A creación dunha AMP persigue unha serie de obxectivos. A continuación resaltamos os máis importantes.
- Conservar lugares de especial relevancia debido ao seu interese científico, estético, histórico, arqueolóxico ou cultural
- Protexer áreas con numerosas especies endémicas
- Axudar a protexer áreas terrestres, empregando as AMPs como áreas de amortecemento
- Conciliar o desenvolvemento económico co respecto ás especies e ecosistemas. Isto implica unha explotación razoábel dos recursos mariños e pesqueiros, basicamente, turismo e pesca
- Asegurar o benestar das comunidades locais
- Manter a calidade e a saúde do medioambiente, protexer as comunidades costeiras e os recursos explotados da contaminación e calquera outro perigo
- Reducir o número de conflitos entre os usuarios dos diferentes recursos costeiros, dividindo a área en zonas
- Facilitar o entendemento dos sistemas mariños e de esteiros con propósitos de conservación, educacionais ou turísticos
- Promover a investigación básica e aplicada tanto dentro como fóra da área protexida
- Permitir a implementación de plans de manexo experimentais nalgunhas partes da reserva e permitir os usos tradicionais que aseguren unha explotación continuada dos recursos naturais
- Favorecer o efecto reserva: a diversidade biolóxica, a estrutura de poboacións e comunidades, tende a retornar ao seu status orixinal anterior a acción do ser humano
- Favorecer o efecto refuxio: incrementar a biodiversidade debido ao retorno de especies pouco comúns
© CEIDA
Todos os dereitos reservados.
Diseño web TERRANOVA. Validar xhtml 1.0 Transitional.