Sala de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Confraría de Pescadores de Rianxo, Grupo de Acción Costeira 5 "Ría de Arousa"
CEIDA
Fondo Europeo de Pesca
Ardentía é un proxecto da Confraría de Pescadores de Rianxo e do Grupo de Acción Costeira 5 "Ría de Arousa". O seu obxectivo é recuperar e divulgar o patrimonio inmaterial ligado ao sector pesqueiro artesanal de Rianxo dende unha perspectiva histórica, como ferramenta que xere valor engadido ao territorio.
Rianxo é unha poboación históricamente ligada ao mar. O pasado, o presente e futuro de Rianxo está no mar, e compre non esquecer o pasado para afrontar mellor o futuro. A tradición, a cultura, a historia mariñeira e a pesca artesanal son os pilares sobre os que se asenta este proxecto.
A exposición Ardentía, de carácter itinerante, pretende transmitir e divulgar o patrimonio mariñeiro rianxeiro ao longo de toda a xeografía galega. Está formada por 14 paneis temáticos que percorren a tradición, a historia e a cultura mariñeira de Rianxo.
Horario
Entrada
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org