• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Educación e Divulgación

Vostede está aquí

O CEIDA como centro de referencia para a educación ambiental en Galicia, está comprometido coa "educación ambiental de tódolos sectores sociais" do país e articula, para acadar este fin, unha serie de programas de educación e sensibilización ambiental dirixidos a todos os cidadáns e cidadás.

Moito se ten falado da función da educación ambiental na construcción do chamado "desenvolvemento sustantábel", mais para o CEIDA os obxectivos que debe perseguir son claros:

  • A educación ambiental ten que ser social, un proceso participativo que implique ás persoas e a os colectivos sociais, como centros de ensino, xestores e políticos, etc., na toma de conciencia, negociación e resolución dos problemas ambientais.
  • A educación ambiental ten que ser práctica, dirixida sempre á resolución da crise ambiental actual, identificando as relacións causa-efecto dos problemas socioambientais e investigando as boas prácticas que axudan a resolvelos.
  • A educación ambiental ten que ser crítica, denunciando as accións e desigualdades que causan ou agravan moitos dos problemas ambientais actuais.
  • A educación ambiental ten que ser integradora, xa que non desbota ningún coñecemento, ciencia, técnica ou ferramenta que axude no proceso pedagóxico, e tampouco desbota ningún eido, xa que contempla coa mesma relevancia o máis específicamente local e o mais global.

Todos estes principios son asumidos polo equipo educativo do CEIDA na súa praxe educativa, constituíndo tamén un criterio de calidade para os programas de educación e sensibilización ambiental que desenvolve.

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio