Sala de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Instituto Español de Oceanografía
CEIDA
O Instituto Español de Oceanografía é un Organismo Público de Investigación pertencente ao Ministerio de Economía e Competitividade. Dedícase ao estudo do mar, especialmente ó relacionado coa sostibilidade dos recursos pesqueiros, o desenvolvemento da acuicultura e o coñecemento do medio mariño en xeral. Tamén presta asesoramento á Administración Xeral do Estado en temas de política pesqueira e mariña, e representa a España ante organismos internacionais relacionados coa pesca ou as ciencias mariñas.
O Centro Oceanográfico de A Coruña en colaboración co CEIDA, organiza a exposición Instituto Español de Oceanografía: 100 anos investigando o mar, dentro dos actos do I Centenario do Instituto Español de Oceanografía (IEO), e nela repásase o pasado, presente e futuro deste organismo.
Na mostra exhíbense, por unha parte, distintos aparatos usados habitualmente na toma de mostras nos barcos. Ademais dos aparatos de mostraxe, pódese ver diverso instrumental de laboratorio, incluíndo tanto aparatos antigos, como instrumentos de uso actual. Por outra parte, exponse unha interesante colección de animais mariños. Dentro desta colección destacan as espectaculares esponxas mariñas, así como as mandíbulas de quenlla. Tamén pódense ver corais de augas frías, estrelas de mar, ourizos, moluscos, etc. Mediante paneis didácticos explícase a historia e funcións do IEO, ademais das liñas de investigación do Centro Oceanográfico de A Coruña. A exposición complétase cunhas interesantes fotografías de organismos mariños e do traballo habitual desta institución.
Horario
Entrada
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org