• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Esencia Salvaxe

Vostede está aquí

O olfacto ten unha relación moi especial coas nosas emocións e coa memoria. É o sentido que está máis directamente conectado con zonas do cerebro relacionadas con sentir e lembrar. Por iso, ás veces, un aroma pode levarnos directamente a un recordo antes mesmo de sermos capaces de identificar o que estamos ulindo. Pode devolvernos unha paisaxe, unha persoa, un momento ou unha emoción. Pode sorprendernos, espertar a curiosidade ou facer aparecer unha historia que permanecía agochada na memoria.

E nesa capacidade dos aromas para evocar e transportarnos nace   Esencia Salvaxe: experiencia sensorial entre aromas, literatura e natureza.

Durante a actividade, diferentes aromas relacionados coa natureza van guiando unha experiencia na que sentir, lembrar e compartir son parte da viaxe. As sensacións e evocacións que xurden atopan tamén un lugar nas palabras, a través da lectura en voz alta de textos seleccionados para dialogar cos sentidos.

Esencia Salvaxe é, así, un convite a experimentar a natureza doutra maneira: a través do olfacto, da literatura e das historias que cada persoa leva consigo.

A actividade estreouse en setembro de 2026 como unha experiencia piloto. A estupenda acollida por parte das persoas participantes e o interese que suscitou confirmaron o potencial desta proposta para achegarse á natureza desde unha perspectiva diferente, sensorial e literaria.

Por iso, Esencia Salvaxe pasou a incorporarse ao programa xeral de actividades da Biblioteca Verde do CEIDA, como unha nova proposta para explorar a relación entre natureza, sentidos, memoria e literatura.

Esencia salvaxe en imaxes

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio