Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Mostra colectiva de 37 artistas integrantes da Asociación de Artistas Plásticos Galegos que recolle unha selección de obras (pintura, escultura e fotografía) coa natureza como temática común.
ARGA conta, na actualidade, con 70 artistas de todo o territorio galego que comparten a arte nas súas distintas modalidades: pintura, grabado, escultura e fotografía, incluindo a relación coa literatura e a poesía.
Nos seus estatutos defínense claramente os seus obxectivos: promover o progreso artístico dos seus asociados/as, defender e respectar os seus dereitos, e estimular o perfeccionamento artístico mediante actividades periódicas (feiras de arte, exposicións, simposios, edición de catálogos, certames de pintura, encontros, viaxes culturais, etc.), ademáis de dispoñer dunha sala de exposicións permanente.
Hoxe en día a súa sede social está na Coruña, na Rúa San Andrés, onde conta tamén cunha galería de arte, onde os socios e socias expoñen de maneira ininterrumpida as súas obras.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org