O curso desenvolverase en 20 horas, distribuídas en sesións de 6 horas a tarde do venres, 9 horas durante o sábado, e 5 horas o domingo pola mañá:
Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Aula da Natureza de Chelo (Coirós) e río Mandeo
O curso introduce ao manexo das diversas metodoloxías utilizadas para o estudo dos morcegos. O coñecemento destas ferramentas é fundamental para abordar calquera estudo ou seguimento ambiental que inclúa estas especies.
Profesionais do Medio así como estudantes e titulados en disciplinas afíns. Se ben, toda aquela persoa interesada na temática pode participar. Non son necesarios coñecementos previos.
A formación abordarase desde unha perspectiva eminentemente práctica apoiada nunha exposición de contidos teóricos. Será o alumno/a quen toma o papel activo a través das ferramentas, técnicas e equipos necesarios para o estudo dos quirópteros.
Xosé Pardavila e Adrián Lamosa (www.biolearn.org)
Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org