O curso desenvolverase en 20 horas, distribuídas en sesións de 6 horas a tarde do venres, 9 horas durante o sábado, e 5 horas o domingo pola mañá:
Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Aula da Natureza de Crendes, Encoro de Abegondo-Cecebre
CEIDA, BioLearn
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
O curso introduce ao manexo das diversas metodoloxías utilizadas para o estudo de quirópteros. O coñecemento destas é fundamental para abordar calquera estudo ou seguimento ambiental que inclúa estas especies.
O curso está dirixido a profesionais do Medio así como estudantes e titulados en disciplinas afíns. Se ben, toda aquela persoa interesada na temática pode participar. Non son necesarios coñecementos previos.
Abordarase desde unha perspectiva eminentemente práctica apoiada nunha exposición de contidos teóricos. Será o alumno/a quen toma o papel activo a través das ferramentas, técnicas e equipos necesarios para o estudo dos quirópteros.
Xosé Pardavila e Adrián Lamosa (www.biolearn.org)
Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org