O CEIDA está comprometido coa educación ambiental de todos os sectores sociais e articula, para acadar esta fin, unha serie de programas de educación e sensibilización ambiental dirixidos a toda a cidadanía. Entre os principais destinatarios ademais dos centros educativos, están todas aquelas entidades sociais interesadas en desenvolver actividades de educación ambiental que na convocatoria actual denominada Para Unha Transición Ecolóxica e financiada pola Deputación da Coruña versan sobre a emerxencia climática, o lixo mariño e os espazos naturais protexidos.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org