Paraninfo da Universidade da Coruña
CEIDA
Deputación da Coruña
Dentro das necesidades da sociedade actual, o respecto e a conservación do patrimonio natural que nos rodea segue a ser unha asignatura pendente. O CEIDA ten unha traxectoria organizando Congresos de Educación Ambiental dirixidos aos centros de ensino de toda Galicia. No 2016 volvimos a convocar o VII Congreso de Educación Ambiental “Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural.”
As voces das comunidades educativas, identificadas no alumnado como actores transmisores, seguen a ser a mellor referencia dos movementos que se están a desenvolver para a difusión desa conciencia ambiental, que nace no xerme dos protagonistas das sociedades futuras. Ademais preténdese consolidar vías de comunicación e de colaboración cos centros de ensino, a través dun espazo de participación e debate.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org