• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia

Vostede está aquí

Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia
Data
xoves, 1 Agosto, 2019 a sábado, 31 Agosto, 2019
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • AFundación.
  • Obra Social ABANCA.
  • ABANCA.
Colabora
  • Concello de Oleiros.
  • CEIDA.
A exposición

En agosto de 1924 desembarca no porto de Vigo, xunto ao seu pai, a fotógrafa investigadora da Hispanic Society de Nova Iork Ruth Matilda Anderson. Neste preciso momento comezaba a tomar forma unha aventura coidadosamente deseñada. 

Archer Milton Huntington fundara en 1904 The Hispanic Society of America, museo, biblioteca pública e institución educativa adicada á arte e á cultura do mundo hispánico. Huntington determinou que o seu museo incluiría un arquivo fotográfico, considerando a, nalquel momento, incipiente tecnoloxía como ferramenta de traballo para a investigación. Con este obxectivo adquiriu imaxes e promoveu expedicións. Ningún dos fotógrafos que enviou á Península Ibérica obtivo mellores resultados que Ruth M. Anderson. Ela realizou en Galicia dúas extensas campañas fotográficas, de 1924 a 1926, acompañada na segunda polo seu colega Frances Spalding, que definiron a metodoloxía fotográfica da Hispanic Society.

O traballo da xoven Anderon, dirixido por Huntington, convertíuse na busca e recompilación de evidencias das costumes do pobo galego, adicándose ao que resultaba máis difícil: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso. Ata entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do mar, nin a cultura material de Galicia foran obxecto de principal atención para a fotografía de modo tan exhaustivo.

  • CORRENTE CULTURAL

​En colaboración coa Hispanic Society of America, Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional 2017, este proxecto enmárcase dentro do programa Corrente Cultural, unha aposta de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e ABANCA, para difundir cultura por todas as comarcas galegas en colaboración cos concellos. Nesta ocasión, a exposición conta coa axuda do Concello de Oleiros e o CEIDA.

Horario de visita
  • De luns a venres: de 9 a 14 h. / de 17 a 20 h.
  • Sábados: de 11 a 14 h.
  • Festivos: pechado

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio