• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Conferencia + taller con Fernando Valladares

Vostede está aquí

Conferencia + taller con Fernando Valladares
Prazas limitadas
Organiza

CEIDA

Patrocina

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Conferencia ‘Non son tempos para a ciencia inocua e as maiorías silenciosas’
  • Data: mércores, 3 de decembro de 2025.
  • Hora: 19 h.
  • Lugar: Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
  • Descrición:  Fernando Valladares afirma que non estamos en tempos para unha “ciencia inocua” (unha ciencia que evita o conflito, que non cuestiona o poder nin as estruturas profundas), nin para “maiorías silenciosas” (cidadáns que non participan, que non se movilizan, pasivos). O científico defende que a ciencia debe de ser activa, relevante, comprometida cos grandes retos sociais e ambientais. Non basta con producir coñecemento, é imprescindible transformalo en acción e debate público. Con esta mensaxe clara e directa, Valladares falará durante a súa intervención de urxencia ecolóxica, do papel transformador da ciencia, e de de mobilización social, entre outras cuestións.
  • Actividade aberta a todos os públicos. Inscrición previa a través do formulario.
  • Para as persoas que non podan asistir, a conferencia poderá seguirse en streaming a través da canle de Youtube: https://youtube.com/live/nVREGp-XQOw?feature=share
Taller ‘Comunicando a crise ambiental: o como depende do quen’
  • Data: xoves, 4 de decembro de 2025.
  • Hora: 10-13 h.
  • Lugar: Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
  • Descrición: a comunicación é unha ferramenta fundamental para mobilizar accións e crear conciencia ambiental. No contexto de crise climática, perda de biodiversidade e outros retos ambientais aos que nos enfrontamos na actualidade, Fernando Valladares plantexa este taller que pretende xerar reflexión e ofrecer claves para comunicar estos temas, mostrando que a comunicación depende en grande medida do contexto e do público ao que vai dirixida.

    Tras unha charla introdutoria sobre experiencias na comunicación e co obxectivo de empurrar á acción, as persoas participantes organizaranse en grupos para levar a cabo un breve ensaio de comunicación dirixido a audiencias diferentes: ao congreso dos diputados, a uns amigos nun bar, a unha clase da ESO, a un consello de administración dunha empresa enerxética, a unha reunión de youtubers e influencers, e a unha plataforma cidadá preocupada polo sector rural. Un espazo para comprender que como se comunica depende do quen, é dicir, do público obxectivo, o contexto, o canal e a inteción comunicativa, cun papel crucial para a credibilidade científica e a construción da confianza social.

  • Prazas limitadas (máximo 30 persoas). Inscrición previa a través do formulario.
Fernando Valladares

Doutor é en Ciencias Biolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid e profesor de investigación do CSIC, onde dirixe o grupo de Ecoloxía e Cambio Global no Museo Nacional de Ciencias Naturais. É, ademáis, profesor asociado da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid. Publicou máis de 450 artigos científicos e libros en ecoloxía e bioloxía vexetal sendo un científico altamente citado na área de Ecoloxía e Medio Ambiente (atópase desde 2016 entre o 1% de científicos máis citados do mundo cun índice H de 85).

Actualmente é vicepresidente da Sociedad Ibérica de Ecología. A súa investigación está centrada nos impactos do cambio global nos ecosistemas terrestres e nos mecanismos de tolerancia e supervivencia a condicións ambientais extremas.

Contribúe semanalmente en numerosos medios de comunicación, realiza diariamente unha activa divulgación científica directa nas súas canles de “La salud de la Humanidad” en Youtube, Twitter, Instagram e Facebook, é responsable da sección Ciencia Critica de eldiario.es e escribe de forma habitual en diversos xornais como en The Conversation-España. Mantivo o blog Planeta Mutante no xornal Público entre 2011 e 2013.

En 2020 recibiu o premio de transparencia informativa da Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIA), a Distinción Ecosistemas Luis Balaguer da Asociación Española de Ecología Terrestre (AEET), o Climate Leader Award na categoría de Investigación e Educación concedido polo Climate Reality Project-España, e o Premio Adenex (Asociación para la Defensa de la Naturaleza y los Recursos de Extremadura) na categoría Científica.

Inscrición

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio