Do 12 ao 17 de decembro o Concello de Culleredo e Swarovski Optik, en colaboración coa SGO, SEO/Birdlife, CEIDA e Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organizan o I Festival das Aves da Ría do Burgo. O evento inclúe actividades dirixidas a escolares de Culleredo con diferentes charlas sobre o naturalista galego Juan Lembeye e as aves da ría do Burgo, ademáis de observación e anelamento científico. O sábado 17 as actividades estarán abertas a toda a cidadanía: durante a mañá terá lugar unha observación de aves á altura do Xardín Botánico, así como diferentes obradoiros de anelamento e fabricación de comedeiros para aves. Durante a tarde, a xornada pecharase con catro charlas na Aula da Natureza Juan Lembeye. Todas as actividades son gratuitas e non precisan inscrición.
Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org