Salas de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Outono Fotográfico
Instantes, Festival de Fotografia de Avintes e CEIDA
Pereira Lopes, Marco Araújo e João Ferreira
O Outono Fotográfico é o Festival Galego de Fotografía; o decano da península ibérica, que chega neste 2016 á súa 34ª edición.
Este certame organiza exposicións e programas en espazos expositivos como galerías de arte, salas de exposicións institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude e de Cultura, lugares públicos, cafeterías... por toda Galicia e outros países.
Este ano o Outono Fotográfico, en colaboración con Instantes, Festival de Fotografia de Avintes, chega ao CEIDA a través dunha exposición colectiva de Pereira Lopes, Marco Araújo e João Ferreira.
... 20 anos despóis | Pereira Lopes
As Minas do Pejão (Portugal) comezaron a funcionar en 1886. Pecharon o 31 de decembro de 1994 despóis de ser deliberado o seu peche o 4 outubro de 1990, polo goberno daquel momento, liderado por Cavaco Silva.
O libro, que deu orixe a esta exposición, contempla máis de unha centena de persoas retratadas. Todas elas estiveron, dunha forma ou outra, ligadas ás Minas do Pejão, e pretende que representen os milleiros de persoas que traballaron nesa empresa, pioneira no desenvolvemento social, recreativo e cultural dos seus empregados.
20 anos despóis do peche, Pereira Lopes foi á procura do patrimonio humano. Dos homes e mulleres que alí traballaran. Quenes foron? Cal foi a súa función na empresa? Pasaron 20 anos, que fan agora?
Dos retratados, o autor viu historias e lamentos, e viu reencontros. Pero tamén viu lágrimas, polo estado en que, 20 anos despóis, atoparon as súas minas.
Algúns nunca entraran alí desde que pecharan!
“A fotografia também se faz de estórias, lamentos, reencontros e lágrimas”. Pereira Lopes
Pereira Lopes
António Manuel PEREIRA LOPES naceu en Porto, o 1 de outubro de 1955. Naquela época, os avintenses comezaban a nacer fóra de portas. Aos 11 días, xa recuperado do seu nacemento, foi vivir a Avintes. Ata hoxe.
O seu interese pola fotografía comeza aos 16 anos, cando aínda frecuentaba a Escola Industrial e Comercial de Vila Nova de Gaia e a revista “Amateur Photographer” era a súa lectura obrigada.
Comeza a fotografar, de forma sistemática, en 2005. En 2007, realiza un Curso de Fotografía, no IPJ de Porto con Miguel Ferraz.
En 2008 é convidado polo Instituto Português de Fotografia, a participar no libro “Olhares”. En febreiro de 2011, participou na súa primeira exposición colectiva, na Galería Olhos d’Arte, en Porto. A primeira exposición individual “Da luz e do olhar”, aconteceu na mesma galería, en setembro de 2011.
En 2014 foi o autor das fotografías do libro “20 Poemas en remanso”, con poesía de Carmen Muñoz. En outubro de 2015, editou o libro “...20 anos despóis” con retratos de antigos traballadores da Empresa Mineira do Pejão. En novembro saíu a segunda edición. E no 2015 foi o autor da cuberta do libro de poesía “À flor da pele” de Carmen Muñoz e da revista “Arte Fotográfica” #76.
As súas obras foron expostas en Portugal, España, Francia e Chipre.
É o director do iNstantes, Festival Internacional de Fotografia de Avintes.
PARATY | Marco Araújo
A cidade de Paraty, localizada ao sur do Estado de Rio de Janeiro, en Brasil, é considerada unha das cidades históricas brasileiras que máis preserva a súa historia e que nos leva aos tempos do Brasil, cando era colonia portuguesa. Paraty acolle diversos eventos anuais, como o famoso festival literario “Flip” e o festival fotográfico “Paraty em Foco”, este último cunha duración de cinco días e que congrega a unha gran cantidade de fotógrafos brasileiros e estranxeiros.
As fotos aquí expostas foron feitas en 2013 e 2014, no período do “Paraty em Foco” e nas visitas dos fines de semana.
Marco Araújo
Brasileiro, natural de Rio de Janeiro, 62 anos, enxeñeiro civil pos-graduado en Cálculo Estrutural, comezou moi novo na fotografía ao ser agasallado polos seus pais cunha máquina fotográfica “Kodak Rio 400”, un lanzamento de Kodak en homenaxe ao aniversario dos 400 anos da fundación da cidade de Rio de Janeiro, en 1965. De alá para acá nunca máis deixou de fotografar, suspendendo a actividade nalgúns períodos.
Araújo pasou a fotografar con máis énfase a partir do ano 2000. Dende entón non parou máis. A súa predilección polo branco e negro foi unha opción puramente financieira ao non dispoñer de recursos na súa adolescencia, e non atreverse co colorido en virtude dos altos custes de revelación en cor. Por iso, acabou por acostumbrarse, amando o branco e negro, como un adxunto primordial na súa vida fotográfica.
No seu currículo atópanse algunhas exposicións, como na Cidade de Porto en 2012 no Colectivo f4; na Câmara dos Vereadores de São João da Barra, norte do estado de Rio de Janeiro, en 2012; no Monumento à Estácio de Sá, no Parque do Flamengo, na cidade de Rio de Janeiro, en 2013; e na Cadeia Velha, na Prefeitura de São João de Barra, en 2014. E no Instantes 2015.
Participou en diversos concursos internacionais en América do Sur, América do Norte e Europa, recibindo algunhas mencións de honra.
1.3 BILLION | João Ferreira
1.3 Billion é unha narrativa fotográfica que retrata o cotidiano no país máis popular do planeta. China vive na actualidade unha transformación profunda, onde as persoas conviven co dominio tecnolóxico e coas tradicións milenarias da súa cultura.
Este traballo descata o ser humano e a súa contorna, cos outros e coa cidade. Un proxecto de 34 fotos en branco e negro, feitas en diferentes períodos desde finais de 2011, en varias cidades do Sur de China.
João Ferreira
João Ferreira naceu en Leiria (1976), onde reside e traballa. A fotografía acompañouno como un hobby, desde a década dos noventa, época na que, coa súa Zenit analóxica dos anos oitenta e de segunda man, deu os seus primeiros pasos no descubrimento desta paixón. En 2008 adquire a súa máquina DSLR. Entre 2010 e 2011 publica algunhas fotografías en revistas de automóbiles clásicos, en Portugal e Francia. Desde 2012 os temas dos seus traballos son adicados esencialmente á fotografía de rúa e documental, tendo algúns proxectos elaborados en Portugal, España, Francia, Estados Unidos, Cuba e China.
Exposicións individuais:
Horario
Entrada
Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org