O clube de lectura CLOROFILA é unha invitación para achegarse á natureza a través da literatura. Xa sexa dende a narrativa ou do ensaio, este clube pretende dar a coñecer obras de temática ambiental para explorar o mundo que nos rodea, creando un espazo para a conversa e o intercambio de ideas, unha chamada á acción a través da lectura.
Mais CLOROFILA é, sobre todo, un espazo para coñecernos e gozar das lecturas verdes, para o diálogo colectivo, para compartir, para falar de forma distendida e poñer en común temas ambientais e sociais que nos afectan a todos.

Está dirixido a todas aquelas persoas que lles guste ler, non buscamos un público experto nin comentarios especializados, só persoas dispostas a compartir con nós as súas impresións tras a lectura das obras propostas.
O grupo de lectura ofrece 15 prazas, e en cada convocatoria abrimos as sesións para que as persoas interesadas poidan anotarse e recoller un exemplar do libro, que sempre atoparán dispoñible en préstamo na nosa biblioteca verde.
CLOROFILA forma parte do clube de lecturas da Red de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA), por iso a maior parte dos títulos están escritos en castelán. Non obstante, trataremos de incluír obras en galego.
Para máis información: documentacion@ceida.org - 981 630 618
Neste momento estamos lendo:
![]() |
SILENCIO Autor: Agustín Agra Editorial: Galaxia Data da sesión: martes, 16 de xuño de 2026 Hora: 19 h. Sinopse:conxunto de relatos atravesados por unha escrita moi sensorial e delicada, onde a natureza ocupa un lugar central: bosques, animais, paisaxes e atmosferas convértense en espellos da propia condición humana. Os textos funcionan case como un caderno de campo literario no que cada historia explora emocións, perdas, viaxes interiores e pequenas revelacións. Máis que unha narrativa de grandes acontecementos, o libro propón unha lectura pausada e contemplativa, atenta aos matices e aos silencios que habitan tanto nos espazos naturais como nas persoas. A obra destaca tamén pola súa capacidade para conectar observación e pensamento, ciencia e literatura, facendo que as historias avancen entre o íntimo e o filosófico. Son relatos que convidan a ler devagar, deixando pousar as imaxes e as reflexións. Máis información do autor e do libro: https://editorialgalaxia.gal/produto/silencio/ |
Estas son as lecturas que xa limos no clube:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org