O Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga lembra a figura de Don Domingo Quiroga Ríos (1900-1991), o cal tivo un papel sobranceiro na defensa dos recursos naturais e do medio ambiente de Galicia. Foi o primeiro presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), asumindo dito cargo aos 74 anos de idade.
Contribuíu a chamar a atención sobre os perigos da enerxía nuclear e dunha industrialización non respetuosa co medio ambiente. Grazas á súa intervención, e á de outras persoas coa suficiente lucidez que tiñan que intervir na cuestión pública, Galicia puido liberarse nos anos 70 de aturar unha central nuclear ou novas fábricas de pasta de papel, das cales o impacto ambiental era xa evidente na ría de Pontevedra. |
En 1920 comezou as súas colaboracións en La Voz de Galicia, que, con algúns paréntesis, mantivo ata finais da década dos 80. Entre 1920 e 1930 permaneceu en EEUU, México e Cuba, traballando como redactor da revista El Eco de Galicia e de El Heraldo de Galicia, así como de colaborador de El País, e publicou El mito del Hispanoamericanismo (1927).
Ao seu regreso a Galicia (1930) reanudou os seus traballos na prensa (El Noroeste) e escribiu os folletos de carácter político: Quién es y a dónde va Santiago Casares e Una nueva política gallega. A súa obra Padre Maestro (1954) foi galardonada co premio "Valle Inclán", otorgado polo Centro Gallego de Buenos Aires. Tamén lle foi concedido o premio "Fernández Latorre" de La Voz de Galicia e "Daniel Calzado" da Real Academia Galega (1977).
Quiroga Ríos adicou gran parte da súa labor como publicista á pesca marítima, particularmente á galega, e entre outros traballos publicou: La pesca de arrastre en Galicia y sus problemas (1961); La pesca de la merluza con nudo gordiano (1968); Algunhas reflexións encol da economía pesqueira galega (1969), etc.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org