III Curso Fotografía de natureza: Composición fotográfica en espazos naturais

Usted está aquí

Curso Fotografia Natureza CEIDA
Fecha
Sábado, 17 Octubre, 2015
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Co apoio da Fundación Biodiversidad

Objetivos

Unir a fotografía coa natureza proporcionando aos participantes coñecementos básicos das técnicas de fotografía de paisaxes a distintas escalas, centrando a atención nas técnicas compositivas e mellora estética das instantáneas.

Dirigido a

Persoas con interese en sacarlle un maior partido á súa cámara fotográfica, reflex ou compacta, interesados en iniciarse na fotografía dixital e, de maneira particular, na fotografía de territorios e paisaxes.

Imparte

Javi Puertas www.territoriosfotograficos.com

Xeógrafo e fotógrafo de territorios e natureza. É socio da Asociación Española de Fotografía de Naturaleza, onde colabora activamente no Comité de Conservación. Nos últimos anos impartiu máis de 500 horas de formación fotográfica, especialmente fotografía de paisaxes e natureza, en colaboración con entidades como o Centro de Educación Ambiental de El Campillo no Parque Regional del Sureste, Centro de Educación Ambiental Casa de Campo do Concello de Madrid, a Reserva da Biosfera de la Sierra de Francia ou o CEIDA de Galicia, entre outros. As súas exposicións “Nuestros parques: territorios fotográficos”, “Patrimonios Verticales” e “El agua y sus paisajes” exhibíronse, entre outros espazos, no CENEAM e en espazos protexidos como os parques naturais do Alt Pirineu, Cadí-Moixeró e Montsant, en Cataluña, e a Reserva Natural Foz de Lumbier, en Navarra. Tamén deseñou e coordinou diferentes eventos e actividades, concursos, certámenes, visionados e xornadas.

Contenidos
  • 10 - 10.30 h. Presentación do curso e recepción dos participantes
  • 10.30 - 11.30 h. Fundamentos da composición de paisaxes e natureza
  • 11.30 - 12 h. Descanso
  • 12 - 13.30 h. Técnicas e recursos estéticos en fotografía de paisaxes
  • 13.30 - 15 h. Descanso comida
  • 15 - 16 h. Estética fotográfica de espazos naturais: auga, montaña e campo.
  • 16 - 18 h. Práctica fotográfica no entorno do Castelo de Santa Cruz.
Requisitos

Dispoñer de equipo fotográfico dixital, cámara reflex ou compacta, con controles manuais.

Inscripción
  • Entrada de balde.
  • Prazas limitadas

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Logo Ceida

Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio