Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Xunta de Galicia
A exposición 'Ilustradoras de Natureza' recolle o traballo de catro artistas (Encarna González, Lara Ingelmo, Marta Miñambres e Sandra Montañés) que, a través da súa sensibilidade e mirada persoal, amósannos distintos aspectos da nosa biodiversidade (o medio mariño, as aves da nosa contorna, as especies en perigo de extinción...).
Estudou Belas Artes na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, especializándose na rama de pintura. Dende sempre buscou o Paraíso e sentiu paixón polas aves, son as que a achegan a el, e por eso adícase en corpo e alma a elas. A súa obra é para sempre o Paraíso que se perdeu, o que ten unha Árbore da Vida e o que está cheo de aves. É o noso planeta solitario, procedente de aquel Paraíso, as aves que nos achegan por un instante á Terra Prometida.
Deseñadora gráfica e ilustradora profesional, ambos estudos desenvolvéunos na Escola Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. É a creadora da marca La Chica de la Cinta. Na súa mostra 'Extinción', Lara recolle 10 especies de flora e fauna que se atopan en perigo de extinción ou xa extintos por causa do ser humano. Con ela pretende facer fincapé en que a Terra é un lugar onde temos que convivir con outros animais, respetalos, coidalos e outourgarlles leis que os protexan.
Oceanógrafa de formación e ceramista de profesión, é a creadora de Neomys cerámica. Tras anos de traballo como bióloga en confrarías de pescadores, decidiu facer un cambio e adicarse ao que máis lle gusta: a cerámica e a ilustración. A súa exposición recolle unhas breves pinceladas do seu traballo: Pezas de cerámica creadas en torno oleiro, decoradas con engobes (unha mestura de barro, pigmentos e un pouco de esmalte) e ilustradas; cadros en cor realizados con lápis de cores; ou cadros en branco e negro pintados con rotulador de punta fina.
Graduada en Bioloxía pola Universidade da Coruña e especializada en Bioloxía Mariña na Universidade de La Laguna (Tenerife), actualmente combina a participación en proxectos de investigación, principalmente na conservación das poboacións de cetáceos, coa práctica e o prefeccionamento de ilustracións naturalistas do medio mariño, tratando de dar a coñecer a biodiversidade mariña e a importancia da súa conservación. Na súa colección mostra algunhas das especies mariñas presentes nas nosas costas, e as súas relacións con outras, realizadas mesturando a técnica de acuarela en papel coa ilustración en papel dixital.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org