• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Momentos: 100 anos a ombreiros de xigantes: os nosos primeiros parques nacionais

Vostede está aquí

Momentos: 100 anos a ombreiros de xigantes: os nosos primeiros parques nacionais
Data
luns, 15 Abril, 2019 a xoves, 6 Xuño, 2019
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Produce

Organismo Autónomo Parques Nacionales, Ministerio para la Transición Ecológica

Colabora

CEIDA

A exposición "Momentos"

Exposición fotográfica dos primeiros parques nacionais de España, o Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, e o Parque Nacional de Picos de Europa, con motivo da celebración do centenario que conmemoraron ambos espazos protexidos no 2018. Composta por 32 fotografías de grande formato, a mostra permite aos visitantes adentrarse na grandiosidade destes espazos protexidos en distintos momentos do pasado e o presente. Non pretende realizar un repaso histórico dos parques homenaxeados, senón aunar unha serie de relatos que, a través das imaxes, falan das súas múltiples facetas, abordando aspectos relacionados cos seus valores naturais e paisaxísticos, así como cos seus respectivos territorios.

A proposta expositiva, en liña co concepto da celebración do centenario, parte das palabras escritas pos Isaac Newton citando a Bernardo de Chartres: "Se vin máis lonxe é porque estou sentado sobre os ombreiros de xigantes", pois ao contemplar a inmensidade das paisaxes naturais de Picos de Europa e de Ordesa e Monte Perdido, enténdense en toda a súa extensión.

Horario de visita
  • De luns a venres: de 9 a 14 h.
  • Sábados: de 11 a 14 h.
  • Festivos: pechado

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio