Que é unha Área Mariña Protexida?
image:peixe na rede

As Áreas Mariñas Protexidas (AMP) son na actualidade unha das principais ferramentas de xestión das pesqueiras, ao que se engade a súa importancia na conservación da biodiversidade.

A Unión Internacional de Conservación da Natureza (IUCN,1988) definiu as AMPs como calquera área intermareal ou submareal, xunto coa súa columna de auga e a flora, fauna, historia e feitos culturais asociados, os cales foron protexidos por lei ou outro medio efectivo de protección de xeito total ou parcial da área delimitada.

Outra definición mais básica e xenérica dunha Área Mariña Protexida podería ser a seguinte: calquera zona mariña definida baixo lexislación para protexer os seus valores mariños.

Moitos son os diferentes tipos de valores que dan pé á súa creación: pesqueiros, conservacionistas, recreacionais, culturais, científicos, etc. Todos eles responden á necesidade de recuperar os ecosistemas mariños, moi degradados na actualidade debido aos impactos humanos, e sobre todo á sobrepesca, urbanización e vertidos.



logos

© CEIDA Todos os dereitos reservados.
Diseño web TERRANOVA. Validar xhtml 1.0 Transitional.