• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

II Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña

Vostede está aquí

II Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña CEIDA
Data
xoves, 29 Maio, 2008
Lugar

Casa da Cultura Pintor Lloréns (Sada)

Organiza

CEIDA

Colabora
  • Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Xunta de Galicia.
  • Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia
  • Concello de Sada
  • Voz Natura
  • Haley
Patrocina

Deputación da Coruña

Dirixido a

Centros educativos da provincia da Coruña

Descrición

O CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, como punto de referencia para a educación ambiental na comunidade galega, quere potenciar e difundir actitudes, comportamentos e prácticas sociais que axuden a acadar a sustentabilidade ambiental na nosa sociedade. Con diferentes actividades de carácter formativo, divulgativo e informativo pretende chegar a un amplo abano de destinatarios entre os que se encontran a comunidade escolar.

Entre as súas liñas prioritarias de traballo atópase a posta en valor do patrimonio natural galego e a concienciación sobre a necesidade de protexelo e conservalo. Deste xeito xurde o II Congreso de Educación Ambiental “Espazos para Conservar. Defendamos o noso Patrimonio Natural”, co fin de despertar a sensibilidade ambiental entre os máis novos.

O 29 de maio celebrouse na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada este II Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña co fin de que cada centro educativo presentase o proxecto desenvolvido ao longo do curso académico 2007/2008. Nesta edición foron case 250 alumnos os que, asesorados polo profesorado e co apoio do CEIDA, traballaron pola divulgación dos valores patrimoniais galegos. En total participaron trece centros da provincia da Coruña que expuxeron os traballos durante toda a xornada. 

Centros participantes
  • CPI Monte Caxado (As Pontes). Proxecto 'Aula de Medio Ambiente'.
  • CEIP de Carnota. Proxecto 'Mergullándonos nos Miñarzos'.
  • CPR Peñarredonda (A Coruña). Proxecto 'Aproximación á natureza galega'.
  • IES de Pastoriza (Arteixo). Proxecto 'planeta terra'.
  • IES Miraflores (Oleiros). Proxecto 'As Fragas do Eume':
  • IES Xosé Neira Vilas (Oleiros). Proxecto 'Recollida, tratamento e uso dos residuos extraídos da Ría do Burgo'.
  • IES Maximino Romero Lema (Zas). Proxecto 'O mar... gran escultor. Penedos de Traba e Pasarela II'.
  • IES Agra de Leborís (A Laracha). Proxecto 'Camiñando pola Costa da Morte: de Caión a Punta Nariga'. 
  • CEIP Pedro Barrié de la Maza (Sada). Proxecto 'As telleiras de Sada'.
  • IES Isaac Díaz Pardo (Sada). Proxecto 'Un tesouro descoñecido: as Brañas de Sada'.
  • CPI Os Dices (Rois). Proxecto 'Estudo e catalogación das árbores senlleiras do concello de Rois'.
  • IES Agra de Raíces (Cee). Proxecto 'Coñece o teu patrimonio'.
  • CPR Santa Xoana de Lestonnac (Ferrol). Proxecto 'Información = Concienciación'.
Información adicional

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio