O Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga é un centro público de recursos de información e documentación sobre a Educación Ambiental e o Medio Ambiente.
O seu funcionamento é similar ao dunha biblioteca especializada e alberga nas súas instalacións un amplo e variado fondo documental con máis de 27.000 recursos bibliográficos.
O centro forma parte dunha rede estatal, RECIDA (Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental), que reúne a máis de 100 bibliotecas e centros de documentación representantes das distintas Comunidades Autónomas do estado español.
A importancia do centro de documentación radica na singularidade e especialización dos seus fondos:
O centro dispón dun catálogo en liña que permite coñecer a dispoñibilidade da documentación existente no centro e consultar o historial de préstamos.
Se vostede é usuario, a través do catálogo poderá ademáis xestionar reservas, renovar préstamos, crear listas de favoritos ou comentar os materiais, entre outras funcionalidades.
Pode acceder ao catálogo a través da seguinte dirección: http://documentacion.ceida.org
O Centro de Documentación está aberto a todas as personas que procuran información de carácter ambiental, ben para aqueles que desexan coñecer e disfrutar máis do seu entorno, como para aqueles que precisan documentación no seu ámbito profesional. Está dirixido, por tanto, a estudiantes de todos os niveis, docentes, educadores ambientais, investigadores, axentes sociais, empresas, técnicos, colectivos ambientais,... se trata dun servizo público aberto a toda a cidadanía en xeral.
Se está interesado en darse de alta como usuario do centro, cumprimente o seguinte FORMULARIO
Dende o ano 2022, o Centro de Documentación atópase ubicado nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, na seguinte dirección:
O horario de apertura é:
***Horario de verán (xullo e agosto):
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org