O vindeiro xoves, 26 de novembro, ás 19 horas, presentamos Arriegar es lo natural, da bióloga, docente e escritora Katia Hueso. Unha lectura de especial interese para familias e profesionais da educación que nos convida a reflexionar sobre a importancia de permitir que a infancia e adolescencia asuman riscos, exploren e experimenten, favorecendo a súa autonomía, confianza e desenvolvemento persoal.
Durante o acto, a escritora estará acompañada pola educadora na natureza e presidenta da Fundación Amadahi Paz Gonçanves.
Sobre a obra
Segundo as estatísticas, o mundo é un lugar máis seguro que hai cincuenta anos. A pesar diso, as leis, as políticas e a sociedade demandan o risco cero en calquera actividade, contorna ou situación para os nosos fillos. Pero pensémolo: é isto bo para eles?
Criar, educar aos nenos e nenas entre algodóns fainos máis fráxiles que nunca. Se nos asusta mandalos sós a comprar o pan, que sucederá cando teñan que facer a súa primeira viaxe sós ou superar algún contratempo na rúa?
Arriscar es lo natural busca poñer en valor o lado bo do risco, aquel que nos achega beneficios na vida familiar e persoal, e propón un cambio de ollada para que poidamos velo como unha oportunidade de crecemento e desenvolvemento, como un contrapunto positivo á idea de perigo.
Desde o nacemento á adolescencia e máis aló, a vida cotiá é un constante desafío —polo xeral, de baixa intensidade—, cheo de aprendizaxes útiles que teñen que ver con como agrandamos os límites da nosa zona de confort. Este non é un libro técnico sobre o cálculo de riscos, tampouco un canto á adrenalina e á temeridade. A exposición ao risco require de preparación, anticipación e capacidade de reacción, tamén de intuición e experiencia. Todas elas son ferramentas que se poden entrenar e cultivar, e nestas páxinas Katia Hueso móstranos como facelo para preparar aos nosos fillos e fillas para unha vida na que, sen dúbida, tarde ou cedo expoñeranse ao risco. Estariamos a facer abandono de responsabilidade se non permitimos que esas habilidades se adquiran desde a máis tenra infancia.
Está dirixido a calquera persoa interesada, aínda que resultará especialmente útil para as familias e para as persoas vinculadas ao ámbito da educación, o benestar, o traballo social ou o acompañamento da infancia e da mocidade.
Sobre a autora, Katia Hueso
Katia Hueso é nai, bióloga, e apaixonada da natureza. Traballa como consultora, formadora e docente en temas de medio ambiente, conservación da natureza e desenvolvemento sostible, con experiencia profesional en Europa, África, América e Asia. É profesora asociada da Universidade Pontificia Comillas, onde investiga sobre calidade ambiental e conservación de paisaxes culturais. No ano 2011, cofundou a primeira escola infantil moderna na natureza en España, a Escola Saltamontes, e pouco despois, a iniciativa Naturaleza Inclusiva.
Entre as súas publicacións destacan os libros “Somos naturaleza” (2017), “Jugar al aire libre” (2019), “Educar en la naturaleza” (2021) y “La naturaleza que nos cuida” (2024). En 2026 publica o seu último traballo, “Arriesgar es lo natural”, todos eles publicados por Plataforma Editorial.

Sobre Paz Gonçalvez
Paz Gonçalves López é presidenta da Fundación Amadahi, entidade xurdida tras máis de dez anos de experiencia da escola Amadahi, referente en educación na natureza en Galicia. Mestra con 36 anos de traxectoria profesional e profesora asociada na Universidade da Coruña, centra a súa labor na relación entre infancia, natureza, saúde e benestar. Impulsa proxectos de investigación, formación docente e innovación educativa con impacto social e ambiental.

Acto de presentación
O acto de presentación terá lugar o xoves, 26 de novembro, ás 19 horas, nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, actual sede da biblioteca e centro de documentación ambiental.
Agradecemos confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou no seguinte formulario:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org