Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world

Usted está aquí

Encontro Internacional Crebeiros no Mundo CEIDA
Fecha
De Sábado, 29 Octubre, 2016 hasta Domingo, 30 Octubre, 2016
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA, RetoqueRetro, Mar de Fábula

Contenidos

SÁBADO 29. 11.30-13.30 h.

  • Inauguración e presentación da xornada.
  • Proxección do tráiler do documental “Midway” de Chris Jordan.
  • Presentación de RetoqueRetro, ‘Paus mariñeiros’.
  • Presentación de Prestgaard/Andersen dende Noruega.
  • Presentación de Mar de Fábula e a súa relación ca arte e as crebas.
  • Proxección do traballo da artista estadounidense Pam Longobordi (Drifters Project).
  • Proxección do traballo da deseñadora de moda con lixo mariño española, afincada en Inglaterra, Mariana The Ocean Corner.
  • Ronda de preguntas.

SÁBADO 29. 16 h.

  • Limpeza da praia de Bastiagueiro + Obradoiro artístico de plásticos mariños. Actividade enfocada principalmente a nenos.

DOMINGO 30. 16:30 h.

  • Limpeza na praia de Bastiagueiro. Actividade enfocada principalmente a adultos pero moi apta para nenos que veñan acompañados dos pais. Ao remate, realizarasa unha escultura ou composicións artísticas co lixo recollido entre os participantes.
Descripción

Encontro internacional onde se falará das Crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como Arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. Temos a certa experiencia de que á sociedade non lle gusta mirar de fronte esta realidade a menos que se faga algo bonito e extraordinario co lixo. E o firme convencemento de que os obradoiros artísticos con lixo mariño son unha magnífica experiencia sensorial que facilita moito a comprensión e sensibilización a cerca desta problemática.

Inscripción

A actividade é totalmente gratuita, pero é preciso inscrición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Logo Ceida

Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio