Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
María Coira
Esta exposición recolle os principais camiños artísticos polos que transitou a pintora María Coira nos últimos 8 anos da súa traxectoria.
María Coira nace nun cruce de camiños. De pai galego e nai vasca. Da man da pintora Nieves Corella é introducida nos círculos artísticos de Bilbao. Aos seis anos coñece a Jorge Oteiza que será para ela un referente artístico e vital. Dende nena se prepara co mestre Olartúa, na escola Leonardo da Vinci e no Museo de Reproducciones. Estudia Belas Artes en Madrid; estudia e traballa con Grau Garriga en Barcelona, con Lucio Muñoz en Madrid; continúa a súa formación con cursos na Escola Masana de Barcelona; curso de Videoarte con Muntadas, no Círculo de Belas Artes de Madrid; e cursos de Fotografía.Traballa no cine con Teo Escamilla e Ricardo Franco. Colabora coa Editorial Visor de poesía. Fai coleccións propias de xoias. A partir do ano 2000, por decisión propia, participa únicamente en exposicións colectivas. Viaxando por Europa e facendo unha longa viaxe á India en 2006.
Críticos/as, escritores/as, outros artistas, mais sobre todo poetas, escribiron sobre María Coira e a súa obra. Na súa páxina web, pódense atopar algúns deses escritos.
Horario
Entrada
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org