Esta sábado, 6 de agosto, o persoal do CEIDA montará unha mesa informativa no Parque de Santa Margarita (contorna da Casa das Ciencias), en horario de 17 a 20 h., dentro da actividade 'Parque das Utopías', proxecto cultural organizado pola Cooperativa de Xestión Cultural Culturactiva, en colaboración co Concello da Coruña, no que se desenvolverán diversas propostas musicais, teatrais e formativas, adicando esta fin de semana as actividades ao Medio Ambiente.
Pero o 'Parque das Utopías' é moito máis ca unha programación cultural para as familias: é un espazo aberto e colaborativo que convida a que soñemos un futuro mellor, máis solidario, igualitario e respectuoso, convidándonos a transformar a nosa realidade máis próxima.
Consulta a programación completa desta actividade na web do Concello da Coruña
Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org