Dentro das necesidades da sociedade actual, o respecto e a conservación do patrimonio segue a ser unha materia pendente. As voces das comunidades educativas, identificadas no alumnado como actores transmisores, continúan a ser a mellor referencia dos movementos que se están a desenvolver para a difusión desa nova conciencia ambiental, que nace no xerme dos protagonistas das sociedades futuras. Desde o ano 2007 o CEIDA organiza congresos escolares co obxectivo de brindar aos centros educativos un espazo de intercambio e punto de encontro, promovendo na comunidade escolar o contacto entre os diferentes centros, e dándolle espazo á voz do alumnado a través da divulgación das súas investigacións.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org