Interpretación do patrimonio para comunicar mellor: Técnicas para conectar intelectual e emocionalmente ao visitante

Usted está aquí

Curso Interpretacion do Patrimonio para Comunicar Mellor CEIDA
Fecha
De Miércoles, 23 Noviembre, 2016 hasta Domingo, 27 Noviembre, 2016
Horario

O curso ten unha duración de 30 horas e se desenvolverá no seguinte horario:

  • Mércores 23 novembro: 16.30 - 20 h.
  • Xoves 24, venres 25 e sábado 26 novembro: 10 - 14 h. / 16 - 19.30 h.
  • Domingo 27 novembro: 10 - 14 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Objetivos

Xeral:

  • Coñecer novos enfoques e actualizacións da interpretación como estratexia de comunicación do patrimonio natural e cultural en entornos non formais.

Específicos:

Ao final do curso, os participantes serán capaces de:

  • Analizar o recurso, identificando conceptos tanxibles e intanxibles.

  • Empregar a metodoloxía T.O.R.A. (Sam Ham) para elaborar mensaxes interpretativas.

  • Desenvolver produtos interpretativos secuenciais e non secuenciais aplicando o "Proceso da Interpretación".

  • Aplicar técnicas creativas para transmitir mensaxes con emoción e efectividade.

Dirigido a
  • Persoas que traballen ou desexen traballar na interpretación e presentación do patrimonio ao público en espazos naturais, medio urbano, sitios históricos, xacementos e museos (educadores, guías, monitores...).
  • Profesionais e estudantes nos ámbitos do turismo, xestión cultural e medio ambiente.

O curso está HOMOLOGADO ademáis para Guías de Turismo de Galicia

Metodología

Se empregará a metodoloxía de obradoiro teórico-práctico. As sesións teóricas estarán apoiadas con ilustracións. As actividades prácticas se realizarán en pequenos grupos, e estarán enfocadas a aplicar conceptos, técnicas e procedementos de interpretación a recursos patrimoniais.

Imparte
  • Jorge Morales Miranda, consultor en Interpretación do Patrimonio
  • María Elvira (Mavi) Lezcano González, Escola Universitaria de Turismo (CENP)
Contenidos
  • A Interpretación do Patrimonio (IP) para xerar actitudes nos visitantes.
  • Obxectivos básicos, definicións e principios da IP.
  • Os tres piares que sustentan a IP: o recurso, os destinatarios e as técnicas.
  • Características do público non cautivo.
  • O recurso a interpretar:
    • O "potencial interpretativo": onde facer ou non facer interpretación?
    • Atributos tanxibles e conceptos intanxibles para conectar intelectual e emocionalmente cos visitantes.
  • A metodoloxía T.O.R.A. para “provocar o pensamento":
    • Comunicación temática, ordenada, relevante e amena.
    • Características das "mensaxes interpretativas".
    • Deseño de mensaxes interpretativas directas (relevantes) e centradas nunha idea principal (tema).
  • Interpretación Secuencial (atendida por persoal) e Interpretación Non secuencial (non atendida).
  • O Proceso da Interpretación para deseñar produtos interpretativos:
    • Aplicación do proceso a un caso hipotético.
  • Percorridos interpretativos guiados.
  • Señais e carteis interpretativos.
  • Exhibicións interpretativas.
  • Como pode a IP transmitir emocións?
    • Patrimonios que transmiten emocións/mensaxes que transmiten emocións.
  • Romper cos convencionalismos ao presentar o patrimonio ao público.
    • Ideas para pensar o patrimonio desde outra perspectiva.
Inscripción
  • Xeral: 95 €
  • Estudantes e desempregados: 75 €

Prazas limitadas por rigurosa orde de solicitude

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Logo Ceida

Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio