Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Co apoio da Fundación Biodiversidad
Unir a fotografía coa natureza proporcionando aos participantes coñecementos básicos das técnicas de fotografía de paisaxes a distintas escalas, centrando a atención nas técnicas compositivas e mellora estética das instantáneas.
Persoas con interese en sacarlle un maior partido á súa cámara fotográfica, reflex ou compacta, interesados en iniciarse na fotografía dixital e, de maneira particular, na fotografía de territorios e paisaxes.
Javi Puertas www.territoriosfotograficos.com
Xeógrafo e fotógrafo de territorios e natureza. É socio da Asociación Española de Fotografía de Naturaleza, onde colabora activamente no Comité de Conservación. Nos últimos anos impartiu máis de 500 horas de formación fotográfica, especialmente fotografía de paisaxes e natureza, en colaboración con entidades como o Centro de Educación Ambiental de El Campillo no Parque Regional del Sureste, Centro de Educación Ambiental Casa de Campo do Concello de Madrid, a Reserva da Biosfera de la Sierra de Francia ou o CEIDA de Galicia, entre outros. As súas exposicións “Nuestros parques: territorios fotográficos”, “Patrimonios Verticales” e “El agua y sus paisajes” exhibíronse, entre outros espazos, no CENEAM e en espazos protexidos como os parques naturais do Alt Pirineu, Cadí-Moixeró e Montsant, en Cataluña, e a Reserva Natural Foz de Lumbier, en Navarra. Tamén deseñou e coordinou diferentes eventos e actividades, concursos, certámenes, visionados e xornadas.
Dispoñer de equipo fotográfico dixital, cámara reflex ou compacta, con controles manuais.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org