• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Programa 'Para unha Transición Ecolóxica': Formación do Profesorado

Vostede está aquí

Programa 'Para unha Transición Ecolóxica': Formación do Profesorado
Prazas limitadas
Organiza

CEIDA

Patrocina

Deputación da Coruña, programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Obxectivos

O CEIDA como centro de referencia para a educación ambiental en Galicia, está comprometido coa educación ambiental de todos os sectores sociais e articula, para acadar esta fin, unha serie de programas de educación e sensibilización ambiental dirixidos a toda a cidadanía. Entre os principais destinatarios atópanse os centros educativos de toda a Comunidade Autónoma de Galicia, que ano tras ano participan nas diversas actividades que o equipo de educadores do CEIDA deseña segundo as caracteristicas e particularidadesdes de cada centro.

Polo tanto, o CEIDA, co apoio da Deputación da Coruña e a través do programa “Para unha Transición Ecolóxica”, pon en marcha, neste primeiro trimestre do curso 2026-2027, un programa formativo online para profesorado coa finalidade de achegar información e coñecemento sobre as problemáticas ambientais actuais, proporcionando recursos que lle sirvan para traballar estas temáticas na aula.

Somos conscientes de que na actual sociedade que estamos a vivir o eido ambiental cada vez corre máis risco e, por tanto, tamén é obxectivo dunha consideración maior, tanto a nivel social xeral como na educación formal a todos os niveis. É por iso que consideramos que estas actividades poden resultar útiles para o persoal docente que terá que traballar nalgún momento sobre temas ambientais vencelladas ao currículo escolar e aos contidos dos diferentes cursos académicos.

Está dirixido principalmente ao profesorado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional da rama científica, aínda que tamén poderá inscribirse o persoal docente doutras ramas.

A finalidade das actividades é tamén que o profesorado sexa protagonista e poña en valor as súas dúbidas, experiencias, ideas, inquietudes e cuestións de calquera tipo en relación ás temáticas traballadas.

O programa formativo online abarcará as tres liñas actuáis do programa 'Para unha Transición Ecolóxica':

  • O lixo mariño.
  • A emerxencia climática.
  • Os espazos naturais protexidos.
Obxectivos específicos
  • Informar sobre a problemática do lixo mariño e o uso de plásticos, xunto coas súas consecuencias.
  • Transmitir coñecemento sobre os Espazos Naturais Protexidos, os seus valores ambientais e sociais, e a importancia da súa correcta xestión e conservación.
  • Comunicar a problemática da Emerxencia Climática, os riscos que conleva, e a pedagoxía á hora de traballar sobre ela.
Horario e datas

As actividades terán lugar os xoves de novembro e decembro, en horario de 16:00 a 18:00 horas:

  • 19 de novembro: xornada sobre lixo mariño.
  • 26 de novembro: xornada sobre emerxencia climática.
  • 3 de decembro: xornada sobre espazos naturais protexidos.

As actividades son gratuitas e independentes entre sí, podéndose anotar a unha ou a varias diferentes, pero é imprescindible a inscrición previa.

Inscrición

As prazas son limitadas (no caso de que existan máis solicitudes que prazas disponibles tería prioridade o profesorado da provincia da Coruña).

Inscrición a través da web do CEIDA, a través do seguinte enlace:

           ​

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio