Test de Biodiversidade

Usted está aquí

Test de Biodiversidade CEIDA
Fecha
Sábado, 1 Junio, 2013
Lugar

Encoro de Abegondo-Cecebre

Organiza

CEIDA. Patrocina: Consorcio das Mariñas

Colabora

Concello de Abegondo, Grupo Hábitat, Biodiversidad Virtual

Dirigido a

Público xeral

Descripción

O encoro de Cecebre está situado na confluencia do Río Mero e o seu principal afluente, o Barcés, actualmente é un dos humidais de maior interese de Galicia. Construíuse en 1975 coa finalidade de abastecer a cidade da Coruña e parte da súa área metropolitana de auga. Presenta un elevado grao de naturalidade e unha notable beleza paisaxística motivo polo cal está incluído na Rede Natura 2000 e declarado pola Comunidade Autónoma de Galicia como LIC, Lugar de Interés Comunitario. A súa vexetación de ribeira (castaños, carballos, salgueiros, ameneiros, bidueiros, etc) moita dela anegada, serven de hábitat a numerosas especies de aves como garzas, cormoráns, águias peixeiras, miñatos, ánades, curuxas, etc, acompañados de outras especies de réptiles, anfibios e insectos, etc.

O Test de Biodiversidade é unha convocatoria dirixida a toda a cidadanía interesada en coñecer a diversidade paisaxística e natural do encoro. O obxectivo desta xornada é realizar fotografías da súa flora, fauna, paisaxe... para posteriormente subilas á plataforma dixital Biodiversidad Virtual ( http://www.biodiversidadvirtual.org/) onde un grupo de expertos categoriza e clasifica dita información.

Esta actividade forma parte do III Congreso Natureza e Imaxen organizado polo CEIDA co patrocinio do Consorcio das Mariñas. Descargar programa completo do congreso.

Inscripción

Entrada de balde. O único requisito é inscribirse a través do formulario de inscrición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Logo Ceida

Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio