O Concello de Oleiros presenta na sede do CEIDA o Proxecto Causas Comúns e a súa experiencia en Guinea-Bissau. O acto terá lugar o próximo mércores 25 de marzo ás 20.00 horas no Salón de Actos do Castelo, e contará coa participación dos seus principais promotores, o fotógrafo Gabriel Tizón e Boubacar Bjalo, coordinador rexional da Plataforma de ONG da cidade Bafatá, onde se desenvolve esta iniciativa.
O proxecto Causas Comúns, financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, nace no 2012 para afondar no cada vez máis evidente incumprimento dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa. No 2015 se desenvolve en Guinea-Bissau a través de diferentes actividades, coa idea de sensibilizar a todos os pobos a través da cultura e do intercambio de experiencias e coñecementos, achegando, unindo e compartindo como idiomas universais. A presentación contará cunha proxección dun audiovisual realizado en Guinea.
Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org