco (Titora de 1º ESO A, Ciencias Sociais); Adolfo Barcia Dopazo (Titor de 1º ESO B, Educación Plástica e Visual)

Xustificación

No curso 2008-2009 o CPI Cernadas de Castro participou no proxecto "Climántica" coa realización de dous blogues:

      www.cpi.cernadasdecastro.climantica.org
      www.tema.frances1.climantica.org

Ese mesmo curso o blogue temático acadou un premio da Xunta de Galicia.
Posteriormente, aínda que se traballou menos nos blogues, debido ao traslado de dous dos profesores impulsores do proxecto, e a implicación do resto do profesorado na posta en marcha doutros proxectos de TICs, o alumnado de primeiro de ESO e un grupo de alumnos máis veteranos seguiron traballando co proxecto, participando en obradoiros medioambientais organizados pola Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza, reciclando materiais, presentando traballos nos congresos Climánticos, etc...
Igualmente o profesorado seguiu a participar en cursos de formación e congresos organizados por Climántica.
Este curso pretendemos chegar por consenso co alumnado a cambios persoais de actitudes e a accións concretas en defensa do medio ambiente e da biodiversidade, e de loita contra a contaminación e o cambio climático, ademais de seguir traballando nos blogues.


Obxectivos

Globais:

      • Investigar sobre o cambio climático e as consecuencias deste no noso planeta.
      • Investigar sobre as accións a realizar para evitar e reverter o deterioro mediambiental. (reciclaxe, xestión de residuos, redución de consumo, etc…)
      • Sensibilizarse e comprometerse con actitudes e acción concretas para a mellor sostibilidade e mellora medioambiental.
      • Difundir as nosas investigacións e compromisos co medio ambiente.
      • Dinamizar a lectura científica a través da nosa biblioteca escolar.
      • Utilizar a biblioteca escolar como centro de información e recursos.

Específicos:

      • Concienciar ao alumnado da importancia do medio ambiente e dos problemas que o atinxen.
      • Comprender as ideas esenciais e as informacións específicas de textos escritos de un nivel de dificultade accesible ós alumnos (neste caso textos divulgativos ou científicos de temática medioambiental de distintos medios escritos: prensa, revistas, internet...).
      • Producir textos creativos a partires de pautas.
      • Comunicar necesidades e sentimentos básicos (acordo ou desacordo, oposición, dúbidas, preocupacións, etc..)
      • Producir mensaxes escritas e orais en situacións reais: posts, resumos, exposicións orais, powerpoints...
      • Utiliza-la experiencia de aprendizaxe das linguas aprendidas.
      • Reflexionar sobre as técnicas e estratexias de aprendizaxe.
      • Recoñece-las propias capacidades.
      • Utilizar con eficacia o material de aprendizaxe procedente de diversas fontes: audio, escrito, informático...) para reflexionar sobre la situación medioambiental presente; detectar problemas e expoñer solucións.
      • Traballar en grupo de modo cooperativo e organizado.
      • Amosar unha actitude aberta, curiosidade e interese por comunicarse co resto do grupo.
      • Aceptar a diferenza e manifestar unha actitude de interese e respecto para outros pobos e culturas, e outras maneiras de entende-la vida e o mundo.
      • Desenvolver unha actitude crítica respecto a información, as opinións, as hipóteses, os modelos e os estereotipos presentados.
      • Reflexionar sobre o propio comportamento e actitudes e establecer unha nova pauta de actuación chegando a unha actitude responsable e comprometida co medioambiente.

Metodoloxía

Os profesores implicados concibimos a educación como un proceso construtivo no que a actitude que manteñen profesores e alumnos permiten a aprendizaxe significativa. Os alumnos se converten en motor dun proceso de aprendizaxe ó modificar eles mesmos os seus esquemas de coñecemento. O profesor exerce o papel de guía ó por en contacto os coñecementos e as experiencias previas dos alumnos cos novos contidos. A nosa metodoloxía pódese resumir en:

      • A comunicación oral e escrita. Actividades para dotar ós alumnos dos contidos necesarios para expresarse oralmente e por escrito. Para elo séguense tres pasos:

      • Iniciar a práctica con actividades deseñadas para por en común coñecementos previos.
      • Practicar os novos contidos en combinación con contidos xa adquiridos dentro dun marco comunicativo que ofrece pautas de comportamento válidas na vida real. As actividades abarcan as catro destrezas básicas: entender, ler, falar e escribir.
      • Usar os novos contidos en situacións novas: posts, comentarios, foros...

      • A reflexión sistemática. Actividades para fomentar nos alumnos unha actitude de análise e reflexión sobre os contidos. Para que esta reflexión sexa frutífera e preciso:

      • Baseala en variadas actividades orais e escritas, e orientala con preguntas.
      • Guiar ó alumno na creación de resumos, sínteses e creación de materiais.
      • Fomentar o uso de materiais de consulta para reforzar e ampliar os coñecementos.
      • Fomenta-la indución e dedución de causas e efectos de actos concretos que modifican o medio natural.

      • As estratexias de aprendizaxe. Actividades para facilita-la aprendizaxe. Son moi variadas e contribúen, indirectamente, a fomentar a motivación dos alumnos:

      • Ser os protagonistas da aprendizaxe, escoitándoos e animándolles para que sigan as propias motivacións.
      • Organiza-lo aprendido.
      • Realizar gran variedade de actividades, individuais grupais e interactivas..
      • Recorrer a técnicas de aprendizaxe máis novidosas: Internet e as TICs.
      • Avaliar persoalmente o aprendido e o proceso de aprendizaxe, descubrindo aquelas estratexias máis útiles para cada un: ler, memorizar, crear, resumir, expoñer, ...
      • Os aspectos socioculturais: Actividades para informar ó alumno sobre aspectos da vida e valores propios doutros grupos humanos respecto a como sofren e afrontan os problemas medioambientais. Algúns medios son
      • Comparar problemas e solucións de outros grupos (asociacións, rexións, países) cos do propio entorno.
      • Detectar en prensa e literatura, na rede, etc. semellanzas e diferenzas nas actuacións fronte ao cambio climático, contaminación e consumo, comparalos cos propios.


Actividades realizadas

• Sensibilización: visionado de vídeos sobre a importancia do coidado do noso mediambiente e as consecuencias xa perceptibles da contaminación no noso planeta:

• Documentais e películas: Dinosaurios de Disney de Home de YannArthus-Bertrand, Marea Blanca de IsabelCoixet, El Clima: El Agua da BBC, colección de documentais de El País.

• Vídeos de youtube:
      • MidwayJourney:
      • http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=HF_sdJA2aIo
      • El cambio climático en 26 segundos:
      • http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=ufoPlBlZOCs
      • La isla de la basura del Pacífico:
      • http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=yltU9-Yv-9U
      • Kyoto educa: El cambio climático explicado a los escolares:
      • http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=a6vGJk5NqoA
      • Calentamiento global, spot animación 2009:
      • http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=qzUeWgYVKmI
      • Receta de composta casera para niños:
      • http://www.youtube.com/watch?v=werLVyiZS5g
      • Los animales salvan el planeta:
      • http://www.youtube.com/watch?v=vFa2NxAAdao

• Detección de diferentes problemáticas, problemas que xeran os residuos: diminución de especies, mutacións, contaminación do aire, auga, terra … etc.
• Os alumnos e alumnas realizaron un listado de problemáticas medioambientais tras o visionado dos vídeos.
• Realizaron un estudio medioambiental do colexio, elaboráronse propostas de mellora que foron entregadas á dirección do noso centro.
• Establecemento dos grupos e as temáticas a investigar.

• Organizáronse 4 grupos no primeiro trimestre para investigar sobre os problemas da contaminación:

      • O problema do metano
      • O problema da sobrepesca
      • O problema das mutacións
      • O problema da desaparición de especies de aves

• Organizáronse por parellas para detectar os problemas de sostibilidade do noso centro. Despois en gran grupo aportáronse propostas de solución.
• No segundo trimestre organizáronse tres grupos cos obxectivos de: crear unha obra de teatro, crear unha canción, organizar uns obradoiros para infantil e primaria.
• Investigación na biblioteca escolar por medio dos libros, revistas e Internet.
• Adicáronse 4 sesións na biblioteca á investigación, consultáronse os libros e as revistas dispoñibles na biblioteca: CERNA, ADEGA, GREENPEACE, MAR, ECOLOGISTA. Igualmente investigaron en Internet.
• Adicáronse 4 sesións na biblioteca a organización da obra de teatro, canción e obradoiros para os alumnos de infantil e primaria.
• Adicaranse aínda varias sesións a revisar os libros sobre medio ambiente e reciclado mercados e igualmente aos adicados ao problema do Prestige.
• Elaboración de conclusións, exposición das mesmas por medio de Powerpoints e exposicións orais.
• Os documentos consultados non trataban as temáticas seleccionadas polos grupos dunha forma axeitada ao seu nivel de 1º de ESO.
Atopámonos con información suficiente ou dun nivel superior: 3º/4º de ESO ou superior. Igualmente pasoulles cando consultaron por Internet.
• As noticias relacionadas co medio ambiente foron seleccionadas e expostas polos alumnos na propia aula.
• Elaboración de un vídeo para o CEIDA
• Seguimento das noticias relacionadas co medio ambiente en prensa, internet… elaboración dun dossier de prensa.
• Elaborouse un dossier de prensa, os alumnos buscaron, seleccionaron, e expuxéronas aos seus compañeiros.
• Actualización do blogue cos resultados das investigacións e os traballos realizados.
• As actualizacións pódense consultar en :http://cpi.cernadasdecastro.climantica.org/
• Realización de distintos obradoiros de reciclaxe. Foron os seguintes:
• Obradoiro de reciclado de papel.
• Obradoiro de produtos de limpeza de fogar alternativos e ecolóxicos.
• Obradoiro de confección de carpetas con cartóns, papeis ou telas de refugallo.
• Obradoiro de reutilización de papel: elaboración de manteis.
• Realización de carteiras con cartóns de leite.
• Queda pendente o último "O lixo noutros tempos" onde se revisará a xestión de lixo que se facía nos tempos dos avós ou bisavós. Impartirao Adega.
• Estudo da problemática dos aditivos presentes nalgúns alimentos.
• Visita á Central de Tratamento de Residuos de Servia (Lousame)
• Non foi posible porque non tiñan a idade mínima esixida para facer as visitas. Porén veu Marta Domínguez ao noso centro a falarnos sobre ela.
• Visita á Universidade da Coruña, ao composteiro, planta depuradora de augas residuais.
• Visita á Casa Grande de Xanceda, como exemplo de explotación gandeira ecolóxica e sostible.
• Realización de un fondo documental de fotografías sobre boas e malas prácticas na xestión de residuos e contaminación nos concellos de Lousame e Noia.
• Temos recompiladas as fotografías para unha exposición que se fará proximamente.
• Concreción dos compromisos persoais adquiridos por cada un dos alumnos/as como consecuencia das conclusións obtidas.
• Os rapaces elaboraron un obxectivo persoal para levar á cabo por eles mesmos na súa vida diaria. Pódense consultar no blogue antes nomeado.
• Os alumnos e alumnas fixeron dúas saídas pola contorna para recoller residuos do monte.
• Fíxose unha árbore de Nadal con cartón e outros sobrantes.
• Fíxose unha árbore de Nadal de libros na biblioteca do centro.
• Fíxose unha actuación no festival de Nadal onde se deron recomendacións para un nadal sostible.
• Elaborouse un cubo de 1 metro cúbico de volume e encheuse de lixo como modo de visualización do lixo producido como promedio por unha familia de 5 membros durante unha semana.
• Difusión do aprendido, conclusións e compromisos ao resto da comunidade educativa. Elaboración dun díptico divulgativo.
• Elaboramos un listado para un Nadal ecolóxico que entregamos ás familias xunto coas recomendacións de lectura da biblioteca.
• Tiñamos pensado elaborar outro díptico divulgativo para as familias pero recibimos folletos sobre separación de residuos e de compostaxe que nos facilitaron dende a Planta de Reciclaxe da Comunidade de Residuos do Barbanza; igualmente os monitores de Adega nos trouxeron folletos sobre produtos de limpeza de fogar alternativos e ecolóxicos. Dado que estes folletos foron xa distribuídos pensamos que non sería adecuado elaborar nós outro máis.
• Os distintos grupos elaboraron unha serie de actividades para divulgar e concienciar ao resto da comunidade escolar: Realización de unha obra de teatro, creación dunha canción, elaboración de talleres divulgativos e de reciclaxe para infantil e primaria.
• Utilizouse unha mascota chamada "Reciclón" e contruise outra chamada "Treserres", ambas elaboradas con material de refugallo, que foron os protagonistas dun conto cooperativo feito por todos os alumnos e alumnas de secundaria para o Día do libro do presente ano.
• Exposición dos materiais elaborados a partir da investigación e distintos obradoiros: exposicións fotográficas, produtos de limpeza, xoguetes feitos con refugallos, papeis reciclados, posters, powerpoints, etc…
• Realizamos unha pequena exposición na xornada dos encontros no CEIDA.
• Realizamos un vídeo-resumo de 10 minutos para o congreso do CEIDA.
• Realizamos un vídeo-resumo como o enviado ao CEIDA pero máis lento: 15 minutos de duración. Expuxémolo no monitor do colexio.
• Na aula de plástica estiveron expostos os manteis e carpetas.
• Realizaremos unha exposición coas fotografías proximamente.
• Está pendente de realización unha campaña de recollida de móbiles usados que serán enviados ao CEIDA.
• Faranse actividades/obradoiro con grupos de infantil e primaria nas vindeiras semanas.

Conclusións

Tras o traballo realizado o presente curso pensamos que os alumnos e alumnas teñen unha primeira formación e concienciación sobre o problema medioambiental dos residuos. Algúns deles e delas tomaron xa o tema moi en serio. Os demais, dada a súa idade aínda non pasou a converterse nunha actitude consecuente e sostida no tempo. Esperamos que sexa unha semente que agromará no futuro na súa vida e visión do mundo.

Documentos adxuntos:

- Recomendacións para un Nadal ecolóxico.

- Informe sobre reciclaxe e sostibilidade do CPI CERNADAS DE CASTRO.


Link Video Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=3Wy82vUU8F8

Recomendamos que actualice su navegador para la correcta visualización de los contenidos.
Chrome: Google Chrome - IE: Internet Explorer - Firefox: Mozilla Firefox
Se non pode visualizar algún dos contidos, instale o compoñente axeitado.
Memoria (PDF): Adobe Acrobat Reader - Vídeo (FLV): Adobe Flash Player - Presentación (PPT): Microsoft Powerpoint ViewerVolver arriba ^

Coida o que tes

IES Carlos Casares – Viana do Bolo (Ourense)

Alumnado participante

O alumnado participante neste proxecto foi o integrante do Programa de Diversificación Curricular de 4º de ESO. Son:

Alfonso Álvarez, Pablo; Borges Rodríguez, Susana; Garcia Sousa, Pedro; Jiménez Diéguez, Israel; Jiménez Vargas, Antonio; Macía Castro, Iván; Martínez Diéguez, Jénifer; Parajó Perianes, Jairo; Rodríguez Bermúdez, Jonathan; Romero Garcia, Bran

Profesorado coordinador

Ferreiro González, Carlos (valoración presentacións orais, difusión do proxecto en centros); Pérez López, José María (elaboración papeleiras, difusión proxecto en centros); Arranz Romero, Miguel Ángel (valoración presentacións orais); Crende Foubelo, Luis Felipe (valoración presentacións orais); Ponte Iglesias, David (taller reciclaxe papel); Villar Marcos, Ovidio (coordinador)

Xustificación

"Propuxémonos levar a cabo este proxecto para que a xente se decate de que hai que tirar o lixo ao seu contedor, e non en cunetas, vertedoiros incontrolados ou no noso propio patio escolar. Porque todo o lixo que estamos tirando onde non é está a contaminar o Medio Ambiente. Coa realización deste proxecto, teremos que ser os primeiros en cumprir coa natureza, xestionando os nosos propios residuos de forma adecuada. Queremos un patio limpo, aulas limpas, rúas limpas... Temos que ser nós mesmos os que esteamos concienciados. Así poderemos chegar máis eficazmente á comunidade educativa e, finalmente, á bisbarra. Por un entorno limpo."

"Coida o que tes" é un proxecto de divulgación científica nacido cunha idea moi clara: manter a nosa contorna limpa e coidada. Está constituído por tres fases fundamentais: observo, penso e actúo. Na fase de observación, analízanse as diferentes carencias ou déficits, como a falta de papeleiras específicas no noso IES, de contedores nos núcleos de poboación máis próximos ou a falta de información na práctica das 3R (reduce, reutiliza, recicla). Esta análise permítenos, tras unha profunda e compartida reflexión, tomar determinadas decisións, como a organización de talleres de reciclaxe de papel, a creación pola nosa banda de papeleiras de orgánicos, plásticos e papel para o noso instituto ou a elaboración de presentacións, carteis informativos e ata xogos que farán do coidado da nosa contorna unha práctica habitual.


Obxectivos

      1. Manter limpo o noso IES de envoltorios, envases, papel... especialmente o patio e os arredores, dando así unha mellor imaxe do centro e de nós mesmos.
      2. Concienciar á comunidade educativa da importancia de xestionar os propios residuos e do coidado do material.
      3. Favorecer que, tanto nos núcleos de poboación da bisbarra como no noso IES, se poida separar o lixo, en particular os envases e o papel.
      4. Transmitir a outros centros educativos da contorna a nosa experiencia.

Metodoloxía

A metodoloxía empregada é a de "traballo por proxectos". Atendendo ás necesidades, acudimos á formación necesaria: información sobre xestión de residuos, sobre o medio ambiente e o seu coidado, sobre diversos aspectos de contaminación, sobre como manexar un ordenador (xestión de imaxes, datos, gráficos, etc.), sobre como se recicla o papel... Traballamos sempre en grupo, ben o total da aula, ben en pequenos grupos para realizar tarefas concretas. O noso lugar habitual de traballo foi a aula de 4ºA, aínda que tamén utilizamos a aula de Informática, o laboratorio de Bioloxía, o propio patio e mesmo as aulas que nos facilitaron nos tres centros educativos da contorna aos que fomos co propósito de contar a nosa experiencia.

O feito de preparar a exposición oral e a presentación e vídeos de apoio para o día do congreso permiten traballar amplamente as competencias lingüística e dixital. Un proxecto deste tipo, permítenos, ademais, traballar outras competencias básicas, como a interacción co mundo físico (visita á planta de xestión de residuos SOGAMA en Cerceda, A Coruña), a competencia cultural e artística (elaboración de carteis, xogos informáticos...), a matemática (análise de diferentes datos e gráficos sobre contaminación), a social e cidadá (é un proxecto de divulgación dun tema crucial na vida das persoas), a autonomía e iniciativa persoal (permite ao alumnado investigar, seleccionar, elaborar e compartir múltiple información) ou o feito de aprender a aprender (podendo analizar o noso propio proxecto desde unha perspectiva exterior e crítica).


Actividades realizadas

Realizáronse as dez actividades propostas para conseguir acadar os obxectivos deste proxecto, as cales aparecen detalladas a continuación xunto aos indicadores correspondentes de telas conseguido levar a cabo.

Para o obxectivo 1

      1.a) Compromiso dos membros do grupo de non tirar lixo no IES. Indicador (avaliación): informe positivo emitido pola Xefatura de Estudos.
Esta actividade era totalmente necesaria para comezar o proxecto, pois non podemos aconsellar sobre algo que nós mesmos non cumprimos. O indicador figura como anexo a esta memoria.



      1.b) Creación dun grupo de observación de IES limpo, coa única finalidade de aconsellar cando unha actitude non sexa a correcta (un plástico tirado no chan debe tirarse á papeleira correspondente, a aula debe estar limpa de papeis...). Indicadores (avaliación): a creación do grupo aparece na nosa revista dixital http://www.ochoupindixital.blogspot.com; algún alumno ou alumna alleo ao grupo deste proxecto colabora con nós nas labores de observación.



O grupo de observación foi creado, aparece unha referencia a el na nosa revista dixital, O Choupín, concretamente no link: http://ochoupindixital.blogspot.com.es/2013/04/coida-o-que-tes.html. Non foi posible atopar colaboradores, aínda que houbo compañeiras e compañeiros que recoñeceron a labor do grupo tirando o lixo onde corresponde. O documento de creación do grupo así como o do compromiso de limpeza aparecen nun anexo a esta memoria.

Para o obxectivo 2

      2.a) Charla informativa, por aulas, sobre a importancia de xestionar os nosos propios residuos, mantendo así limpo o IES e coidada a natureza. Neste senso, tamén temos intención de montar un stand na feira das ciencias do IES (en xuño) coa finalidade de informar ao alumnado que o ano próximo cursará 1º de ESO e que nos visitará nesa data. Indicadores (avaliación): o grupo elabora unha presentación interactiva ao respecto e expona ao alumnado do IES; un dos stands da IV Feira das Ciencias é referente a este proxecto.



Esta actividade foi unha das máis esperadas, fundamentalmente por ser a primeira dunha serie nas que o grupo interactuou con alumnado doutros grupos, concretamente 1º de ESO. Cun comezo con máis nervios do esperado, o final da actividade foi o desexado, con intervencións e preguntas por parte do alumnado máis novo.

      2.b) Xogo de reciclaxe para alumnado de 1º de ESO. Trátase de averiguar se sabemos separar o lixo e, no caso de non ser así, aprender. Realizarase esta actividade dúas veces, con suficiente tempo polo medio e analizando os resultados.
Indicador (avaliación): mellora obxectiva dos resultados obtidos na primeira realización.

En principio pensouse en tres tipos de xogos: un de taboleiro (que hoxe en día está practicamente rematado), outro ao aire libre (que se executará o 5 de xuño, día do Medio Ambiente, nunha Feira de Ciencia en Vilariño de Conso, Ourense) e unha actividade interactiva para a pizarra dixital Smart, e que se pode descargar dende o seguinte link:
https://docs.google.com/file/d/0B2vGDl_e5HxORnpnMnV2RGs5S1k/edit.
Este xogo dixital, que tivo gran éxito nos centros escolares da contorna que se visitaron, consiste en arrastrar cada residuo ao contedor correspondente. Se o contedor escollido é correcto, o residuo desaparecerá dentro del, noutro caso o residuo volverá ao seu lugar de partida.



Temos que indicar que, por cuestión de tempo, non foi posible realizar unha avaliación final do alumnado de 1º de ESO. Aínda así, repartíronselles "localizadores" de contedores que xentilmente nos facilitaron en SOGAMA. Agardamos rematar esta actividade antes de finais de curso. Tamén hai que indicar que esta actividade se realizou para alumnado de primaria no colexio "Ávila Bustillo" da Veiga, con notable éxito entre rapazas e rapaces e recoñecemento por parte do profesorado.

      2.c) No noso IES realízase un control periódico por aula para decidir cal é a máis ecolóxica. Valóranse tres ítems: luces apagadas cando non fan falla, fiestras pechadas se a calefacción está acesa e a aula limpa. Nós propoñemos crear un cuarto ítem: coidado do material. Indicador (avaliación): Nas fichas de control de Aula Ecolóxica do curso próximo figura o cuarto ítem.

Esta actividade, de consecución prevista para o vindeiro curso, é xa unha realidade, e a continuación podemos ver o modelo de ficha que se segue actualmente para localizar a aula máis ecolóxica. O cuarto ítem é o incluído este ano a través deste proxecto.



      2.d) Confección de carteis publicitarios para colgar nos núcleos de poboación da bisbarra. Estes carteis estarán encamiñados a aprender a separar o lixo e a animar a facelo.
Indicador (avaliación): hai carteis colgados en núcleos de poboación dos concellos dos cales vén alumnado a Viana, que son: Viana do Bolo, Vilariño de Conso, A Veiga e A Gudiña.

A continuación podemos ver os modelos de carteis, para os que ademais se fixeron pegatinas, e varios lugares onde xa están colgados.





Para o obxectivo 3

      3.a) Realización dun taller de reciclaxe de papel. Unha boa ocasión será durante os días de avaliación previos ás vacacións de Nadal, cando se realizan outros obradoiros como confección de bombóns ou guitarra.
Indicador (avaliación): algún alumno ou alumna alleo ao grupo deste proxecto consegue elaborar unha folla de papel reciclado.

Non foi realizado na data prevista por cuestións de calendario de centro, aínda que si se levou a cabo e foi unha das actividades máis seguidas por todo o alumnado do centro. Participou con nós o grupo de 3º A, e na foto pode verse como un compañeiro e unha compañeira dese grupo conseguen facer sendas follas de papel reciclado.



      3.b) Confección de papeleiras de aula e de patio, para que xa non haxa escusa de ter que cruzar o campo de xogo para tirar o envoltorio do chicle.
Indicador (avaliación): fotografías dos dous tipos de papeleira nos seus respectivos lugares.

Hai varias papeleiras repartidas por todo o IES: de papel, envases, orgánicos... Na imaxe podedes ver un modelo de papeleira mixta e a súa instalación.



      3.c) Análise e reconto do número de contedores de diferente tipo nos núcleos de poboación da bisbarra, cando menos no caso no que haxa alumnado do centro vivindo neles, e no resto se é posible. De non haber suficientes, solicitaremos aos Concellos, na medida do posible, máis medios, mediante unha instancia.
Indicador (avaliación): informe numérico (en cifras) de contedores por tipo e núcleo de poboación.

Para levar a cabo esta actividade, o grupo repartiu un modelo de ficha de reconto entre o alumnado de transporte do noso IES. Así se recolleu información da maioría de núcleos de poboación da nosa bisbarra.



Para o obxectivo 4

      4.a) A través da nosa revista dixital ou ben a través de profesorado do noso IES que tamén imparte clases noutros centros da contorna, informaremos a outros compañeiros e compañeiras da nosa experiencia.
Indicadores (avaliación): publicación en http://ochoupindixital.blogspot.com dun artículo sobre a nosa experiencia; comentarios ao post dende diversos núcleos de poboación da bisbarra.

Toda a nosa experiencia está en: http://ochoupindixital.blogspot.com.es/p/coida-o-que-tes.html. Ademais, fomos a tres centros da nosa zona a contar a experiencia de primeira man: A Veiga, O Bolo e A Gudiña. Foi unha actividade xenial.



Conclusións

O I Congreso ReAcción foi unha oportunidade marabillosa para traballar as oito competencias básicas da ESO. Non cabe dúbida algunha. E, fundamentalmente, tres desas competencias: a lingüística, a través da redacción e exposición dos proxectos, a dixital, a través da elaboración das presentacións, e a autonomía e iniciativa persoal, a través de todo o proxecto en si. Esta última é a ciencia, pois con autonomía e iniciativa podemos chegar a calquera sitio. Sen dúbida, tampouco neste caso, intentaremos chegar a un II Congreso ReAcción. O único camiño para aprender ciencia é facer ciencia. O método científico, a mensaxe moral, os valores... non se contan, senón que se viven, e esta foi unha das mellores vivencias deste curso.

Tamén queremos agradecer dende aquí, e de todo corazón, o trato que recibimos en todos e cada un dos lugares que visitamos a través deste proxecto: os centros de ensino da Veiga, o Bolo e a Gudiña, as instalacións de SOGAMA e da UDC e, como non, ao persoal do Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, sé do CEIDA.


Link Video Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=d2jlrOutfz4

Recomendamos que actualice su navegador para la correcta visualización de los contenidos.
Chrome: Google Chrome - IE: Internet Explorer - Firefox: Mozilla Firefox
Se non pode visualizar algún dos contidos, instale o compoñente axeitado.
Memoria (PDF): Adobe Acrobat Reader - Vídeo (FLV): Adobe Flash Player - Presentación (PPT): Microsoft Powerpoint ViewerVolver arriba ^

A xestión dos residuos sólidos urbanos: dende o centro escolar ao concello

IES Lagoa de Antela. Xinzo de Limia

Alumnado participante

Christian Dacal Rohrbach; Marcos Dorado Fuentes ; Beatriz Arcos Salgado; Natalia Seguín Veloso; Laura Rivero González; José Antonio Bretaña Rodríguez; Melissa García Feijoó; Sonia Vázquez Blanco; Mª Cristina Araujo Amoedo; Edgar Álvarez Feijoó; Sandra Nóvoa Formoso; Noemí Fiz Alvar; Manuel Loertcher Prada; Ana Martínez Paz; Sheila Rodríguez Rodríguez; Germán Rodríguez Alonso; Iago Tejada Piñeiro; Hervé Rodríguez Parada; Adolfo Dacal Rodríguez; Laura Rey Estévez; Inés González Oliveira; Catherine Domínguez Gómez; Iván Feijoó Gómez; Jorge Cepeda Torres; Bruno Da Silva Alves; Marcos Valoura Fernández; Alexander Costas Vila; Miriam Rodríguez Díaz; Daniel González Devesa; Álvaro Feijoó Rodríguez; María González Sotelo; Juan Carlos Álvarez Pérez; David Gómez Muiños; Araceli Conde Castro; Sandra Araujo Javier; Saíd Carlos Bechiki Pérez; Raúl Pérez Iglesias; Alba Domínguez Morales; Taylor Carrasco Ferró; Clara Casado Rodríguez; Marcos Castro Paredes; Lara Colmenero Gamall; Deborah Loerstscher Prada; Adrián Gándara Pérez; Eva González Devesa; Leticia Añel Rodríguez; Iván Ebra Carrera; Iván Fernández Díaz; Óscar Devesa Fernández; Lucy Ashcroft ; Elena Carballo Folgoso; Edgar Pérez Rúa ; Xabier Rivero Carrera; Roberto Rodríguez Afonso; Antón Rodríguez Aguiar; Carlos Rodríguez Barrio; Laura Rodríguez Parada; Leandro Santamaría Salgado; Ángela Tejada Seoane; María Veloso Rúa; Daniel Pérez Salgado; Lucía Fernández Domínguez; Raúl Parejas Suárez; Andrea Pérez González; Elsa Rego Campos; Luis Francisco Rivas Fernández; Xabier Rivero Carrera; Roberto Rodríguez Afonso; Antón Rodríguez Aguiar; Carlos Rodríguez Barrio; Lorena Rodríguez Gómez; Nicole Rodríguez Gómez; Laura Rodríguez Parada; Paula Rodríguez Pérez; Ángela Tejada Seoane; María Veloso Rúa, Iván Villarino Gómez.

Profesorado coordinador

Ernesto Larrea Murueta-Goyen; Miguel Yebra Ferro; Tomás García García; José Antonio Alonso Piñeiro; Tomás García García; Mª Mar Fernández Souto; Eulalia Delgado; Mª Teresa Vázquez Montes.

Xustificación

Actividades desenvolvidas durante o curso académico 2012-2013 con alumn@s de 1ºde ESO, 3º da ESO, 4º da ESO e 1º de BAC.

Aos alumn@s cos que se traballou déuselles información sobre o control dos residuos, tanto aqueles que producimos nós directamente como aqueles que son produto dunha das actividades económicas máis importantes da Comarca na que vivimos e que levan, cando non hai un control deles, a graves problemas de contaminación das augas.


Obxectivos

Traballouse a nivel académico sobre os residuos: A súa problemática, a súa xestión e os posibles tratamentos, dende un enfoque ambiental da xestión dos residuos:

      1º) Non producilos
      2º) Stop ao consumo sen sentido
      3º) Reutilizar
      4º) Reciclar

Pretendemos interiorizar a idea da corresponsabilidade da xeración e tratamento dos residuos sólidos e especialmente aqueles residuos que inciden na contaminación das augas.
Pretendemos concienciar da importancia que ten a produción, tratamento e xestión dos residuos.
Pretendemos resaltar a importancia dunha boa xestión para que teña unha menor incidencia no medio; as repercusións a nivel de contaminación; as repercusións de cara a eles, a súa saúde e forma de vida.
Traballamos con eles de forma sinxela e con exemplos da posibilidade de facer tratamento de residuos.

Metodoloxía

1º) O tratamento de residuos sólidos de carácter orgánico.

• A compostaxe no centro:

      O tratamento de residuos orgánicos xerados no entorno do IES:

• Construímos unha pequena planta de compostaxe.

      Nunha zona do patio, protexida da insolación directa e con máis posibilidades de conservar a humidade se contruíu unha pequena planta de compostaxe. Se empregarán táboas de madeira tratada, que tivemos que comprar para evitar o seu deterioro, e se completará con materias que atopamos no centro para reutilizalos: aramios, malla de sombreado, etc, mercando elementos de ferretería como puntas, visagras, peches, etc..

O material que se está a botar para a súa descomposición: As follas das árbores, o resultados de podas, a sega da herba dos patios, parte dos residuos orgánicos do comedor e do Bar do IES.

As recollidas de material se realizan semanalmente (residuos orgánicos de BAR e Comedor). Estase en proceso de compostaxe, que de cara o vindeiro curso permitiranos facer balance do proceso, tendo en conta as características da instalación e as correccións precisas que iremos realizando: aireado, humidificación, sombreado, etc.

2º) O tratamento de residuos sólidos. O papel

• Recollida selectiva de papel

      Nas aulas do centro correspondentes a todos os niveis de ensino, localizados nos dous edificios que forman parte da infraestrutura do centro, se realizou a instalación de contedores por aula para esta recollida.

Informouse aos compañeiros da labor que se ía facer buscando o compromiso de cooperación nesta recollida.

• Retirada do papel dos contedores de aula.

      Cada semana se fai unha recollida do papel dos contedores, se pesa, e se realiza o vertido en contedores de recollida selectiva do lixo do concello.

• 3º) O tratamento de residuos sólidos. Os envases

• Recollida selectiva de envases:

      Cada semana se fai unha recollida do contido dos contedores habilitados para a recollida de envoltorios, bolsas, latas, botellas de plástico,… do consumo realizado no centro; se pesa, e se realiza o vertido en contedores de recollida selectiva do lixo do concello.

• Retirada do lixo deste contedores.

A súa valoración vertido en contedores de recollida selectiva do lixo do concello.

4º) A problemática ambiental dos residuos na comarca

Estudo sobre os residuos que afectan ás augas da comarca: a as augas superficiais e subterráneas a pouca profundidade

• A problemática das actividades derivadas do usos agrícolas e gandeiros da comarca. A súa incidencia: O problema na contaminación e proliferación de cianobacterias e bacterias fecais nas augas superficiais. Recollida de información dos estudos que se están a realizar. • Toma de mostras nas augas do río e cultivos bacterianos..

Realizáronse conferencias e charlas para recabar información da problemática por parte de Serafín González (presidente de SGHN) e Manuel García (do colectivo MEL e traballador en agricultura biolóxica).

5º) Os residuos sólidos urbanos.

• Recollida de información do volume , xestión e tratamento destes residuos a nivel da comarca.

6º) Proxección de vídeos, presentacións e películas que abordan esta problemática.


Actividades

As contempladas na metodoloxía empregadas.

Ademais:

      1º) Visita con alumn@s de 1º de Bacharelato, 4º da ESO e 3º da ESO a instalación de residuos urbanos de Galiza: SOGAMA, máis a planta de tratamentos de residuos da Universidade da Coruña.
      2º)Asistencia ao 1º Congreso Re-acción na sede do CEIDA no Castelo de Santa Cruz en Oleiros.
      3º)Saída para a toma de mostras de augas superficiais, especialmente en varios tramos do río Limia.
      4º) Visita ao EDAR do Concello de Xinzo para coñecer o tratamento que se realiza das augas residuais producidas no concello.
      5º) Saída ata o CDR "O VISO" en Lodoselo, para facer talleres e actividades sobre o tratamento de residuos, a súa reciclaxe, e xogos para exercitar a recollida, separación na vivenda e separación en contedores dos residuos sólidos urbanos.

Ao longo do curso recolleuse información fotográfica e en vídeo das diferentes actividades que se realizaron co que se fixo a montaxe en vídeo que se presentou no 1º Congreso Re-acción, máis fotografías das diferentes actividades que se foron realizando.

Calendario

A realización do composteiro realizouse ao longo do final do 1º trimestre do curso e no segundo trimestre, recibindo material orgánico xa dende o mes de marzo, coa idea de que a partir de xaneiro poida recibir o primeiro material orgánico. O proceso da compostaxe continúa a realizarse, sendo unha instalación permanente. No vindeiro curso poderemos aproveitar o primeiro compost xerado.

Coa recollida selectiva de residuos empezamos no 2º trimestre coa colocación nas aulas de contedores para a recollida de papel, previamente se prepararon as caixas para a súa recollida, e deuse información nas diferentes aulas.

A recollida de envases, comezou máis tarde, pola dificultade de conseguir contenedores, que se tiñan solicitado ao concello. Ao final conseguímolos por outras vías. Tamén se realizaron visitas informativas por parte do alumnado as diferentes aulas, explicando o que se pretendía realizar e pedindo a súa colaboración.

A saída para a toma de mostra realizouse no río: tomándose mostras de demanda de O2, osíxeno disolto, nivel de óxidos de nitróxeno, pH, temperaturas de auga e caudal. Quedou por facer a análise de coliformes, que unha vez solicitado reactivos e cultivos pretendemos facelo no próximo curso académico.

Contactamos coas persoas relacionadas con traballos sobre a contaminación das augas e levamos a cabo no centro conferencias con información do que está a ocurrir coa contaminación orixinada polo mal tratamento dos residuos das actividades agrogandeiras e o emprego de fertilizantes no agro.

Por último no terceiro trimestre fixemos unha saída ao centro de desenrolo rural do Viso en Lodoselo (Sarreaus) onde realizamos diferentes actividades, algunhas a maiores das programadas dentro do programa RE-acción:

      1º) Actividade de orientación na aula da natureza o aire libre para coñecer especies arbóreas autóctonas.
      2º) Talleres de reciclaxe no propio CDR do Viso onde os alumnos/as realizaron actividades como fabricar carteiras con tetrabricks, facer chaveiros ou colares de coiro, etc.
      3º)Actividade sobre a recollida selectiva de lixo a modo de xogo de puntuación con tarxetas.


Link Video Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=_5XbUDrFMUw

Recomendamos que actualice su navegador para la correcta visualización de los contenidos.
Chrome: Google Chrome - IE: Internet Explorer - Firefox: Mozilla Firefox
Se non pode visualizar algún dos contidos, instale o compoñente axeitado.
Memoria (PDF): Adobe Acrobat Reader - Vídeo (FLV): Adobe Flash Player - Presentación (PPT): Microsoft Powerpoint ViewerVolver arriba ^

Compostando e na horta sementando

Colexio Miraflores. Pereiro de Aguiar

Alumnado participante

Rodrigo Diz Saco; Paula Copo Currás; María Egea Fernández; Carlos José Vázquez Gómez; Marco José Pérez Vázquez; Carlota García Moreiras; Joel Fernández Vázquez; Wuimer Álvarez Célix; Lucía Belmonte Rodríguez; Eugenia Cabanelas Pérez; Claudia Cerreda Rey; Alba Cuadrado Garrido; Blanca Lucía Cuíñas Arce; Sheila Pousa Rodríguez; Uxía Quintero García; Patricia Rodríguez Álvarez; Aida Sánchez Novellas.

Profesorado coordinador

Javier Domínguez Pérez; Alba Santa Cruz Rodríguez; Remedios Forneiro.


Xustificación


A nosa participación no proxecto de Re-acción: COMPOSTANDO E NA HORTA SEMENTANDO non se pode entender fóra do contexto da nosa horta-curral autosostible e autosuficiente, xa que partiu das necesidades observadas no solo da mesma e nas dificultades do alumnado para separar e reducir a produción de lixo, por falta de consciencia e coñecemento.

Cando xurdiu a oportunidade de presentar un proxecto destas características consideramos oportuno buscar a maneira de que dende a comunidade educativa se educase no respecto, no coidado e na tolerancia no medio que nos rodea; sensibilizando e fomentando habilidades e competencias que o alumnado puidera aplicar ao longo da súa vida.

E conseguimos alcanzar boa parte dos nosos obxectivos e, os que aínda non, de seguro irémolos alcanzando en non moito tempo.


Actividades

Como menciona o título desta memoria, o proxecto centrouse na área de residuos, especialmente na compostaxe, e comprendeu dous aspectos diferentes. A investigación sobre a problemática de residuos e a necesidade e importancia de aplicar a regla das tres Rs (Reducir, Reutilizar e Reciclar) e tamén cómo facelo no noso día a día. Este foi o primeiro paso do noso traballo, e o segundo, aínda que en moitos casos simultáneo, foi a experimentación coa compostaxe.

Dentro da investigación, as nenas e nenos de 6º de primaria e 1º da ESO levaron a cabo pesquisas sobre os temas de estudo, e unha campaña informativa e de sensibilización no noso cole, para que tanto pequenos como maiores puideramos separar mellor o noso lixo e aproveitar o que aínda valía, así como ser máis conscientes do noso consumo e reducilo con pequenos xestos como apagar as luces e aforrar auga da billa.

Na primeira fase os alumnos buscaron información en fontes documentais e tamén preguntaron no noso entorno que era iso do compost, cómo se fai, para qué serve… e con a información obtida elaboraron folletos e presentacións multimedia. Tamén investigaron sobre o tema dos residuos e da separación dos mesmos, cómo debemos facelo para que poidamos despois sacar rendemento do que consideramos lixo pero que en realidade non o é porque aínda ten utilidade. Unha vez que contaban coa información necesaria fixeron tamén trípticos e presentacións coas que difundiron o seu coñecemento entre a comunidade educativa. Leváronse a cabo charlas entre os distintos cursos de Primaria, entre os profesores e tamén entre os PAS (comedor, monitoras…) para que todos nos puidésemos involucrar no proxecto.

Ademais, establecemos contactos con moita xente que nos axudou a saber máis sobre o tema, levamos a cabo unha campaña de comunicación mediante a cal organizamos visitas ao centro por parte de pais e nais de parte do alumnado que viñeron ao noso cole a contarnos cómo funciona o sistema de recollida e separación de residuos en Holanda e que nos fixo entender moito mellor a importancia dos nosos xestos.

Tamén nos visitou Pilar, unha técnica da Deputación de Ourense que nos falou sobre a xestión dos residuos no concello de Pereiro de Aguiar, a súa charla foi tamén de moita axuda para entender o que se fai co noso lixo. Pero non só buscamos que nos forneceran información senón tamén compartir os nosos descubrimentos, para iso enviamos cartas a outros coles da nosa congregación (tanto na Península como fóra dela) e ao noso partner-school en Reino Unido. Pero a mellor oportunidade para compartir experiencias foi sen dúbida a participación no I Congreso de Centros Educativos Re-Acción: ciencia, investigación e divulgación sobre residuos. Para iso preparamos unha charla e elaboramos unha maqueta e cartaces que recollen o desenvolvemento do noso proxecto, tamén da parte da experimentación. Fixemos unha maqueta con materiais reutilizados e reciclados da nosa horta-curral e da zona de compostaxe pero tamén como apoio visual elaboramos posters sobre cartolina e tamén nun roller para poder explicar en que consistía e cómo levamos a cabo o noso proxecto.

Na parte máis práctica do proxecto está o proceso para a elaboración e experimentación co compost, para a cal foron precisos algúns pasos previos:conseguir a materia orgánica que compostar e construír os nosos composteiros. Para facer os composteiros utilizamos malla metálica e tela de rafia negra cos que fixemos dous cilindros sen base pero con tapa nos que colectamos a materia orgánica. Ademais, procedemos á instalación de colectores para lixo orgánico en diversas partes do noso colexio que permitiron recoller ese tipo de lixo separado e así botalo no composteiro. Como dixemos,tamén ese colector o construímos nós, con malla metálica e tea de rafia, e coa axuda de Francisco (encargado de mantemento) e o traballo das clases de sexto e primeiro da ESO. Unha vez listo instalámolos na área da horta-curral. Con quendas de recollida (ver anexo táboa quendas) e control do proceso (medida de temperatura, aireado, aporte de materia seca rica en carbono, balance seco-húmido…) fóronse depositando os refugallos orgánicos que se converteron en compost de calidade que xa está a enriquecer o solo da nosa horta. Puidemos comprender qué é o que ten lugar no pequeno mundo do composteiro, e entender un pouco máis cómo funciona o noso mundo.

Ademais puidemos gozar de dúas visitas que nos axudaron moito a comprender o proceso de compostaxe e a súa importancia na xestión de residuos: unha visita á Universidade da Coruña, onde puidemos ver o proxecto que están levando alí a cabo coa compostaxe e o seu composteiro experimental e tamén á planta de compostaxe de restos de xardinaría e viveiro do Concello de Ourense, onde nos explicaron o proceso con cantidade máis grandes, non de refugallo doméstico.

E todo isto e moito máis é o que contamos no Congreso. Cómo co desenvolvemento deste proxecto logramos mellorar a nosa horta, e tamén nós mesmos!

Calendario





Conclusión

Os resultados acadados coa nosa participación no proxecto e as oportunidades que nos deron o CEIDA e o FECYT foron moi positivos. Ademais de acadar todo o que xa comentamos nos apartados anteriores conseguiuse espertar o interese pola investigación científica e o seu entorno, entender que a ciencia non está só nos libros e laboratorios, e ver a súa aplicación no día a día, cómo pode contribuír á mellora das nosas vidas e da nosa sociedade. A metodoloxía de intercambio proposta fomentou ademais o desenvolvemento de habilidades sociais e comunicativas con persoas de distintos contextos sociais, lingüísticos e culturais, o que fomentou o establecemento de sinerxias e colaboracións tan necesarias na nosa sociedade (comunidade educativa, concellos, deputación, outras escolas dentro e fora da congregación…).

Anexos

Cartas enviadas á administración e outros centros.



Charla informativo a alumnado do centro



Charla informativa ás traballadoras de cociña e comedor.



Visita dunha nai do centro que nos explicou a xestión de residuos nos Países Baixos.



Os nosos composteiros na zona de horta-curral



Recollida do colector de lixo orgánica no comedor do profesorado



Os nosos composteiros [maqueta]



Construcción da maqueta



Video para o Congreso Re-acción.




Link Video 1 Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=zv3WRrP4OKY
Link Video 2 Youtube: http://www.youtube.com/watch?v=qvIlZhqgFgQ

Recomendamos que actualice su navegador para la correcta visualización de los contenidos.
Chrome: Google Chrome - IE: Internet Explorer - Firefox: Mozilla Firefox
Se non pode visualizar algún dos contidos, instale o compoñente axeitado.
Memoria (PDF): Adobe Acrobat Reader - Vídeo (FLV): Adobe Flash Player - Presentación (PPT): Microsoft Powerpoint ViewerVolver arriba ^