Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Deputación da Coruña
Centros de educación secundaria, bacharelato e ciclos formativos da provincia da Coruña.
O CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, como punto de referencia para a educación ambiental na comunidade galega, quere potenciar e difundir actitudes, comportamentos e prácticas sociais que axuden a acadar a sustentabilidade ambiental na nosa sociedade. Con diferentes actividades de carácter formativo, divulgativo e informativo pretende chegar a un amplo abano de destinatarios entre os que se encontran a comunidade escolar.
Entre as súas liñas prioritarias de traballo atópase a posta en valor do patrimonio natural galego e a concienciación sobre a necesidade de protexelo e conservalo. Deste xeito xurde o VI Congreso de Educación Ambiental “Espazos para Conservar. Defendamos o noso Patrimonio Natural”, co fin de despertar a sensibilidade ambiental entre os máis novos, e que se celebrou o 24 de maio de 2012 no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
Entre sos seus obxectivos, destacan:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org