• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

I Congreso de Educación Ambiental sobre Compostaxe para Centros de Ensino da Provincia de Pontevedra

Vostede está aquí

I Congreso de Educación Ambiental sobre Compostaxe para Centros de Ensino da Provincia de Pontevedra
Data
martes, 30 Maio, 2017
Lugar

Pazo da Cultura de Pontevedra

Organiza

CEIDA

Colabora

Deputación de Pontevedra

Dirixido a

Alumnos e alumnas dos centros de ensino primario dos concellos con centros de compostaxe comunitaria da provincia de Pontevedra

Descrición

O CEIDA ven desenvolvendo Congresos Escolares de distintas temáticas dende o ano 2007. Os congresos escolares foron concibidos, dende un primeiro momento, co obxectivo de brindar aos centros educativos un espazo de intercambio de experiencias e punto de encontro, ao tempo, que incentivar a novos centros a que traballen na conservación e divulgación do medio natural. Así mesmo, desde as primeiras edicións, búscase dar protagonismo ao alumnado para que sexa o voceiro da realidade ambiental do seu ámbito máis próximo.

Así, este I Congreso de Educación Ambiental para os centros de ensino da provincia de Pontevedra nace co fin de fomentar na sociedade a necesidade de colaborar na redución e correcta separación do lixo doméstico, canalizando as mensaxes que os rapaces e rapazas da provincia de Pontevedra farán a través dos seus proxectos de investigación.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Consolidar o Congreso como un espazo de participación e debate, destacando o papel dos centros educativos como difusores dunha nova cultura ambiental mais sustentable na sociedade.
  • Intercambiar experiencias e aprendizaxes entre alumnado e profesorado entorno á compostaxe, que promovan un cambio de actitudes e de responsabilidade na separación dos residuos orgánicos domésticos.
Proxectos e centros participantes
  • Do Composteiro á Horta. CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez. Lérez (San Salvador).
  • Compostando coas mans na terra. CEIP Valle Inclán (O Grove).
  • Cooperativa Riomaior. CEIP Plurinlingüe de Riomaior. Santa Cristina de Cobres (Vilaboa).
  • Compostarte. EEI Verducido (Pontevedra).
  • Noalla Compostando. CEIP Noalla-Telleiro (Sanxenxo).
  • A nosa vida no Toural: Ecolóxica, saudable e natural. CPI do Toural. O Toural (Vilaboa).
Galería de imaxes

I Congreso de Educación Ambiental sobre Compostaxe para Centros de Ensino da Provincia de Pontevedra     I Congreso de Educación Ambiental sobre Compostaxe para Centros de Ensino da Provincia de Pontevedra     I Congreso de Educación Ambiental sobre Compostaxe para Centros de Ensino da Provincia de Pontevedra     I Congreso de Educación Ambiental sobre Compostaxe para Centros de Ensino da Provincia de Pontevedra     I Congreso de Educación Ambiental sobre Compostaxe para Centros de Ensino da Provincia de Pontevedra

I Congreso de Educación Ambiental sobre Compostaxe para Centros de Ensino da Provincia de Pontevedra     I Congreso de Educación Ambiental sobre Compostaxe para Centros de Ensino da Provincia de Pontevedra     I Congreso de Educación Ambiental sobre Compostaxe para Centros de Ensino da Provincia de Pontevedra     I Congreso de Educación Ambiental sobre Compostaxe para Centros de Ensino da Provincia de Pontevedra     

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio