• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Maletas viaxeiras

Vostede está aquí

O CEIDA, a través do seu Centro de Documentación Ambiental, pon a disposición de todos os centros educativos varias coleccións de libros para achegar o medio natural ao seu alumnado. Con elas pretende dar a coñecer o patrimonio natural da nosa contorna máis próxima e fomentar a realización de actividades ao aire libre nos centros de ensino.

O préstamo das maletas viaxeiras é gratuito para todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, que poderán dispoñer dos materiais durante 1 mes (incluindo as datas de envío e devolución).

* Debido á alta demanda deste servizo, cada centro educativo poderá solicitar unha maleta por curso escolar

Maleta Naturalista: Coñecendo o Noso Patrimonio Natural

Descrición: A maleta naturalista inclúe guías de flora, fauna e fungos, cadernos de campo, e outros recursos didácticos que sirven de apoio ao traballo docente nas aulas. Son unha boa ferramenta para achegarse á natureza e poden empregarse como fontes de información de referencia á hora de realizar saídas de campo ou excursións cos alumnos.

Dirixidas a: Educación Primaria e Secundaria. 

Maleta Literaria: Contos para un Planeta
   

Descrición: A maleta literaria é unha colección de contos para achegarse á natureza a través da literatura. Trátase dunha selección de recursos motivadores para a educación ambiental, mais tamén para a animación á lectura, para imaxinar, divertirse, e emocionarse coas súas personaxes e historias.

A maleta literaria pretende que os nenos e nenas de idades temperás  se acheguen a mundos máxicos que están moito máis preto do que se imaxinan. Coñecerán criaturas e seres incribles que son imprescindibles para a vida na terra. E aprenderán a relacionarse co mundo que lles rodea. Porque a lectura pode ser unha ferramenta marabillosa para conectar coa natureza.

Dirixidas a:  Segundo ciclo de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria.

Maleta Mariñeira: Explorando os Océanos

Descrición: colección de libros informativos e álbumes ilustrados sobre a temática do medio mariño. Nacen co obxectivo de dar a coñecer e promover a cultura mariña e o coñecemento dos océanos na comunidade educativa, coñecida como 'cultura oceánica', así como as actuais problemáticas ambientais que ameazan a súa conservación, como a emerxencia climática ou o lixo mariño. Un recurso de apoio e complementario ao traballo desenvolvido nas aulas, co fin último de fomentar a reflexión e a adopción de actitudes e comportamentos positivos cara á conservación dos océanos.

As maletas mariñeiras forman parte do programa ‘Por unha Transición Ecolóxica’ que o CEIDA desenvolve co apoio da Deputación da Coruña, e apoian o Obxectivo número 14 “Vida submariña” dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para o ano 2030 (Axenda 2030), cuxa finalidade é conservar e empregar de forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños.

Dirixidas a:  Educación Primaria e Secundaria

  • Descarga o   listado  de recursos dirixidos a Educación Primaria (1º e 2º ciclo).
  • Descarga o   listado  de recursos dirixidos a Educación Primaria (3º ciclo) e Secundaria.
  • Accede ao   formulario de solicitude.
Maleta Climática: Muda o Clima, Mudemos nós

Descrición: colección de libros informativos e álbumes ilustrados sobre a temática da emerxencia climática. Nacen co obxectivo de que o alumnado de primaria comprenda a problemática do cambio climático e da crise global, coñeza os escenarios de futuro que podemos atopar se non comezamos a actuar de contado, así como as ferramentas que a cidadanía posúe para mitigalo. Porque a suma das nosas accións individuais poden repercutir de forma global na saúde do planeta!.

As maletas climáticas forman parte do programa ‘Por unha Transición Ecolóxica’ que o CEIDA desenvolve co apoio da Deputación da Coruña, e apoian os Obxectivos número 7 (Enerxía asequible e non contaminante), 11 (Cidades e Comunidades Sostibles), 12 (Produción e Consumo responsables) e 13 (Acción polo Clima) dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para o ano 2030 (Axenda 2030). 

Dirixidas a: Educación Primaria (2º e 3º ciclo), aínda que pola complexidade da temática, algúns dos recursos poden adaptarse a educación secundaria.  

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio