Vivimos unha época de grandes cambios, onde a tecnoloxía e, moi especialmente Internet, irrompeu na nosa vida cotiá. A pandemia incrementou a utilización de todo tipo de ferramentas tecnolóxicas, e a maior parte chegaron para quedar. As persoas estamos máis conectadas que nunca mais, ao mesmo tempo, vivimos illadas do mundo natural que nos rodea, con todos os efectos negativos que isto supón. É urxente, por tanto, que a cidadanía re-conecte coas contornas verdes, con todas as formas de vida que temos preto e que podemos tocar, cheirar ou escoitar. A lectura pode ser un bo vehículo de achegamento ao medio natural, pero se esta se realiza ao aire libre, o vínculo emocional increméntase. E se a estes dous praceres do ser humano, lectura e natureza, sumámoslle un terceiro ingredente, o pracer da comida, a maridaxe pode ser idónea para marabillarse e sentir a natureza dunha forma diferente.
O Centro de Documentación do CEIDA puxo en marcha no 2021 o Ecomenú Literario, actividade de lectura en voz alta para achegarse á natureza a través dos libros e das palabras. O seu obxectivo é crear un espazo para a lectura colectiva e a reflexión e para reconectar co medio natural máis próximo. A actividade está pensada para realizarse ao aire libre, con público adulto, en grupos de 12-15 persoas, co fin de crear un ambiente familiar e cómodo entre as persoas participantes.
O Consello de Cooperación Bibliotecaria, órgano colexiado de composición interadministrativa que canaliza a cooperación bibliotecaria entre as administracións públicas, dependente do Ministerio de Cultura, convoca cada ano os premios CCB. Esta convocatoria pretende distinguir aqueles proxectos innovadores de bibliotecas de diferentes tipoloxías dependentes das distintas administracións públicas españolas ou proxectos de bibliotecas nos que colaboren as administracións públicas españolas.
O Ecomenú Literario foi finalista na 5ª convocatoria dos premios CCB, correspondente ao ano 2021, dentro da tipoloxía de bibliotecas especializadas. Pódense consultar os proxectos gañadores e finalistas en:
https://www.ccbiblio.es/sello-ccb/convocatorias-anteriores/convocatoria-2021/
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org