Interpretación natural e cultural: como comunicar mellor o noso patrimonio

Usted está aquí

Fecha
De Sábado, 11 Marzo, 2017 hasta Domingo, 19 Marzo, 2017
Horario

O curso ten unha duración de 24 horas e se desenvolverá nas seguintes datas e horario:

  • Sábado 11 de marzo: 9.30 a 14.00 h. e 16.00 a 19.30 h.
  • Domingo 12 de marzo: 10:00 a 14:00 h.
  • Sábado 18 de marzo: 9.30 a 14.00 h. e 16.00 a 19.30 h.
  • Domingo 19 de marzo: 10:00 a 14:00 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Objetivos

■ Xeral: coñecer novos enfoques e actualizacións da interpretación como estratexia de comunicación do patrimonio natural e cultural en entornos non formais.
■ Específicos: ao final do curso, os participantes serán capaces de:

  • Analizar o recurso, identificando conceptos tanxibles e intanxibles.
  • Empregar a metodoloxía T.O.R.A. (Sam Ham) para elaborar mensaxes interpretativas.
  • Desenvolver produtos interpretativos secuenciais e non secuenciais aplicando o "Proceso da Interpretación".
  • Aplicar técnicas creativas para transmitir mensaxes con emoción e efectividade.
Dirigido a
  • Persoas que traballen ou desexen traballar na interpretación e presentación do patrimonio ao público en espazos naturais, medio urbano, sitios históricos, xacementos e museos (educadores, guías, monitores...).
  • Profesionais e estudantes nos ámbitos do turismo, xestión cultural e medio ambiente.
Metodología

Se empregará a metodoloxía de obradoiro teórico-práctico. As sesións teóricas estarán apoiadas con ilustracións. As actividades prácticas se realizarán en pequenos grupos, e estarán enfocadas a aplicar conceptos, técnicas e procedementos de interpretación a recursos patrimoniais.

Imparte

Jorge Morales Miranda, consultor en Interpretación do Patrimonio

Contenidos
  • A Interpretación do Patrimonio (IP) para xerar actitudes nos visitantes.
  • Obxectivos básicos, definicións e principios da IP.
  • Os tres piares que sustentan a IP: o recurso, os destinatarios e as técnicas.
  • Características do público non cautivo.
  • O recurso a interpretar:
    • O "potencial interpretativo": onde facer ou non facer interpretación?
    • Atributos tanxibles e conceptos intanxibles para conectar intelectual e emocionalmente cos visitantes.
  • A metodoloxía T.O.R.A. para “provocar o pensamento":
    • Comunicación temática, ordenada, relevante e amena.
    • Características das "mensaxes interpretativas".
    • Deseño de mensaxes interpretativas directas (relevantes) e centradas nunha idea principal (tema).
  • Interpretación Secuencial (atendida por persoal) e Interpretación Non secuencial (non atendida).
  • O Proceso da Interpretación para deseñar produtos interpretativos: aplicación do proceso a un caso hipotético.
  • Percorridos interpretativos guiados.
  • Interpretación ambulante e espontánea.
  • Señais e carteis interpretativos:
    • Os textos interpretativos.
    • Os soportes e o deseño.
  • Exhibicións interpretativas:
    • Os textos interpretativos.
    • Tipos de exhibicións.
Inscripción
  • Xeral: 90 €
  • Estudantes e desempregados: 75 €

Prazas limitadas por rigurosa orde de solicitude

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Logo Ceida

Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio