O Castelo de Santa Cruz e a súa contorna atraen unha gran cantidade de visitantes que se achegan a coñecer o patrimonio natural e cultural da illa. Por este motivo, o CEIDA contou ata o ano 2020 cun programa de exposicións temporais na súa pranta baixa, onde acolleu mostras de diferentes artistas (fotografía, pintura, escultura...) empregadas como medio de comunicación social e transmisión da beleza do patrimonio natural que nos rodea.
Dende o mes de xullo de 2020 a Sala de Exposicións acolle a mostra permanente EMSAMBLEISAAC, producida polo Concello de Oleiros, en homenaxe á figura de Isaac Díaz Pardo. A continuación pode consultar as exposicións de carácter ambiental que foron xestionadas polo CEIDA e acollidas no Castelo de Santa Cruz ata esa data.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org